Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 28 de septiembre de 2018

Comezamos o proxecto da vendimia

Chegou o S. Miguel e polo tanto a época da vendimia está aquí. Estamos desexando ir a vendimar á casa da nosa amiga Estrella, de Camporrapado e mesmo ver como medra como si de maxia se tratase, unha viña na escola de Sarandón,para poder vendimar no día da festa da parroquia e deste xeito poder convidar aos veciños a degustar o mosto que fagamos. Mentres estos días non chegan, imos entrando en materia e coñecendo un pouco máis de esta tradición tan arraiada na nosa contorna. Deste xeito, observamos diferentes follas de plantas de viñas, tamén de arce e de fento.

miércoles, 26 de septiembre de 2018

Traballando a terra e replantando

Aproveitando o bo tempo que estamos a ter estivemos remexendo na terra para oxixenar a horta, apañamos rabaniños o que aproveitamos para ver as súas partes e mesmo replantamos os que non medraron.

martes, 25 de septiembre de 2018

Xa chegou o outono

Xa fai uns días que o aoutono xa está aquí e comezamos a ter presente esta estación nas nosas clases. Deste xeito, na nosa mesa de luz  xa temos a caixa de outono, ben bonita que está e moito nos gusta elaborar Land Art.

martes, 18 de septiembre de 2018

Hoxe tocou repartir allos e ceboletas

Hoxe tivemos un duro pero moi exitoso traballo na escola. Estivemos separando os allos e as ceboletas da horta para repartir.

viernes, 14 de septiembre de 2018

Empezamos novo curso e seguimos coa nosa horta a pleno rendimento.

Durante todo o verán os papás das escolas fixeron turnos para que a nosa horta estivera resplandecente cando chegáramos en setembro e así foi. Cando chegamos tiñamos moita colleita para coller: acelgas, calbacíns, fresas, allos, cebolas.... Xa vos iremos ensinando, que isto é un luxo e con uns pais así, aínda máis. Nestas fotos podemos ver como transplantamos as fresas e mesmo recollímolas xunto coas acelgas, as aromáticas e escarola e a única cenoria que tivemos e da que estamos moi orgullosos... a pouco soubo!!

martes, 11 de septiembre de 2018

Horario de adaptación

Aquí podedes ver o horario de adaptación para este novo curso. Deberedes ter en conta que este período sólo afecta aos nenos e nenas que entran en 3 anos o resto terá horario de 9 a 14h. Xa non falta nada!!

Curso 2018-2019

Xa está aquí un novo curso. Na reunión que tivemos onte, repartimos o horario para este curso e demos algunha que outra información importante para o bo funcionamento do curso. En vindeiros días serán as propias titoras ou titor @s que poñan unha nova reunión para os temas que afectan a cada escola. Mañán as portas das nosas escolas abriránse para recibir aos mellores convidados posibles... Benvidos tod@s á vosa casa, a casa da familia do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".


jueves, 6 de septiembre de 2018

Xuntanza de inicio de curso

Moi boas a tod@s e benvid@s!! Xa estamos de volta para votar a andar un novo curso. O vindeiro luns xa teremos unha primeira toma de contacto na xuntanza que terá lugar no baixo do local social de Lestedo. Alí presentaremos os novo integrantes do claustro e o equipo directivo. Asemade, explicaremos diferentes informacións importantes e solventaremos calquera dúbida que poidades ter. Un saúdo de todo o claustro que conforma o CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas".