Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 30 de abril de 2020

Á procura do tesouro!

Bos días!

A continuación, deixámosvos o vídeo dos nenos e nenas que atoparon o tesouro do pirata Barbarrosa! Espero que o pasaredes xenial buscandoo e moitas gracias por compartir a vosa experiencia!



martes, 28 de abril de 2020

UNHA SEMANA MÁIS!!

BOS DÍAS!
Xa levamos moitos días de confinamento na casa pero iso non é un impedimento para seguir traballando e aprendendo desta nova experiencia.
Nesta nova entrada do blogue amosamos outra semana de traballo dos alumnos e alumnas do CRA dende súas casas, agradecer unha vez máis ás familias pola súa colaboración e sobre todo os cativos e cativas que dan o mellor de sí mesmos sempre!!
Un saúdo e moreas de bicos!!

                                         

viernes, 17 de abril de 2020

QUEDAMOS NA CASA!

BOS DIAS!!
Xa levamos moitas semanas na casa, pero nas escolas non deixamos de traballar nin un solo momento, nesta entrada do blogue recollemos os esforzos dos nosos alumnos e alumnas na terceira semana de confinamento!! Todo o profesorado do CRA agradece o traballo dos nenos e nenas e das súas familias, sen vós nada sería posíbel!!
Un Saúdo
E non o olvidedes...
TODO SAIRÁ BEN!!

                                     

jueves, 16 de abril de 2020

Sorpresa na horta de S Xián

Que alegría levamos cando o noso amigo Xosé, nos mandou estas fotos de como vai a nosa horta. Cando esta situación de quedar na casa, comezou, deixámola recén plantada e mirade no que se converteu co paso dos días. Moitas gracias Xosé e graciñas tamén aos avós de Ángela que se encargaron de botarlle unha auga cando foi necesario. Xa nos tarda volver para disfrutar dos nosos amig@s e da nosa colleita. Unha aperta!

martes, 14 de abril de 2020

Comeza a brotar a nosa sementeira!

Estamos moi ilusionados coa nosa sementeira. Icía e Ero coidan ben delas e xa vedes como empezan a sair as lentellas e o azafranillo.

lunes, 6 de abril de 2020

Unha mensaxe especial!!

Queridas familias, esta semana de vacacións queremos empezala con alegría e para iso mandámosvos unha mensaxe con todo o noso cariño, coñecedores do ben que vos estades portando e do grandes que sodes. Unha aperta moi grande de tod@s nós....xa falta menos e entrementres...queda na casa!! Biquiños a moreas!!!!


EU APRENDO NA CASA

Aínda que as nosas escolas permanecen pechadas o proceso educativo segue en cada unha das casas dos nosos alumnos e alumnas, para iso diariamemente os seus mestres e mestras comparten na web do centro, CRA BOQUEIXÓN-VEDRA "NEIRA VILAS" distintas actividades a realizar. O que se pretende e que os nenos e nenas continuen coa rutina no día a día,  adaptandose pouco a pouco a dita situación.
A continuación deixamos unha mostra do traballo nesta segunda semana de confinamento, dende aqui agradecer unha vez máis as familias a súa colaboración e sobre todo os cativos e cativas do noso CRA que dan o mellor de sí mesmos sempre!!

E recordade: QUEDADE NA CASA que TODO IRÁ BEN!!





miércoles, 1 de abril de 2020

Coidando da nosa contorna dende a casa!!

Ola familia!


Dende a casa tamén seguimos a traballar a concienciación sobre o coidado do noso entorno. Para iso ofrecemos aos vosos fill@s un par de vídeos sobre a reciclaxe e un xogo online de SOGAMA.


[youtube I0DvtX4y48I&feature=emb_logo nolink]

Pinchade na seguinte imaxe de compostando para ver un interesante vídeo:

http://www.cadernoverde.gal/compostando/

E aquí ven un xogo para aprender a botar o lixo ao seu contedor. Premede na imaxe para entrar nel: