Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 27 de junio de 2014

LIBROS E MATERIAL 2014-2015


  Aquí vos deixamos o enlace ao material e libros de texto para o curso que vén por se alguén o perde. Os alumnos/as de 4 anos da escola de Camporrapado non terán libros de texto neste curso pero si material funxible.
  De todos os xeitos tamén os membros da ANPA vos pode axudar xa que van a levar a cabo a compra de libros coma o vindeiro curso por se é do voso interese. Non dubidedes en chamalos¡¡¡¡



ACABOUSE O QUE SE DABA¡¡¡¡¡



       Leín o outro día no blog dunha amiga a definición de curso escolar:

   " É como un embarazo: angustia ó primeiro, adaptación no medio, e nostalxia ó final"

      E así realmente é como nos sentimos os mestres/as cando remata un curso: entre con ganas de descansar, e entre nostalxia por acabar e decir adeus a algúns. Satisfeitos dun traballo ben feito e desexando volver a facelo igual ou mellor para o seguinte. 

       Agora toca descansar, disfrutar e recargar as pilas porque o DÍA 10 DE SETEMBRO comeza de novo o cole, e aquí estaremos de novo "embarazados"

Bo verán a todos/as

ASÍ SOMOS NÓS¡¡¡ ASÍ É A NOSA NUBE

martes, 24 de junio de 2014

A NOSA REVISTA

                    

                    CUMPLE DE YLENIA  E DESPEDIDA EN S. XIÁN

    Ylenia tamén estivo de cumpleanos e xa remata o ciclo de infantil,para celebrar a súa festa trouxonos un agasallo moi simpático,un saquiño de rato Pérez para gardar os nosos dentes que xa empezan a caer e non perdelos. Mirade que chulos son.
 


lunes, 23 de junio de 2014

Pechando o curso en Camporrapado de Abaixo

Remata un curso cargado de actividades, xogos, anécdotas, risos e música.
Deixádeme dicirvos o que a emoción non me deixou expresar o último día.
Ás familias quero darlle as GRAZAS. Apoiáchedesme en todo momento, puiden contar convosco sempre e eso non ten prezo. Tedes que saber que tedes uns nenos fantásticos. Son nenos queridos e aínda máis importante, eles sábense queridos... e esto non é tan común como debera.
Aos nenos que vos vou dicir que non vos dixera xa mil veces... seguide igual de listos, de guapos, seguide medrando e aprendendo cada día... e comede sentaaaaadoooooos!!!!! :)
Sobre todo RIDE! Ride todos os días!
Repito o que vos dixen o último día: Por moito que medredes eu sempre vos lembrarei así.
Trillóns de bicos, meus nenos!

ALEXANDRO

DANELA M.

DANIELA B.

IKER

IRENE

IRIS

JOSE

MARA

MIGUEL

SABELA

UXÍA

YAGO

Sabela de aniversario!

Pois non ía quedar ela sen celebrar por cumplir en verán!!


Aquí a tedes correndo ao redor do sol, que o de andar xa non se leva ;)


Que estaría pensando mentras miraba as súas 5 velas?
Felicidades, Sabela!




domingo, 22 de junio de 2014

                                
                                                   CUMPLEN ANOS HUGO E NOA

 Na escola de S. Xián  rematamos  o curso con moita festa,tivemos a festa de remate do curso e tamén celebramos os  cumpleanos de dous compañeiros,que aínda que cumplen no mes de xullo quixeron  celebralo con nós.
 Dende aquí darlle a noraboa a tódolos nen@s  da escola polo seu esforzo,a súa alegría e sobre todo  por ser como uns rapaces estupendos.
 Unha aperta  como non para os pais e nais por confiar en nós.
                                                         ¡Que pasedes un bo verán !





sábado, 21 de junio de 2014

ADICADO AOS NENOS E NENAS GRADUADOS DE CAMPORRAPADO

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own photo slideshow
BICOS MIILLLL NEN@S!!!!


CELEBRACIÓN TRIPLE!!!!!

No último día de colexio celebramos unha gran festa de cumpreanos de tres nenos que cumpren no verán, pero non querían perder a oportunidade de celebrar o seu último cumpreanos en infantil cos seus compañeiros e compañeiras de clase. Foron LAURA, CLAUDIA E MARTÍN. E aquí vos quedan unhas fotos da celebración á que se uniron tamén os nenos de 3 e 4 anos. MOITAS FELICIDADES!!!!!!!!!!









miércoles, 18 de junio de 2014

Daniela fixo os 4

Aínda que non o pareza esta minchiña xa ten 4 anos!


Celebrámolo coma sempre, comemos moito biscoito e bailamos!


"Agüela"! Esta vai pra vostede ;)



sábado, 14 de junio de 2014


VISITA a PASTELERiA ELENA

O pasado xoves os nen@s da EEI de Lestedo tivemos a sorte de visitar a “pastelería Elena”. Quedamos abraiados, encantados e moi agradecidos do trato, da implicación de todo o personal e das cousas que alí vimos e fixemos, e senón o creedes, botade unha ollada! Chegamos coas mans valeiras e marchamos cargadísimos.
Primeiro puxéronnos o uniforme de faena, o traxe de pasteleiro, logo lavamos as mans (imprescindible antes de manipular comida) e listos para preparar pizzas.
Canto traballiño temos por diante!; menos mal que nos tempos modernos hai máquinas que amasan. Logo había que botar os ingredientes: tomate, xamón ou atún, (a escoller) queixo e unha pizquiña de orégano. E listas para meter ao forno. Coidado, non nos despistemos que se queiman!. Uff!, sorte que os fornos de agora tamén teñen alarma. Todos son ventaxas!
  
 
 

 

 
 
 
 
 
 
Pero aquí non acaba a xornada, agora toca facer galletas: primeiro amasar  e amasar e logo cos moldes a darlles formas. Igualiño que coa plastilina. Isto está chupado!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 












 Logo do esforzo, Elena tamén nos tiña preparado un refrigerio: zume cun bolo de azucre; Mmmmm! Esta pastelería é impresionante. Non olvidan ningún detalle. E para rematar, xoguetiños… Profe, hai que repetilo para o ano. Canto nos gustou!!!

jueves, 12 de junio de 2014

Happy, lipdub CRA Boqueixón Vedra.

Aqui tedes un video elaborado polas mestras Rosana e Bego e no que participan todas as escolas do CRA! É super divertido... Bo traballo! Desfrutadeo!!



lunes, 9 de junio de 2014

Alex estivo de aniversario!

E menudo aniversario! Catro voltas tivo que dar arredor do sol para chegar aos 4 anos!


E despois, coma sempre, biscoito e festa!


Que alegría da vervos cumprir anos :) Aquí che queda un video de Mario, que tanto che gusta.
Parabéns!




Camporrapado cos Bolechas!

Abraiados quedaron estes pequechos ca experiencia. Mirade, mirade!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow created with Smilebox