Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 29 de octubre de 2019

PASABODEGHIÑAS 2019

E por fin chegou o noso tan esperado Pasabodeghiñas!!!!

Primeiro tivemos a sorte de contar con Migallas Teatro e coñecer da súa man contos baseados en diferentes pintoras e nos elementos cas inspiraron. Cantamos e bricamos con eles...Foi moi divertido!!
Despois na adega de Cabaleiro merendamos unhas ricas castañas asadas. 
Continuamos camiñando cara a adega de González, e coñecendo moitos aspectos da nosa contorna. Unha vez aquí nos agardaban un montón  de xogos populares cos cales pasámolo en grande!!.... 
E para rematar este día degustamos a rica rosca que nos tiñan preparada nesta adega.



Moitísimas Grazas a todos/as os que facedes posible unha xornada coma esta!! 

jueves, 24 de octubre de 2019

De novo aprendendo coas Apps

Un ano máis traballamos o mediambiente con diferentes Apps que nos amosan información e datos moi interesantes das diferentes prantas que estamos a coñecer.

miércoles, 23 de octubre de 2019

lunes, 21 de octubre de 2019

Xerminación das fabas

Fai uns días  decicidimos ver o proceso de xerminación das fabas. Para iso conseguimos ter fabas en diferente momento da xerminación e agora puidemos ver as diferencias da planta e como vai abrindo ata sair unha nova. Pareceunos moi interesante e máis saber que son moitas as plantas que lle ocorre o mesmo e que normalmente non o vemos por producirse debaixo da terra.

martes, 15 de octubre de 2019

VENDIMA 2019

Un ano máis gozamos dunha tradicón típica da nosa zoa como é a vendima. 
Para iso nalguhas das nosa escolas ambientamos todo para levar a cabo este proceso, construindo a viña, preparando os capazos para pisar as uvas, ...
 Noutras, tivemos que desprazarnos a pé con moito coidadiño pola beirarúa para ir vendimar a casa de familiares, que moi amablemente abrironnos as portas das súas casas e compartiron con nós esta xornada.
Todos e todas recollimos uvas, esmagámolas coa estrugadora ou cos pés, colamos e degustamos o mosto. Qué rico estaba!!
E o máis importante pasamos un día de convivencia compartindo experiencias, risas e xogos.

Moitas Grazas as nosas familias pola súa colaboración!!


lunes, 14 de octubre de 2019

Convertíndonos nuns grandes larpeiros

Despois de tanto productos que plantamos que mellor que probalos todos os amigos e amigas xunt@s. Para iso, fixemos pan con tomate e coas mazás que nos trouxeron, probámolas e elaboramos unha riquísima tarta. Velaí o resultado!!

viernes, 11 de octubre de 2019

Recollida de sementes da horta

Hoxe aprendimos que para poder plantar e ter productos para o vindeiro ano, temos que gardar as sementes e iso foi o que fixemos... e de feito vimos as diferencias que hai entre todas elas.

jueves, 10 de octubre de 2019

Traballando os textos coas nosas colleitas

Aproveitamos a horta para traballar textos e imaxes con comidas saudables, tanto da nosa horta como das froitas da tempada que trouxemos da casa.

lunes, 7 de octubre de 2019

Coidados da horta

Hoxe foi un duro día de traballo na nosa horta. Ademáis de coller a colleita, que foi todo un éxito, tamén abonamos. Para iso, botamos man do compostaxe que fixemos no curso pasado e recollimos máis follas para seguir facendo compostaxe.

viernes, 4 de octubre de 2019

Chegan os cogumelos

Ao igual que o pasado curso, os cogumelos déronnos moito xogo e seguen a dárnolo, xa que ainda temos moito que aprender. Para iso, investigamos sobre eles e principalmente sobre os que aparecen na nosa contorna.