Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 25 de septiembre de 2019

A horta de inverno

A pesar de que xa comeza o mal tempo, non deixamos de traballar na nosa horta para que poidamos sacar as mellores colleitas. Para iso, plantamos allo porro, repolo, romanesco, brocoli e coliflor. Sen dúbida que nos espera moito traballo pero a nosa saúde vai estar encantada.

jueves, 19 de septiembre de 2019

Gran repartición

Os días acompañan, empezamos un novo curso e aproveitamos para disfrutar da colleita que sae da nosa horta. Recollimos todo o que estaba madura e ademáis  de aprender como son por dentro, repartímolas para que cada un poda saborealas na súa casa.

miércoles, 18 de septiembre de 2019

Nova andaina neste gran Proxecto que é VOZ NATURA

Un curso máis, xa estamos aquí para traballar a reo nas nosas hortas e en pro do medio ambiente. Este ano repartiremos entre todas as escolas diferentes formas de coidar a natureza, fomentar a reciclaxe, comida san, veremos como podemos reducir os plásticos... e como non, as nosas hortas, que sen dúbida, darán moito que falar. Animádesvos?? Convidámosvos a partircipar nesta gran iniciativa que un ano máis botamos a andar.

miércoles, 4 de septiembre de 2019

Horario do período de adaptación

Para que poidades organizarvos, xa vos adiantamos como será o período de adaptación do alumnado que comeza no centro en 4º de Educación Infantil. O alumnado que curse calquera dos outros niveles, virá dende o primeiro día en horario de 9 a 14 horas.


Xuntanza de comezo de curso

Xa estamos de volta e con gañas de contarvos todas as novas de cara a este novo curso que en breve comezará. Para iso, convidámosvos á xuntanza que terá lugar o vindeiro luns día 9 ás 19 horas en Lestedo. Deste xeito, explicaremos todo o relativo ao comezo do curso e funcionamento do centro e tamén solventaremosvos calqueira dúbida que teñades. Agardámsovos. Un saúdo de todo o claustro do CRA Boqueixón- Vedra.