Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 30 de enero de 2012

A PAZ EN SERGUDE


Para celebrar o Día da Paz fixemos entre todos este mural de tantas cores.

Tamén estamos elaborando un libro no que pegamos fotos bonitas: de tenrura, cariño, bos sentimentos...


Chamámoslle "O Libro dos Agarimos".


Pero o máis importante de todo, e tamén o máis difícil, é esforzarse todos os días por resolver os problemas con bos modos e levarse ben cos compañeiros. Iso procuramos.

jueves, 26 de enero de 2012

O ENTROIDO ANDA POR AÍ

No CRA xa andamos argallando de que disfrazarnos este ano para o Entroido, que celebraremos cun festival o 17 de febreiro na Casa Cultural A Curuxa de San Xulián. E por fin temos tema: OS HABITANTES DO BOSQUE



Animámosvos papis e mamis a ir facendo os vosos disfraces e sorprendernos ese día. Ah, e tamén xa o burro de Entroido está pensando facer algunha das súas, así que non vos extrañedes que teñamos que ir á escola en pixama. Estamos no entroido¡¡¡¡¡¡

lunes, 23 de enero de 2012


CHEGÁRONOS SEMENTES DENDE SERGUDE





Na escola de S. Xián estes días estivemos observando e coñecendo as distintas clases de semillas que corresponden as árbores que nos rodean. A recollida das semillas fixeronna a mestra e os nen@s da escola de Sergude e damoslle a grazas por compartilas con todos nós.

miércoles, 18 de enero de 2012

Outro xogo de estimulación




Aqui vos amoso un xogo que facemos nas clases de estimulación da linguaxe. Consiste en facer varios debuxos de animais, froitas... pégaselle un deles a un neno ou nena na fronte sin que el o vexa. Mediante preguntas ós seus compañeiros ten que adiviñar qué é o que ten ahí pegado.
É moi divertido, podedes facelo nas vosas casas!!

viernes, 13 de enero de 2012

XEADA EN CAMPORRAPADO!!

Mirade como empezamos o ano en Camporrapado... cubertos de xeo, dende os columpios ata o campo de fútbol!