Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 29 de abril de 2011

DENDE CAMPORRAPADO CON AMOR




Aquí estamos amosando o agasallo que preparamos con moito cariño en Camporrapado para as nosas nais. ¡Feliz día!

miércoles, 27 de abril de 2011



















SAÍDA DE ABRIL

Como ben sabedes o primeiro día despois de vacacións foi moi interesante para nós. Estivemos na unitaria de Lestedo con dúas voluntarias do Refuxio de Bando e dous valentes amigos caninos en busca de fogar. Non se asustaron de ver tantísimos rapaces! . E despois, aínda nos quedaron forzas para unha nova sesión de contos Kalandraka: como nos gustan! Mirade que atentos estabamos.

viernes, 15 de abril de 2011

OS TRABALLOS DO TRIMESTRE


Os nen@s de Lestedo hoxe estabamos moi impacientes. Unha porque tiñamos videoconferencia na nube, e outra porque era o último día do trimestre e iamos levar á casa un saco de traballos feitos na escola fruto do noso esforzo diario. Aquí vedes a portada dos traballos que máis nos gusta facer, os folios, como decimos nós. Tamén era o día das "notas", pero coma nós somos de Infantil aínda no nos quitan o sono. Xa se preocupan os nosos pais/nais deso.

jueves, 14 de abril de 2011

VIDEOCONFERENCIA DENDE SAN FINS


Con motivo da semana do libro esta semana levamos a cabo varias videoconferencias nas que os nenos/as de primaria lle contan contos a os nenos/as das outras escolas. A primeira foi en Sarandón e hoxe tocoulle a os nenos/as de San Fins, que o fixeron de maravilla, e que nos contaron o conto : "O casamento da pulga e o piollo"
Parabéns para os nenos/as e máis para a súa titora a mestra Lourdes.



Ah, e mañán a última dende San Xiao,xa vos daremos conta do ben que nos saiu

TEATROFILIA 2011

Os teatreiros de Sarandón, ameazan con voltar a Teatrofilia o ano que ven.




Este é o premio que nos deron os de Papaventos.
Os nenos de Sarandón, os da escola, os que foron e outro que vai ser, participamos na VIII Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2011. Representamos "Mundos máxicos", unha obra de creación propia. Aproveitamos os disfraces dos dragóns do entroido e a canción dos trasnos que nos ensinou a mestra Elena.


Triunfamos, divertímonos, xogamos e aumentamos o amor polo teatro.










martes, 12 de abril de 2011

O CRA NA RADIO


E só nos faltaba un medio de comunicación por sair : a radio e onte a tarde e hoxe pola mañán aí estaba o CRA. A nosa directora, Yolanda Neira, e máis Mª José Malmierca do CESGA, explicáronlle os reporteiros a grandeza do noso proxecto. Aí vos van os enlaces para que as escoitedes.

http://www.goear.com/listen/4f17fb8/entrevista-radio-galega-proxecto-rural-schools-cloud-computing-cesga

http://www.goear.com/listen/3633de3/entrevista-esradio-1242011-proyecto-rural-schools-cloud-computing-cesga

O CRA NA TELEVISIÓN

  Contabámosvos que sairamos na prensa pero tamén saimos na televisión. Imos ser máis famosos que a Shakira e o seu waka waka¡¡¡

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=12037&corte=2011-04-11&hora=14:52:36&canle=tvg1

http://www.youtube.com/watch?v=eJvBCNtY7fY

O NOSO PROXECTO "RURAL SCHOOLS" NA PRENSA

Onte presentouse na Xunta de Galicia o noso proxecto de "cloud computing" como un gran proxecto, dun interés espectacular e así foi que saimos en varios medios xornalísticos. Aquí vos mandamos enlaces a algúns deles para que os poidades ollar.
Que orgullosos estamos do esforzo que estamos a facer os mestres/as, do gran traballo dos nosos nenos e da colaboración e apoio dos pais/nais¡¡¡¡¡
Grazas de corazón




 http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/04/12/0003_201104G12P36991.htm

VIDEOCONFERENCIA DENDE SARANDON




Esta semana en conmemoración ao día do libro, que se celebra o 23 de abril, o CRA levará a cabo unha actividade que consistirá en escoitar e contar diferentes contos a través da videoconferencia, xa que nos permitirá comunicarnos con tódalas escolas do CRA.
Concretamente, hoxe dende San Xián, escoitamos a través dunha videoconferencia o conto "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas, este conto foi contado dende a escola de Sarandon, polo mestre Antonio e finalmente, os nenos contáronnos a rebusca que se fai o día despois da festa, encontraron unha morea de cousas...
Se o queredes ver mellor hai vos vai un enlace para que o poidades desfrutar:
http://www.youtube.com/watch?v=VNQhFg1ds9g

A ver se vos gusta e o xoves dende San Fins e o venres dende San Xiao¡¡¡¡

martes, 5 de abril de 2011

Cereais en abril

Hoxe 5 de abril fomos visitar a leira que sementaramos de trigo, centeo, cebada e avéa negra no mes de febreiro. Xa naceron e as plantas teñen unha altura duns 15 a 25 cm. Naceu mais basto o centeo e o mais raro a avéa negra. Tamen naceron moitos xaramagos que nós non botamos. Está unha leira moi bonita. Voltamos á escola facendo música cas follas do alcacén.
Como medra todo ca primavera!!!!!!!!

viernes, 1 de abril de 2011

SAÍDA AO AUDITORIO


Hoxe tódalas escolas do CRA fomos ao auditorio de Santiago para disfrutar da representación do conto musical de Mido. Encantounos, levamos o ritmo dos instrumentos coas mans, asubiamos ao son das melodías e aplaudimos a rabiar e finalmente almorzamos no parque, en definitiva ¡¡¡¡¡¡Pasámolo moi ben!!!!!