Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 28 de noviembre de 2015


Hoxe, 27 de Samartiño, morreu Xosé Neira Vilas.  O escritor, o noso amigo.


 Quedan en nós as lembranzas das horas compartidas na escola e na súa casa de Gres. O Ulla enchese de bágoas de tristura e gratitude.  A aldea quedou mais orfa.
No corazón e na escola vivirá sempre.

                                                                                





Hoxe arredor de Balbino cantamos, lemos e pintamos un mural para darlle as grazas.







Ata sempre Pepe


lunes, 23 de noviembre de 2015

De festa por Sarandón!!

O noso amigo Mateo estivo de cumple e como non podía ser doutro xeito,celebramos esta data tan importante dun xeito especial. Graciñas ao noso amigo por compartir este día con todos os amigos de Sarandón e poder saborear unha tarta taaaan rica!!! Parabéns amigo Mateo!!!!!

Non só a pinta estaba boa!!

Momento sùper importante pensando o desexo
Misión cumplida!!!


Non podían faltar os tiróns de orellas en honra á felicidade do noso amigo
En definitiva, unha merenda de festa para unha ocasión que ben o merecía.




  Ata a vindeira!!!!

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Murais ecolóxicos!!

Con estos murais quixemos amosar a arte que pode ter e os resultados que se poden acadar empregando como material o que atopamos no patio do cole: diferentes tipos de follas e moita, moita imaxinación!!

IMG_20151120_120852_860x645

IMG_20151120_120835_860x645

 

 

martes, 17 de noviembre de 2015

Sergude stop-motion




Os nenos e as nenas de Sergude fixemos, coa axuda das profes, unha pequena animación para aprender a diferencia entre moitos-poucos-ningún.

lunes, 2 de noviembre de 2015

OUTUBRO UN MES DE MOITAS CELEBRACIÓNS EN SAN FINS

Outubro foi un mes moi intenso, xa que tivemos dúas saídas: Auditorio de Galicia e Museo de Historia Natural e celebración do Magosto ( Pasabodeguiñas por Sarandón).
Para rematar o mes e comezar o seguinte que mellor forma que o Samaín, os nosos nenos/as coa axuda da súas familias fixeron unhas cabazas terroríficas. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración.