Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 26 de diciembre de 2022

TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL

 No primeiro trimestre do curso tivemos a sorte de contar como profe en prácticas de Universidade a Marina, que a parte de estudar Primaria tamén está a facer a mención en música.

Ao saber que tocaba de xeito "profesional",  non un senon moitos instrumentos e a maioría tradicionais galegos, fíxenlle a proposta de levar o seu coñecemento polas escolas do CRA e facer un taller con todo o alumnado.

Aquí tedes unha pequena mostra do vivido, pero pódovos asegurar que nos deixou con ganas de máis!!!



domingo, 27 de noviembre de 2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 Desde as nosas escolas quixemos facer unha homenxe ás vítimas da violencia de xénero no Día Internacional da Eliminación da violencia de Xénero: 25N

Aquí tedes un pequeno vídeo co noso traballo e reflexións.



lunes, 7 de noviembre de 2022

Pasabodeghiñas´22

Despois de dous anos sen poder celebrar o noso xa tradicional Pasabodeghiñas, por mor da pandemia, este ano puidemos xuntarnos en Sarandón todas as escolas do CRA e conmemorar o noso magosto tan especial. 

Comezamos o día viaxando en autobús, da man de Peillet, sempre tan atentos. Chegamos a Sarandón onde nos agardaban os anfitrións da festa. Como todos os anos, tivemos unha actuación. Nesta ocasión, foron os Bolechas os encargados de facernos rir, bailar e ata cantar e todo grazas ao Concello de Vedra a través do programa FalaRedes de dinamización linguística vinculado á Secretaria Xeral de Política Linguística. 

Unha vez rematada esta actuación, camiñamos ata o campo da festa de Sarandón, onde unha gran carpa nos agardaba para que a choiva non nos estropeara o día. Alí merendamos, comemos castañas, corrimos e xogamos moito cos xogos populares que teñen a Asociación S. Campio e que sempre poñen á nosa disposición, ao igual que cada cousa que necesitamos para este día e que está nas súas mans.

En este Pasabodeghiñas non puidemos visitar as bodegas, xa que o tempo non nos deixou. Pero coñecedores que nos agardaban cos brazos abertos, tamén lles queremos dar as grazas e anunciarlles que para o vindeiro curso alí nos terán correndo polas súas eiras e camiños.

E así, entre xogo e xogo, volvendo a encontarnos as escolas, coñecendo novos amigos e amigas, fomos chegando ao final da xornada, para subir aos buses que nos levaron de volta ás nosas parroquias, con moitas ganiñas de repetir.... e xa vos dicimos que en breve volveremos a xuntarnos.

Agora vos deixamos un vídeo resumo de todo o que fixemos este 28 de outubro na parroquia de S. Miguel de Sarandón. Graciñas tamén á organización do Pasabodeghas e noraboa polos 10 anos do inicio de esta maravillosa iniciativa... Por moitos máis Pasabodeghas e Pasabodeghiñas collidos da man!!!







REMATARON AS OBRAS EN SAN FINS

 Que bonita quedou a nosa escola!!!.

Comezamos o curso con obras na escola, tiñamos moitas gañas de que remataran e por fin podemos dicir que xa fai uns días non temos os andamios no patio.

 @s nen@s e as familias aguantaron as molestias ocasionadas polas obras cun gran esforzo.

Grazas a tod@s os que fixeron posible isto.

A ver quen atopa as 5 diferencias!!!



jueves, 27 de octubre de 2022

TALLER DE MICOLOXÍA NAS ESCOLAS DO CRA

 Gracias á Asociación Amabul puidemos disfrutar nas escolas duns talleres micófilos para o coñecemento e sensibilización sobre a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.

O mellor de todo foi que nos quedou o gusto no corpo e seguemos a traballar cos cogomelos nas escolas.

O TALLER FOI TODO UN ÉXITO!!!





domingo, 19 de junio de 2022

XOGOS DE VERÁN

 Dende a aula de Audición e Linguaxe elaborouse un listado de xogos para traballar  a atención,  a memoria, o control de impulsos, a lectoescritura e a linguaxe (esta última non podía faltar) por se este verán queredes reforzar estes aspectos dunha forma lúdica disfrutando en familia. Se escaneades os códigos QR poderedes acceder a un vídeo explicativo sobre cada xogo. Bo verán a todos e todas.

 



 

 


 

REVISTA RUKUTRÚ 2021-2022

Un ano máis chega ó CRA a nosa revista escolar Rukutrú. Nela recollemos algúns dos proxectos que fixemos nas distintas aulas do CRA vinculadas ó tema anual de centro que este curso  foi: “Fauna e flora da contorna”. Animámosvos a que gozedes da súa lectura e tamén a que vaiades descubrindo que agochan os enlaces e códigos que figuran nela.

 

https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQ4NQndOmCQmRSRfrAZr3wvVP1V5IkH2dKM3HbxkAj208_PzooyYbzP0-eoJvIdZ-L5RokZLgkEu0qn/pub?start=true&loop=false&delayms=5000

 

jueves, 16 de junio de 2022

SAÍDA POR SERGUDE

    O alumnado da escola de Sregude fixo unha saída pola contorna como broche final ao proxecto "Unha ollada o Val do Ulla" de Voz Natura.

    Grazas aos axentes ambientais que de xeito altruista nos acompañaron e amosaron a flora máis característica da zona.


    
    Como sorpresa final José Luis e Diego intrduciron unha ave no seu habitat unha vez que esta foi tratada e recuperada no centro de recuperación de aves da Coruña


    Esta actividade está englobada no Plan Proxecta Xogade, que se está levando a acabo no centro.

domingo, 12 de junio de 2022

ACTIVIDADE SOLIDARIA DO CRA PARA @S DAMNIFICAD@S POLO VOLCÁN DA PALMA

 Un ano máis o alumnado do Cra xunto coa súa Anpa "Val do Ulla" participamos nunha actividade solidaria.

Este ano conmocionounos todo o acontecido pola erupción do volcán da Palma.

Fixemos investigación nas escolas e traballamos moito sobre o tema pois converteuse nun centro de interese para todo o alumnado.

Decidimos como remate final desta actividade recadar cartos para axudar aos damnificados/as por este suceso. Para elo, realizamos moitos traballos e manualidades nas escolas coas titoras/es e as especialistas co fin de poder levalas a dúas feiras, unha a de Ponte Ulla no Concello de Vedra e outra a de Lestedo no Concello de Boqueixón e que a veciñanza, peregrinos e xente que alí fose, participase mercando as cousiñas tan bonitas que fixemos e nos desen unha donación a cambio.

O resultado foi espectacular: 1180,93€

Finalmente, despois de varias chamadas ao consulado insular e servicios sociais decidimos por unanimidade que estes cartos fosen directamente para unha das escolas arrasadas pola lava do volcán: O colexio de La Laguna.

A directora do cole transmitiume moi emocionada a súa gratitude por este traballo e en breve manteremos contacto co alumnado deste centro.

Aquí vos deixamos todo o proceso desta fantástica e emotiva actividade e queremos transmitirvos a tod@s: familias, alumnado, profesorado, Concellos, Asociación de Ponte Ulla e a tod@s os que participastes coas vosas donacións o noso total agradecemento!!!!

                                                            


miércoles, 8 de junio de 2022

O ALUMNADO DA ESCOLA DE SARANDÓN DO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS” ILUSTRA O LIBRO DE CONTOS “FEITIZO NO VAL”

 

O pasado venres 3 de xuño presentouse o libro “FEITIZO NO VAL”, un libro moi especial de contos que xurdiu da colaboración dunha neta Fátima de la Iglesia e o seu avó Xosé Manuel Lobato durante o confinamento.



Un libro cheo de fantasía, lendas e vivencias compartidas nas conversas entre eles dous.

 Sendo un libro de contos infantiles, qué mellor que os nenos e nenas da Escola de Sarandón do CRA Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” para ilustralo no seu interior cos seus debuxos e composicións nos que plasmaron todo o seu sentir e corazón en cada imaxe.

A presentación tivo lugar na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón coa compañía excepcional dos alcaldes de Vedra Carlos Martínez e Boqueixón Manuel Fernández, a ilustradora  Amalia López Brea, encargada da portada e contraportada, a mestra e escritora Charo Golmar, os mestres Antonio Vázquez Turnes e Eva Lema e Valentín García, secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

TALLER SOBRE PLANTAS INVASORAS QUE MEDRAN NOS NOSOS ENTORNOS MÁIS CERCANOS

 Durante o mes de maio a asociación Amabul, asociación medioambiental, estivo a realizar polas nosas escolas un taller sobre as plantas invasoras que medran nos nosos entornos máis cercanos.

A través dun conto e dunha plantación simbólica de sementes, amosáronnos como as plantas invasoras impiden o crecemento doutras especies.

Grazas Amabul




sábado, 4 de junio de 2022

DÍA DE EUROPA

 Todas as escolas do CRA participamos activamente na celebración do Día de Europa desde a clase de música, pois temos moooooi claro que ainda que os idiomas son distintos e podemos non entendernos, a MÚSICA únenos a TOD@S, é unha linguaxe universal!!!!

Practicamos, saltamos, bailamos, promovendo un proxecto do centro de vida activa e deportiva e o resultado foi espectacular!!!

Pasámolo xenial e como non podía ser doutro xeito fixémolo da man das nosas TANXUGUEIRAS e súa canción que nos enamorou a todos!!!

                                                               






miércoles, 1 de junio de 2022

FROITA E LEITE NA ESCOLA!!

 Un ano máis seguimos a  participar no Programa escolar de consumo de froita e leite na Escola!!

E como somos un centro que promove a vida saúda e participamos tamén no Proxecta XOGADE no Programa de vida activa e deportiva...QUÉ MELLOR MANEIRA DE FACELO QUE COIDANDO A NOSA ALIMENTACIÓN!    

Grazas a esta iniciativa facemos as nosas merendas ainda máis saudables e compartimos cos nosos compañeiros/ as hábitos de vida san.





sábado, 28 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS CON FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

 

    Este 17 de maio adicóuselle o DÍa das Letras Galegas a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, e dende o CRA quixemos achegar ós nenos/as a figura deste escritor de Córgomo (Ourense) a través de diferentes actividades. Así pois, traballamos a súa vida e parte da súa obra facendo murais, minilibros temáticos, quebracabezas do seu retrato… Limos, escoitamos, rumoreamos e traballamos algúns dos seus poemas e incluso, na aula de Campo, descubriron que firmaba moitas das súas obras con pseudónimos ou alcumes que viñan do seu entorno, o que dou pé a facer unha pequena investigación sobre este aspecto a nivel local. A modo de peche terminamos facendo unhas fantásticas chapas co seu retrato para levar para a casa. 

 





lunes, 9 de mayo de 2022

DÍA DO LIBRO


Nas escolas do CRA levamos a cabo varias actividades para conmemorar o día do libro.
Algunhas foron propostas polo Equipo de Biblioteca; Como a gravación dun audio co conto favorito de cada neno/a, para o cal precisamos a axuda das familias, ou ben, a elección do conto favorito da aula para posteriormente facer a nosa chapa.
Para máis información preme na seguinte foto.




Tamén creamos os nosos libros escollendo a súa forma e o seu contido.




Xogamos a adiviñar a que conto pertencia o fragmento lido para porteriormente buscalo no patio.




                             Practicamos o Bookcrossing, favorecendo así o gusto pola lectura. 




lunes, 28 de marzo de 2022

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E SEMANA DA PRENSA

 Ola familias!!!

Deixamosvos aquí unha pequena mostra das conmemoracións celebradas ao longo do mes de marzo:

Día Internacinal da Muller e Semana da Prensa.

Esperamos  que as disfrutedes!!

Un saúdo







martes, 15 de marzo de 2022

TRADICIÓN ORAL NO CRA

 Aproveitando o tempo de entroido, traballamos co noso alumnado a tradición oral dun xeito moi lúdico e algo familiar para eles: OS VIVAS DOS XENARAIS DA ULLA!!!

Aprendimos, divertímonos, disfrazámonos e pasámolo xenial.

Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo.




viernes, 11 de marzo de 2022

ROSALÍA DE CASTRO: LIBRE DE PENSAMENTO

 Como saberedes, a partir deste ano, a biografía de Rosalía de Castro mudará posto que, grazas a un documento inédito,  descubriuse  que naceu o 23 de febreiro e non o 24, como viñamos celebrando tódolos anos. Como é tradición no CRA seguimos dando a coñecer  este patrimonio lingüístico tan fermoso que nos deixou a escritora padronesa a través dos seus poemas. Baixo o lema “Libre de Pensamento” escollemos aquelas palabras que máis nos gustaron dos seus poemas, tras un traballo previo, e plasmámolas nunhas espectaculares bolboretas que lle pegamos na cabeza da  autora a modo de alegoría. E incluso houbo algunha que outra sorpresa: aproveitando que estábamos preto do Entroido, a algún alumno ocorréuselle que sería unha boa idea disfrazar a Rosalía.

 


 





MULLERES NA CIENCIA

    O día 11 de febreiro foi o “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia” e dende o "CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas" quixemos aproveitar para traballar nas nosas aulas diferentes referentes científicos femininos que nos axudasen a visibilizar o papel da muller dentro deste campo ó longo da historia. Para elo cada aula escolleu a unha científica e, durante unhas semanas, traballamos a súa vida e as aportacións que fixeron á sociedade.  Desta forma os nenos e nenas puideron ver cas mulleres tamén son axentes de cambio que contribúen ó progreso social e intentamos sementar esta idea  nas súas cabezas coa finalidade de que lles sirva de inspiración e agromen no futuro unhas xeracións que avogen por optar por áreas científicas, de investigación ou matemáticas na súa elección profesional.

    Como actividade complementaria elaboramos uns autocolantes nos que recollemos palabras significativas que tiñan que ver coa súa vida ou coa súa laboura como científicas. Aquí deixámosvos uns colaxes, a modo de mostra, do traballo realizado.








lunes, 28 de febrero de 2022

ENTROIDO no CRA

 É tempo de entroido e por iso nas escolas do CRA pasamos unha semana tan especial. 

Cumprimos ca tradición e seguimos os mandaos do burro, levando á escola cada día un complemento diferente e divertido.

E para rematar a semana o venres cada un disfrazado do que máis lle gusta chegou a escola para compartir talleres e xogos de entroido cos compañeiros/as, sen esquecer unha deliciosa merenda cos productos típicos destas festas: filloas, orellas, ...

Grazas as nosas familias por colaborar con eses burros que chegaron as escolas e tanto nos fixeron rír!!!!


Velaquí vos deixamos unha pequena mostra do que andivemos a argallar estes dias nas escolas e o ben que o pasamos no entroido!!



domingo, 13 de febrero de 2022

ESCOLA RURAL

   Un ano máis chega o momento de elexir centro para os vosos pequenos/as, por iso dende o CRA Boqueixón -Vedra "Neira Vilas" queremos darnos a coñecer un pouco máis 

   Como sabedes o CRA está formado por 6 escolas  (Lestedo, Sergude, Camporrapado, San Xián, San Fins e Sarandón) as cales contan co seu titor/a e os apoios en aula de ser preciso.

    Ademáis contamos con diferentes especialistas que pasan por cada unha das escolas o longo da semana, como son: Música, Inglés (co seu auxiliar de conversa), Educación Física e Relixión. Tamén contamos con especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.

    Pero o máis imporatnte son os nosos protagonistas, os nenos e nenas das nosas escolas, por iso queremos amosarvos un pouquiño do noso día a día. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra.

        

                               

lunes, 7 de febrero de 2022

Día da PAZ e a NON VIOLENCIA´22


   Un ano máis, conmemoramos o día da Paz  e a non violencia en todas as escolas do CRA de xeito conxunto. Nesta ocasión, tivemos un lema que foi "Damos a nota pola PAZ" e como fío conductor, a música e os diferentes valores que coas notas musicais puidemos descubrir. 
   Para empezar visionamos un conto titulado:" Cantanieves y las 7 notas musicales". Foi así como coñecemos unhas notas musicais moi especiais que nos axudaron a valorar e poder vivir en Paz. Ensináronnos 2 cancións ; "Abrazos" e "As notas musicais".
   Así foi como dende a clase de música, traballouse a clave de sol, o pentagrama, a colocacion das notas, sons agudos e graves.... Do mesmo xeito na clase de valores/ relixión, fíxose máis fincapé nos valores que as notas musicais nos ensinaban: DOnar, REspectar, MImar, FAvor, SOLución, LAtir, SIlencio e a importancia que teñen para acadar a Paz no noso día a día.
   Para rematar, deixamos plasmado nun gran corazón o sentir das notas e levamos para a casa outro corazón que no caso de infantil, escribiron con o sen axuda, o valor que escolleron. O alumnado de primaria, a maiores, colocou no seu corazón cada valor concreto no pentagrama e tamén fixeron un micro para que puideran dar a nota pola Paz moooi alto e alá por onde foran.
   Preparamos a seguinte montaxe para que poidades ver un resumo de todo o que dou de si esta conmemoración en todas as escolas.
E ti? anímaste a dar a nota pola PAZ?


 

martes, 1 de febrero de 2022

XANEIRO NA HORTA DE CAMPORRAPADO

AMPLIACIÓN DA HORTA

SEMENTEIRA
 
PREPARACIÓN DE PARTERRES


 

 

 

 

 

 

 

TRANSPLANTANDO ALLOS E FRESAS

lunes, 31 de enero de 2022

UNHA ANDAINA ESPECTACULAR!!!!

 Xa sabedes que somos emocionalmente saudables e a maiores participamos no PDC XOGADE que fomenta o exercicio e o coidado persoal entre o noso alumnado e comunidade educativa.

Pois aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasou o alumnado de Sarandón facendo unha espectacular saída pola súa contorna e o tan desexado BOSQUE ENCANTADO:

                                                    Sarandón co Pico Sacro ao fondo


                                        Costa arriba por Cimadevila e vendo a xeada nas cunetas


Baixamos á Fonte Fría

Buscamos o ouro das mimosas

Entramos a despedirnos do Bosque Encantado

Falamos co Carballo das Mentiras e escoitou moi ledo o ouvir de tanto nen@

Houbo moitas máis historias polo camiño. Grazas a Fortunato por saír a saudarnos. Grazas ao leñador que nos avisou para non entrar no Bosque Encantado. Grazas a Lucía e Carmiña por abrirnos o portal para tomar a parva. Grazas a Luis por agasallarnos con bombóns. Grazas a Marisol por ensinarnos a tartaruga Lupita. Grazas a Rita e Manolo por saír a saudarnos co can. Grazas a todas as nenas e nenos polo seu formidable comportamento!!!!