Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 25 de abril de 2012

SAÍDA Ó AQUARIUM DA CORUÑA


O pasado martes 24 de abril fixemos unha saída ao Aquarium da Coruña. Aquí nos podedes ver xusto antes de entrar.







O que máis nos gustou, como non foi ver ó tiburón Gastón. Estaba so, bueno na compaña doutros peixes e doutros pequenos tiburóns, pero a que faltaba era a súa noiva Hermosa que estaba baixo os coidados dos veterinarios. Aquí podedes ver a Gastón e a algún outro peixe dos que vimos ao longo do percorrido que fixemos polas instalacións do Aquarium.




Ademais vimos outros peixes polas instalacións do aquarium. Por exemplo estes:








Finalmente, para rematar a xornada, merendamos ao lado dun fermoso faro que seguro tod@s vós coñeceredes: a Torre de Hércules.

viernes, 20 de abril de 2012

Semana do Libro

                                      Do 23 ao 27 de abril celebraremos a Semana do Libro.



Temos preparadas actividades moi variadas : 

- II Maratón de lectura do Cra Boqueixón-Vedra, no que tratarase de mellorar o récord do ano pasado que foi de 56 libros leidos entre todas as escolas durante unha semana, ademais se as familias queren colaborar na lectura poden facelo!
- Realización de libros-contos en formato dixital e tamén en papel.
- "O meu favorito"... libros de casa, para compartir na clase.
- "A caza do tesouro" haberá que atopar un libro escondido na escola a través das pistas que deixou o pirata...
-  Lectura de contos on-line.
- Realización de marcapáxinas.
- E algunha máis que ainda non podemos desvelar...





lunes, 16 de abril de 2012

Rebusque en Sarandón

Onte foi a Festa do Viño de Vedra asi que na escola de Sarandón hoxe fixeron o Rebusque. Os nenos e nenas foron buscar polo campo da festa a ver cántos "tesouros" atopaban e a busca deu o seu froito:


viernes, 13 de abril de 2012

March in the English Class¡¡¡¡


Hi¡¡¡ No mes de marzo fixemos varias cousas na clase de inglés. Celebramos a chegada da primavera facendo un móvil con uns bichos moi graciosos. Velaí os tedes¡¡¡¡





Celebramos o San Patrick´s day¡¡¡¡ Aprendimos como se celebra esta festa en Irlanda vendo uns vídeos; pintamos uns bonitos leprechaun ( que son uns duendes que vixían a pota de ouro que hai ao final do arco da vella;e pintámonos uns shamrocks (tréboles) na cara, que son o símbolo deste día. A que estamos ben guapos¡¡¡¡

E xa como remate celebramos EASTER, a pascua. Nalgunhas escolas pintamos ovos de pascua en papel e noutras escolas pintamos ovos cocidos para deixar ao Easter Bunny ( o coelliño de pascua) .
Sabedes  en algunhas casas veu o coelliño comeu os ovos cocidos e deixou ovos de chocolate. 
Happy Easter¡¡¡¡ 

More news the next month¡¡¡¡


jueves, 12 de abril de 2012

SEMILLAS: VEMOS, TOCAMOS, DESCUBRIMOS...

Este ano celébrase "O ANO MUNDIAL DOS BOSQUES", e a profe Divina de Sergude xunto cos seus nenos e nenas fixeron unha recolleita de semillas de diferentes árbores que agora podemos ver no resto das escolas do CRA. A Camporrapado xa chegaron, son estas:




                                  



E como nós somos tan curiosos non nos podiamos resistir, e aquí nos podedes ver observando todas e cada unha das semillas. O que máis nos chamou a atención sen dúbida foi descubrir que dunha cousa tan pequeniña poidese saír unha árbore tan grande como as que temos no patio!!!! É algo verdadeiramente máxico!!!


miércoles, 11 de abril de 2012

PIRAMIDE NAOS


As nenas e os nenos de San Xián queremos compartir, con todas as escolas do CRA, a pirámide Naos. Coa que se pretende a adquisición dunhas pautas de consumo dos diferentes grupos de alimentos, así como de práctica de actividade física, para levar estilos de vida saudables.

viernes, 6 de abril de 2012

A árbore de Paz en Relixión e Alternativa


O pasado 21 de marzo celebramos o día da árbore no CRA Boqueixón-Vedra, na clase de relixión quixemos celebralo dun xeito especial, con moitaaa Paz!!! Os nenos e nenas de relixión e alternativa educativa elaboramos unha árbore con moitas pombas da Paz e inventamos un conto coa historia da nosa árbore, a cal poderédes ver no CRATECA próximamente. Esperamos que vos guste, fixémolo con moito cariño e amosando o noso respeto á natureza. Disfrutade o noso traballo facendo clic no seguinte enlace!!!