Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 7 de noviembre de 2022

Pasabodeghiñas´22

Despois de dous anos sen poder celebrar o noso xa tradicional Pasabodeghiñas, por mor da pandemia, este ano puidemos xuntarnos en Sarandón todas as escolas do CRA e conmemorar o noso magosto tan especial. 

Comezamos o día viaxando en autobús, da man de Peillet, sempre tan atentos. Chegamos a Sarandón onde nos agardaban os anfitrións da festa. Como todos os anos, tivemos unha actuación. Nesta ocasión, foron os Bolechas os encargados de facernos rir, bailar e ata cantar e todo grazas ao Concello de Vedra a través do programa FalaRedes de dinamización linguística vinculado á Secretaria Xeral de Política Linguística. 

Unha vez rematada esta actuación, camiñamos ata o campo da festa de Sarandón, onde unha gran carpa nos agardaba para que a choiva non nos estropeara o día. Alí merendamos, comemos castañas, corrimos e xogamos moito cos xogos populares que teñen a Asociación S. Campio e que sempre poñen á nosa disposición, ao igual que cada cousa que necesitamos para este día e que está nas súas mans.

En este Pasabodeghiñas non puidemos visitar as bodegas, xa que o tempo non nos deixou. Pero coñecedores que nos agardaban cos brazos abertos, tamén lles queremos dar as grazas e anunciarlles que para o vindeiro curso alí nos terán correndo polas súas eiras e camiños.

E así, entre xogo e xogo, volvendo a encontarnos as escolas, coñecendo novos amigos e amigas, fomos chegando ao final da xornada, para subir aos buses que nos levaron de volta ás nosas parroquias, con moitas ganiñas de repetir.... e xa vos dicimos que en breve volveremos a xuntarnos.

Agora vos deixamos un vídeo resumo de todo o que fixemos este 28 de outubro na parroquia de S. Miguel de Sarandón. Graciñas tamén á organización do Pasabodeghas e noraboa polos 10 anos do inicio de esta maravillosa iniciativa... Por moitos máis Pasabodeghas e Pasabodeghiñas collidos da man!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario