Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 30 de noviembre de 2014

Xogo de conciencia fonolóxica

Esta semana fixemos un novo xogo para traballar a conciencia fonolóxica. Consiste en poñer diante dos nenos varios lotos e con paletas teñen que tocar o loto que conteña o son que lle pidamos. Por exemplo: A ver quen atopa un debuxo que empece por RA, que remate por ZA...





miércoles, 12 de noviembre de 2014

                      ALEJANDRO CUMPLE 3 ANOS

 
En S. Xián estivemos outra vez de festa,esta vez  para celebrar que Alejandro un dos nosos compañeiros mais pequenos cumple 3 anos.Convidounos a unha tarta que estaba boisima.

                                                                     FELIZ CUMPLE














O OUTONO NAS NOSAS MANS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free photo slideshow by Smilebox

martes, 11 de noviembre de 2014

[video http://www.smilebox.com/playBlog/4e4445304f4459794e7a633d0d0a&blogview=true]

http://www.smilebox.com/playBlog/4e4445304f4459794e7a633d0d0a&blogview=true

lunes, 10 de noviembre de 2014

                                              

                               SAMAÍN  EN S. XIÁN

   Celebramos na escola a festa do Samaín ,durante a semana decoramos a aula con debuxos de momias ,bruxas ,fantasmas,esqueletes , antifaces de vampiros etc ..  e participamos  no concurso de decoración de cabazas que quedaron todas preciosas.
  Pero chegou o día importante e viñemos todos preparados para disfrutar da festa e como non disfrazados e pintados .Elaboramos un menú monstruoso entre tod@s  que estaba delicioso e  despois de comer e  beber as bebidas de vampiro,  bailamos e xogamos.Pasámolo XENIAL.




















domingo, 9 de noviembre de 2014

Un magosto con moita arte!!!

Este venres pasado celebramos o noso tradicional magosto en Sarandón. Para tal evento xuntámonos todos os nenos e nenas do CRA na casa da cultura de San Miguel de Sarandón. Ao chegar, sorprendéronnos o xeito que tiveron os papás e mamás de Sarandón de adornar o local, todo con cousas da natureza e ata un cartel con productos da tempada. A continuación, desfrutamos do contacontos, comemos castañas, contemplamos a riqueza das cousas que nos rodean e levamos a cabo unha actividade con moita arte. Esta actividade ten por nome "Land Art", arte da terra e consiste en, ademais de valorar o medio que nos rodean,  elaborar cos productos da nosa terra verdadeiras obras de arte. Para iso, entre todos levamos productos e cousas da natureza para convertilas no que a continuación vos amosamos. Non diredes que non somos uns verdadeiros artistaz@s!!! Graciñas nai Terra por darnos cousas tan fermosas coas que poder aprender, xogar e ao mesmo tempo pasalo xenial coa mellor compañía!!! Ata o ano que ven......




[caption id="attachment_206" align="alignleft" width="300"]CAM00799_860x645 Magosto 2014[/caption]

CAM00798_860x645




[caption id="attachment_209" align="aligncenter" width="375"]Magosto_860x538 Os nosos "Land Art"[/caption]

[caption id="attachment_208" align="aligncenter" width="300"]CAM00801_860x645 Ata a tixola era con material reciclado, jejeje...[/caption]

jueves, 6 de noviembre de 2014

martes, 4 de noviembre de 2014

O Samaín en Sergude

O xoves 30 de outubro fixemos unha festa para celebrar a chegada do Samaín. Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasamos....a pesar dos sustos que tamén levamos!




domingo, 2 de noviembre de 2014


 
 
 
DE SAMAIN POR LESTEDO
 O pasado venres tivemos una xornada un tanto tenebrosa.
Entre cabazas monstruosas, vestimentas  horripilantes e un menú elaborado por nós mesmos, pasamos unha  mañán terrorííííííííííííííífica!!!!!!!!.
Botade una ollada.