Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 31 de octubre de 2012

HALLOWEEN 2012

MERCADILLO SOLIDARIO

Ola a todos¡¡¡¡
   Como sabedes este fin de semana é o mercadillo solidario organizado pola ANPA do cole. Agardo que sexa visitado por moita xente e poidan recaudar moitos fondos para levar a cabo tantas ideas boas que se cocen na cabeza da directiva.


  Nas escolas tamén colaboramos facendo unhas pulseiras de diseño que agardamos que vos gusten tanto que non quede ningunha. Aquí nos vedes no duro proceso de elaboración. Feitas a man¡¡¡¡


 

   Dende o claustro do CRA a nosa noraboa pola iniciativa e o desexo enorme de que sexa un éxito.

TODOS Ó MERCADILLO¡¡¡¡

Samain en S.Xián


Na escola de S. Xián celebramos a festa do samaín,  para iso contamos coa axuda dos nosos pais e nais ,que nos axudaron a facer estas cabazas tan superchulas,moitas grazas .Tamén fixemos uns antifaces de morcegos e cabaciñas e como non ....movimos moito o esqueleto.


martes, 30 de octubre de 2012

domingo, 21 de octubre de 2012

AQUELES ANOS NA ESCOLA

Co gallo do día do docente os mestres/as do CRA fixemos unha recollida das nosas experiencias como estudiante e como docente. Escribimos as nosas lembranzas daquela época, que pronto publicaremos, e recollimos material que empregabamos naquel entonces: enciclopedias, libros, pizarrillos,...
 Neste vídeo, os mestres Antonio e Divina, os de maior anos de servizo como docente, cóntanos os recordos, anécdotas,... que teñen daquela época.

Agardamos que vos guste e que aprendades do que foi a escola e lembredes as vosas experiencias, e se vos atrevedes escribídeas e dádellas ao tutor dos  vosos fillos.
 A ver se somos quen de escribir un libro daqueles anos na escola¡¡¡¡¡

jueves, 18 de octubre de 2012

DÁMOSLLE A BENVIDA AO NOVO CURSO¡¡¡

Seguro que non nos coñecedes a todos e que tampouco sabedes das nosas escolas, pois preparádevos e disfrutade deste video de benvida ao novo curso


domingo, 14 de octubre de 2012

jueves, 4 de octubre de 2012

Día Mundial d@ Docente


5 de outubro Día Mundial d@ Docente


As mestras e os mestres son as persoas encargadas de contribuir ao desenvolvemento integral dos nenos e das nenas, tendo en conta o contexto familiar y sociocultural ao que pertencen e respondendo as súas necesidades e aos retos educativos que plantexa a sociedade do coñecemento e da información. Mantendo unha actitude ética e comprometida coa profesión no marco dunha cidadanía democrática, responsable e solidaria, capaz de promover valores educativos na defensa da igualdade entre xéneros e fomento da cultura de paz e capaz de promover actitudes educativas de sostibilidad e respecto polo medio ambiente.
E nestes tempos nos que se nos esixe máis e máis... as nosas condicións de traballo e os recursos de que dispoñemos nos centros, non experimentan apenas variacións..., seguimos a traballar por unha escola pública de tod@s para tod@s
Por todo isto, o CRA Boqueixón-Vedra vai facer unha pequena  recompilación das lembranzas das nosas escolas, dos nosos mestres e das nosas mestras... a través de comentarios persoais, fotografías, etc.


Se algunha familia quere compartir a súa experiencia escolar, pode facelo deixando un comentario neste blog ou persoalmente nas escolas. Moitas grazas.