Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 13 de julio de 2012

LIBROS DE TEXTO

A piques de dar por terminado o curso 2011-2012 e sabendo que a alguén se lle pode traspapelar a lista dos libros, aí vos vai uns enlaces as listas xerais do CRA, aínda que xa sabedes en cada escola hai diferentes materiais que piden os titores/as, polo que é recomendable que ante a duda consultedes as listas que están colgadas nas diferentes escolas.

LISTA DE LIBROS 3 ANOS
LISTA DE LIBROS 4 ANOS
LISTA DE LIBROS 5 ANOS
LISTA DE LIBROS 1º PRIMARIA
LISTA DE LIBROS 2º PRIMARIA

                             Nada máis un bico moi gordo e bo verán¡¡¡¡¡

miércoles, 4 de julio de 2012

VERMES DE SEDA
Este ano en Lestedo tamén tivemos vermes de seda. De feito naceron máis de 100 polo que a profe tivo que facer moitas donacións porque, eran demasiadas bocas que alimentar! e vaia se comen!.
Cando estaba a rematar o curso empezamos a ver como construían os seus casulos,  así que fixemos casiñas de cartón coloreadas con rotus para que se meteran nelas.

Como non avistamos ningunha bolboreta antes de que acabar o curso,  ahí van esas fotos ilustrativas. Mirade cantas hai!; perdín a conta ao pasar de 30. E poñen os ovos en  sitios inverosímiles, ata no chan que como ten algo de madeira débelles gustar.


Graciñas á mama de Paula polo seu esforzo constante en recoller follas de moreira. Desexo que ela e Manuel estean ben e moi entretidos.