Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 30 de marzo de 2020

DÍA DA TRADICIÓN ORAL

O 20 de Marzo foi o día da tradición oral, un concepto que resalta a importancia das expresións culturais que se transmiten de xeración en xeración e que teñen o propósito de difundir coñecementos e experiencias as novas xeracións, sendo fundamentais para manter vivas as diferentes culturas.
O equipo de biblioteca propuxo traballar dito centro de interese mediante dous recursos vinculados a este día, un conto popular narrado por Antonio Reigosa e un xogo de mans contado por Avelino González.



Así debido a situación na que vivimos as familias aportaron os resultados de dita actividaden e unha mostra disto foron un conxunto de adiviñas que se fixeron uns os outros, resultando unha experiencia moi doada para eles!!
Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e sobre todo os nosos alumnos e alumnas!









viernes, 27 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA

Estamos a vivir moitos cambios nestos últimos días, os nenos e nenas no poden ir ó cole nin as mestras e mestres exercer a súa vocación tal e como o facían ata agora, producíronse cambios drásticos nas rutinas dos nosos alumnos e alumnas, o contexto no que realizan as actividades e sobre todo na relacións sociais e familiares. É fundamental que prestemos atención os máis pequenos xa que é unha situción que lles é dificil de comprender, ser transparentes con eles e implicarnos nas súas emocións.
No noso CRA levamos traballando unha semana para que os nosos alumnos e alumnas poidan seguir coa máis normalidade posible estes días de confinamento, para iso dende a paxina web do centro CRA BOQUEIXON-VEDRA "NEIRA VILAS" habilitouse un aparatado para cada unha das escolas que conforman dito centro. Neste espazo cada unha das mestras e mestres, xuntos cos especialistas, aportamos todo o necesario para a realización de distintas actividades a realizar na casa, e que tendo en conta as súas posibilidades as familias colaboren con nós.
Aquí tedes unha mostra da nosa primeira semana, que resume moi ben a seguinte frase:

EL MAYOR SIGNO DE ÉXITO PARA UN MAESTRO ES SER CAPAZ DE DECIR "LOS NIÑOS FUNCIONAN COMO SI YO NO EXISTIESE"
María Montessori









jueves, 26 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

O día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, é unha oportunidade que temos de honrar a poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía e promover a lectura e escritura da poesía nos máis pequenos.
Para conmemorar este día, dende o equipo de biblioteca seleccionaronse tres retahílas co obxetivo de xogar con este tipo de texto, propoñendo distintas actividades a realizar con elas: recitalas varias veces, recitalas con eco ou recitalas  modificando a velocidade. Debido o momento que estamos vivindo de confinamento nas nosas casas, pedimos as familias a súa colaboración en dita actividade propoñendo a gravación dos seus fillos recitando ditas retahílas e outras novas que coñecesen, e este é o resultado!!
Moitas grazas  as familias pola súa colaboración unha vez máis!!







A Hortoescola Xián!!

Fai 15 días puxemos a andar un novo horto no CRA. Aproveitando as obras de mellora que tivemos na escola, o concello fíxonos un apartadiño para poder facer realidad esta iniciativa. Para iso, dende o concello trouxéronnos a terra necesaria para poder empezar. Foi unha semana de duro traballo e asi é como quedou o horto da nosa escola o día antes de deixar o cole.
Visitounos o papá dos nosos amigos, Xián e Antón, para compartir con nós o seu bo facer en tema de plantas. Puxemos moita atención a todo o que nos contou Juan e dos seus consellos para prantar. Estabamos moi ilusionados con poder coidao o noso horto e ver medrar as sementes e flores que prantamos pero agora teremos que esperar a cando volvamos. ...
Pero...  Como as prantamos con tanto cariño e esmero seguro que nos están esperando para ofrecernos un sorriso!!! Moito ánimo a tod@s!!

viernes, 20 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

O domingo 8 de Marzo celebramos o día Internacional da Muller, unha data no calendario para reflexionar sobre os avances realizados, pedir máis cambios e celebrar o valor e determinación das mulleres comúns que desempeñaron un papel clave na historia dos seus paises e comunidades.
No noso centro durante dita semana puxemos en marcha un Obradoiro de Igualdade baseado nun contacontos con maxia, polo que da man de David de CPM eventos e a participación do Mago Noel (financiado con cartos obtidos polo pacto de estado en materia de igualdade) descubrimos a historia de Palmira e as dificultades que tivo ó chegar a unha nova escola, como se sentiu ó ser rexeitada polos demais e cal foi a peza clave para sentirse de novo segura de si mesma.
A continuación compartimos o ben que o pasaron os nenos e nenas de todas as escolas con dita experiencia!!



miércoles, 18 de marzo de 2020

Proposta mediambiental para estos días

PLASTICMONSTERS.


Como ben sabedes, en todas as escolas estamos traballando e investigando sobre o medioambiente, os seus coidados e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.


Dende o equipo de Biblioteca do CRA fixéronnos a proposta de participar nunha iniciativa de Greenpeace, para facernos mais conscientes da situación actual con respecto ó uso abusivo dos plásticos e dos seus efectos nocivos. A proposta viña nunha carpetiña que ía rular polas casas, pero dadas as circunstancias, propóñovos a tarefa por aquí.


Podedes ver as orixes da proposta nestes enlace:


https://es.greenpeace.org/es/noticias/llevamos-el-monstruo-de-plastico-hasta-su-origen-la-sede-de-nestle/


 https://www.greenpeace.org/international/story/21822/plastic-monsters-from-around-the-world-return-home-to-nestle/


 Déixovos o tráiler do documental que fixeron (aínda que está en inglés, ben seguro que eles e elas entenden a mensaxe, tamén lles podedes ir traducindo as partes mais significaticas):


https://www.youtube.com/watch?v=_oDG7NwkP3E


 Finalmente, na seguinte ligazón atoparedes adxunto o documento onde se explica a proposta da actividade:


 https://www.edu.xunta.gal/centros/craboqueixonvedra/?q=system/files/PLASTICMONSTER%282%29.pdf


Se neste tempo, non sodes quen de levala a cabo ou non queredes, non vos preocupedes, retomarémola á volta!

lunes, 16 de marzo de 2020

O LOBO E A LÚA

O Xoves 5 de Marzo todo o alumnado fixemos unha saída  AFundación Obra Social ABANCA para coñecer unha peza teatral chamada "O LOBO E A LÚA", un espectáculo creativo e intrigante para os máis pequenos onde a súas personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Unha obra que transcorre sempre de noite, á luz da lúa, e onde se trata a amizade, a superación dos propios medos e o amor.
Foi unha experiencia marabillosa que encantou tanto a mestres e mestras coma os cativos e cativas, aqui deixamos unha mostra do que ali vimos.



jueves, 12 de marzo de 2020

Sementeira na escola

Despois do troco de sementes que fixemos entre as escolas, puxémonos a traballar nas escolas para que unha vez nazan as prantas, poidamos plantalas na horta.

miércoles, 11 de marzo de 2020

Troco de sementes2020

No seguinte vídeo, poderedes ver un resumo do que dou de si esta actividade en Lestedo, na ladeira do Pico. A choiva impediunos subir á cima pero non foi quen de arruinarnos a xornada!

lunes, 9 de marzo de 2020

Aullentador de caracois ecolóxico.

Hoxe demos unha explicación na clase de un experimento que imos levar a cabo: aullentador de caracois ecolóxico. Consiste en poñer cinza arredor da planta. De este xeito, reseca a baba do caracol polo que non se achega, pero tampouco os mata.

viernes, 6 de marzo de 2020

Troco de sementes á beira do Pico

Nunca pensamos que daría tanto de sí unha actividade como foi, o troco de sementes entre escolas. Nun principio estaba previsto subir á cima do Pico Sacro e ver a evolución das árbores que plantamos o ano pasado, recibir a vissita dos axentes de media ambiente e tamén facer uso das motobombas de ámobols dous concellos, Boqueixón e Vedra. Neste día, a chuvia impediu que sibíramos ao Pico pero non que disfrutáramos da segunda parte desta saída que estaba prevista: facer troco de sementes entre as escolas do CRA. Foi unha actividade que resultou moi proveitosa: merendamos, xogamos, traballamos, fixemos cálculo e exercitamos a nosa memoria. Os obxectivos desta actividade estiveron mási que acadados por non dicir o ben que o pasamos. Sen dúbida que repetiremos esta experiencia. Agora queda pendente a subida ao Pico que non puidemos facer por mor da auga. Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do que dou de sí esta actividade.

miércoles, 4 de marzo de 2020

Reutilización e limpeza

Como vedes, aproveitamos as botellas dos deterxentes para facer carteis para a horta. Aproveitamos tamén para recoller os destrozos da horta e levalos a reciclar. Por outra parte, a raíz do que levamos traballando na escola, os nenos e nenas, pedíronlle ás familias recoller residuos na andainas coas súas familias e foi sorprendente o que recolleron, velí un exemplo. Asemade, Noemí trouxo unha botella para explicar que con esa xa non ía usar máis as de plástico. Bravo familias!!!!

martes, 3 de marzo de 2020

PERÍODO DE ADMISIÓN!!

Na seguinte ligazón encontraredes toda a información necesaria en canto ao período de admisión.

O noso tríptico informativo!!

Presentámosvos o tríptico do centro, no que poderedes ver os nosos proxectos, a nosa oferta e en definitiva o que fai que "educando en familia" sexa o noso lema.




Poderedes acceder a este tríptico en pdf na seguinte ligazón:
https://www.dropbox.com/s/lbh3bzfrlzrf1w1/TRIPTICO%20COLE%C2%B42020.pdf?dl=0

Recolleita e novos experiementos

Estos dias tocou recolleitar do tomillo, acelgas que nós mesmos sementamos e coidamos. Tamén levamos a cabo un experimento de rebrote de cenorias qie resultou moi interesante.

Disfrutando da nosa horta

Non podemos estar máis cheos de fachenda e por iso queremos compartir con todos vós os nosos tulipáns. Estivemso toda a mañán comprobando os cambios que sofren ao longo do día, según a hora na que nos atopamos. Presentámosvos un tulipán as 9 e as 12 da mañán:



Tamén estamos a investigar como é este proceso pq o xoves estaba pechadiño de todo...xa vos contaremos o que descubrimos!!

lunes, 2 de marzo de 2020

Preparándonos para o troco de sementes

Como ben sabedes, o vindeiro xoves, visitaremos a plantación que fixemos o pasado curso e levaremos a cabo un troco de semenetes estre as escola. Alí estarán axentes de medio ambiente e as motobombas de ámbolos dous concellos. Para iso, xa estamos a preparalo todo, para que a experiencia sexa exitosa. Incluso elaboramos nós mesmos os paquetes para gardar as sementes.