Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 27 de noviembre de 2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 Desde as nosas escolas quixemos facer unha homenxe ás vítimas da violencia de xénero no Día Internacional da Eliminación da violencia de Xénero: 25N

Aquí tedes un pequeno vídeo co noso traballo e reflexións.



lunes, 7 de noviembre de 2022

Pasabodeghiñas´22

Despois de dous anos sen poder celebrar o noso xa tradicional Pasabodeghiñas, por mor da pandemia, este ano puidemos xuntarnos en Sarandón todas as escolas do CRA e conmemorar o noso magosto tan especial. 

Comezamos o día viaxando en autobús, da man de Peillet, sempre tan atentos. Chegamos a Sarandón onde nos agardaban os anfitrións da festa. Como todos os anos, tivemos unha actuación. Nesta ocasión, foron os Bolechas os encargados de facernos rir, bailar e ata cantar e todo grazas ao Concello de Vedra a través do programa FalaRedes de dinamización linguística vinculado á Secretaria Xeral de Política Linguística. 

Unha vez rematada esta actuación, camiñamos ata o campo da festa de Sarandón, onde unha gran carpa nos agardaba para que a choiva non nos estropeara o día. Alí merendamos, comemos castañas, corrimos e xogamos moito cos xogos populares que teñen a Asociación S. Campio e que sempre poñen á nosa disposición, ao igual que cada cousa que necesitamos para este día e que está nas súas mans.

En este Pasabodeghiñas non puidemos visitar as bodegas, xa que o tempo non nos deixou. Pero coñecedores que nos agardaban cos brazos abertos, tamén lles queremos dar as grazas e anunciarlles que para o vindeiro curso alí nos terán correndo polas súas eiras e camiños.

E así, entre xogo e xogo, volvendo a encontarnos as escolas, coñecendo novos amigos e amigas, fomos chegando ao final da xornada, para subir aos buses que nos levaron de volta ás nosas parroquias, con moitas ganiñas de repetir.... e xa vos dicimos que en breve volveremos a xuntarnos.

Agora vos deixamos un vídeo resumo de todo o que fixemos este 28 de outubro na parroquia de S. Miguel de Sarandón. Graciñas tamén á organización do Pasabodeghas e noraboa polos 10 anos do inicio de esta maravillosa iniciativa... Por moitos máis Pasabodeghas e Pasabodeghiñas collidos da man!!!







REMATARON AS OBRAS EN SAN FINS

 Que bonita quedou a nosa escola!!!.

Comezamos o curso con obras na escola, tiñamos moitas gañas de que remataran e por fin podemos dicir que xa fai uns días non temos os andamios no patio.

 @s nen@s e as familias aguantaron as molestias ocasionadas polas obras cun gran esforzo.

Grazas a tod@s os que fixeron posible isto.

A ver quen atopa as 5 diferencias!!!