Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 21 de diciembre de 2021

FELICES FESTAS A TOD@S!!!

Remata hoxe un trimestre que se iniciou con algún choro pequeniño pero que remata da mellor maneira posible...CON GRANDES SORRISOS NAS CARAS DO NOSO ALUMNADO. Recargade forzas, descansade moito e coidádevos que o 10 de xaneiro querémosvos a todos de volta. Unha aperta enormísima e os mellores desexos de todo o profesorado do CRA.

lunes, 20 de diciembre de 2021

Papá Noel


Este nadal Papá Noel non pode vistar as nosas escolas pero sempre se acorda de nos e puidemos conectar con él en directo dende Laponia. 
Foi moi emocionante!!

Moitas Grazas ao Concello de Vedra e o de Boqueixón por facelo posible!!




 

domingo, 5 de diciembre de 2021

VOLCÁNS

    Estos días tivemos polas nosas escolas un obradoiro cargado de experimentos para seguir aprendendo moito máis sobre os volcáns así coma moitas outras curiosidadesAproveitamos para  resolver algunhas dúbidas que tiñamos sobre o tema.
Aquí vos deixamos un resumo do seu paso polas escolas. Así coma mostra dun dos experimentos.
    Grazas a ANPA por achegarnos a Arenaria Coordinación.



 





sábado, 4 de diciembre de 2021

NOVEMBRO NA HORTA DE CAMPORRAPADO

Preme sobre a imaxe

 

 Durante este mes realizamos 

3 colleitas grazas ó inverno 

tan temperado  que estamos 

a ter este ano.

 

 

 

 

Preme sobre a imaxe

 

 

   Realizamos a plantación de inverno.







Preme sobre a imaxe



 

A profe Sofía fíxonos unha presentación sobre a compostaxe. Despois abrimos a nosa composteira e usamos o compost para rechear os bloques e plantar tulipáns.



Preme sobre a imaxe