Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa horta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa horta. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de noviembre de 2020

Xardíns verticais

A semana pasada, andivemos a preparar xardíns verticais con macetas de material reciclado, concretamente botellas de leite pintadas. mirade que chulis nos quedaron e como lucen no noso patio!

viernes, 20 de noviembre de 2020

Preparando a sementeira

Empezamos a preparar o noso horto e como paso previo, levamos a cabo o proceso da sementeira. Fixemos un traballo de investigación coa axuda das nosas familias. Deste xeito, aportáronnos información sobre as sementes que se podían plantar nestes meses, así como os coidados que necesitan. Asemade, mandáronnos algunhas sementes para facer prácticas.

Así, sementamos trigo, chícharos, cenorias, perexel, cebada, tirabeques, leituga, allos e allo porros, coles e fabas.

Preparamos a terra, colocamos as sementes e agora a esperar que medren.





martes, 20 de octubre de 2020

Hoxe tivemos uns agasallos moi coloridos!

Emma e a súa mamá trouxéronnos  para o patio da escola uns arbustos súper  chulos do viveiro no que el traballa!

Limos as etiquetas, e a información que traían. De momento non os plantamos fora, queremos buscarlles un sitio axeitado!

Finalmente, decidimos entre tod@s cal era o que máis nos gustaba... Foi unha difícil votación. Pero o reconto de votos deulle a maioría ao violeta!

Estamos desexando plantalos fora.

jueves, 15 de octubre de 2020

Outoneando dentro!

Ao longo de esta semana fomos traendo á escola cousas típicas de outono: froitos, follas, cortezas de árbores diferentes, choupíns, caracois...

Cada neno/a  foi presentando as súas aportacións e fomos rexistrando. De seguido, fixemos fotos a cada unha das cousas para completar a proposta máis adiante. En algúns casos fíxonos falta empregar a app PlantNet para cerciorarnos da árbore á que pertencían algunhas das follas.

Finalmente clasificamos e ordenamos os materiais e fixemos mandalas e creacións artísticas!!


Descubrindo apps para identificar follas:

jueves, 24 de septiembre de 2020

Repoblando o patio!!

En Sergude estamos súper animados para repoblar o patio da escola!! De momento temos aloe vera e fisalis recén plantados. Isto promete!!

martes, 22 de septiembre de 2020

Comezamos con gañas!!

Xa estamos de volta, con moitas gañas de facer e disfrutar cos nosos traballos. Foi moi emocionante ver aos nosos amigos e amigas e encontrar a nosa hortiña algo apagada pero nela naceron leitugas pequeniñas. Por iso, en S Xián decidimos poñernos mans á obra e trasplantalas para poder degustalas máis adiante.

miércoles, 17 de junio de 2020

Medrando a colleita de S Xián

Menuda sorpresa nos levamos cando nos mandaron estas fotos. A nosa horta é un éxito e comeza a dar o seu froito. Fresas, remolacha, grandes leitugas e ata millo. Mágoa non poder disfrutar dela cada día.

martes, 16 de junio de 2020

A HORTA DE CAMPORRAPADO

A nosa horta segue a medrar grazas ás familias.Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver uns pequenos vídeos cos que nos sorprenden as familias amosando a nosa colleita. Graciñas!!

lunes, 25 de mayo de 2020

Fachenda de horta!!

Así temos a nosa horta actualmente. E mesmo algún exalumno botando unha man. Graciñas!

Premendo na seguinte imaxe, veredes un vídeo de como está a nosa horta.

martes, 12 de mayo de 2020

jueves, 16 de abril de 2020

Sorpresa na horta de S Xián

Que alegría levamos cando o noso amigo Xosé, nos mandou estas fotos de como vai a nosa horta. Cando esta situación de quedar na casa, comezou, deixámola recén plantada e mirade no que se converteu co paso dos días. Moitas gracias Xosé e graciñas tamén aos avós de Ángela que se encargaron de botarlle unha auga cando foi necesario. Xa nos tarda volver para disfrutar dos nosos amig@s e da nosa colleita. Unha aperta!

martes, 14 de abril de 2020

Comeza a brotar a nosa sementeira!

Estamos moi ilusionados coa nosa sementeira. Icía e Ero coidan ben delas e xa vedes como empezan a sair as lentellas e o azafranillo.

jueves, 26 de marzo de 2020

A Hortoescola Xián!!

Fai 15 días puxemos a andar un novo horto no CRA. Aproveitando as obras de mellora que tivemos na escola, o concello fíxonos un apartadiño para poder facer realidad esta iniciativa. Para iso, dende o concello trouxéronnos a terra necesaria para poder empezar. Foi unha semana de duro traballo e asi é como quedou o horto da nosa escola o día antes de deixar o cole.
Visitounos o papá dos nosos amigos, Xián e Antón, para compartir con nós o seu bo facer en tema de plantas. Puxemos moita atención a todo o que nos contou Juan e dos seus consellos para prantar. Estabamos moi ilusionados con poder coidao o noso horto e ver medrar as sementes e flores que prantamos pero agora teremos que esperar a cando volvamos. ...
Pero...  Como as prantamos con tanto cariño e esmero seguro que nos están esperando para ofrecernos un sorriso!!! Moito ánimo a tod@s!!

jueves, 12 de marzo de 2020

Sementeira na escola

Despois do troco de sementes que fixemos entre as escolas, puxémonos a traballar nas escolas para que unha vez nazan as prantas, poidamos plantalas na horta.

lunes, 9 de marzo de 2020

Aullentador de caracois ecolóxico.

Hoxe demos unha explicación na clase de un experimento que imos levar a cabo: aullentador de caracois ecolóxico. Consiste en poñer cinza arredor da planta. De este xeito, reseca a baba do caracol polo que non se achega, pero tampouco os mata.

viernes, 6 de marzo de 2020

Troco de sementes á beira do Pico

Nunca pensamos que daría tanto de sí unha actividade como foi, o troco de sementes entre escolas. Nun principio estaba previsto subir á cima do Pico Sacro e ver a evolución das árbores que plantamos o ano pasado, recibir a vissita dos axentes de media ambiente e tamén facer uso das motobombas de ámobols dous concellos, Boqueixón e Vedra. Neste día, a chuvia impediu que sibíramos ao Pico pero non que disfrutáramos da segunda parte desta saída que estaba prevista: facer troco de sementes entre as escolas do CRA. Foi unha actividade que resultou moi proveitosa: merendamos, xogamos, traballamos, fixemos cálculo e exercitamos a nosa memoria. Os obxectivos desta actividade estiveron mási que acadados por non dicir o ben que o pasamos. Sen dúbida que repetiremos esta experiencia. Agora queda pendente a subida ao Pico que non puidemos facer por mor da auga. Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do que dou de sí esta actividade.

miércoles, 4 de marzo de 2020

Reutilización e limpeza

Como vedes, aproveitamos as botellas dos deterxentes para facer carteis para a horta. Aproveitamos tamén para recoller os destrozos da horta e levalos a reciclar. Por outra parte, a raíz do que levamos traballando na escola, os nenos e nenas, pedíronlle ás familias recoller residuos na andainas coas súas familias e foi sorprendente o que recolleron, velí un exemplo. Asemade, Noemí trouxo unha botella para explicar que con esa xa non ía usar máis as de plástico. Bravo familias!!!!

martes, 3 de marzo de 2020

Recolleita e novos experiementos

Estos dias tocou recolleitar do tomillo, acelgas que nós mesmos sementamos e coidamos. Tamén levamos a cabo un experimento de rebrote de cenorias qie resultou moi interesante.

Disfrutando da nosa horta

Non podemos estar máis cheos de fachenda e por iso queremos compartir con todos vós os nosos tulipáns. Estivemso toda a mañán comprobando os cambios que sofren ao longo do día, según a hora na que nos atopamos. Presentámosvos un tulipán as 9 e as 12 da mañán:



Tamén estamos a investigar como é este proceso pq o xoves estaba pechadiño de todo...xa vos contaremos o que descubrimos!!

lunes, 2 de marzo de 2020

Preparándonos para o troco de sementes

Como ben sabedes, o vindeiro xoves, visitaremos a plantación que fixemos o pasado curso e levaremos a cabo un troco de semenetes estre as escola. Alí estarán axentes de medio ambiente e as motobombas de ámbolos dous concellos. Para iso, xa estamos a preparalo todo, para que a experiencia sexa exitosa. Incluso elaboramos nós mesmos os paquetes para gardar as sementes.