Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 30 de enero de 2016

A PAZ

O Día da Paz non é só un día, unha palabra, unha foto, unha canción, un xogo...
 é unha actitude, un xeito de ollar, unha maneira de falar, unha forma de pensar..


.


En Sergude puxemos tres letras nunha caixa de luz,
ti pódelas poñer onde queiras, como queiras...
pero sempre dende o corazón.


domingo, 24 de enero de 2016

Oficios en Sergude: CAMAREIRA

En Sergude comezamos a investigar sobre os oficios das nosas familias. Así que os convidamos á escola para que eles mesmos nos contasen que é o que fan nos seus traballos, en que consisten, que ferramentas empregan, e algún que outro truquiño que solo eles saben.

A primeira visita foi a de Belén, a mamá de Antía e Nico, que nos contou un montón de cousas do seu recente oficio como camareira.

Antía cóntanos neste pequeno vídeo un  resumo do que aprendemos coa súa mamá.



Velaquí unha secuencia das fotos que fixemos ó longo da mañá.

Click to play this Smilebox slideshow

E para rematar, xogamos a ser camareiros e camareiras con utensilios de verdade! Pasámolo xenial!








Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own digital slideshow

jueves, 14 de enero de 2016

O segundo trimestre xa está aquí!

Votamos a andar o segundo trimestre con moitas ideas e gañas de levar a cabo diferentes proxectos medioambientais. En breve amosarémosvos como estamos aproveitando a poesía co medio natural no que vivimos e deste xeito coñecendo, máis a fondo diferentes animais das charcas. Non nos perdades de ollo!

martes, 12 de enero de 2016

UN CAFÉ MOI ESPECIAL¡¡¡


       Hoxe os mestres/as do CRA Boqueixón- Vedra estivemos tomando café cun dos homes máis importantes do panorama científico e educativo de Galicia e de España, Dn Angel Carracedo. Departimos durante casi tres horas sobre o noso xeito de dar clase, sobre os grandes cambios que ten que sufrir o sistema educativo español para que os nosos nenos/as non sexan valorados só polo que son capaces de memorizar, senón polo moito que son capaces de resolver sós. Que teñen unha aprendizaxe significativa, que os preparemos para o mundo que os rodea, que non estudien datos que só recordar para o exame pero nunca máis os volven a empregar. E así durante gran parte da tarde¡¡¡

           Quedamos maravillados da humildade, sencillez, familiaridade,... coa que nos tratou. Abriunos as portas da súa casa e da súa familia de par en par e dende logo engailounos. E todo isto a pesar de estar doido dunha ciática.
 
            Foi o noso primeiro encontro pero agardamos que non sexa o último, xa que quedou con nós que en canto estivese mellor de saúde e tivese oco na axenda visitaría o CRA.

            Beliscámonos varias veces para convencernos de que non fora un soño, pero de verdade que foi moito máis que iso¡¡¡

 
                   GRACIAS ANGEL E MONTSE¡¡¡¡


TALLER DE NADAL CON LUCI ABAÑA


      A última semana antes das vacacións de Nadal levamos a cabo no cole un obradoiro de manualidade navideña con Luci Abaña, a mamá de Xoel e Enzo da escola de San Fins. Tratábase dun boneco de neve feito con arroz e un calcetín.
   
   


                                                                                           
 Luci foi do máis divertida, axudounos, ensinounos e animounos para que nos saísen uns bonecos ben bonitos. E ademáis tamén nos trouxo uns agasallos moi doces.

















Ah, e para os mestres/as unha sorpresa¡¡¡¡¡¡ Graciñas de novo Luci¡¡¡