Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 24 de junio de 2019

Material para o curso 2019-2020

Xa temos á vosa disposición o material escolar de cada escola para o vindeiro curso escolar. Premendo na seguinte imaxe accederás á nosa páxina web e aos arquivos nos que atoparás toda a información necesaria.

jueves, 20 de junio de 2019

Grande a nosa colleita

Logo de un largo e duro traballo, case sempre temos a recompensa e este curso traballamos moi duro nas nosas hortas. Xa estamos a piques de remantar este curso e hoxe tocou repartir os productos da nosa horta. Todos levamos algo e marchamos moi contentos para a nosas casas.

domingo, 16 de junio de 2019

POBO AVENTURA

O Venres 14 de Xuño tivemos a tan esperada excursión de fin de curso. Este ano fomos a Pobo Aventura (Teixeiro), alí fixemos unha morea de actividades.
Os máis pequeños buscaron o Merlo Rieiro e coñeceron as peripecias da natureza, tamén xogaron e escoitaron o conto do "Buho Bloom" ó caron do río Carregal!
Os nosos maiores rastrexaron, practicaron cos eco-xogos e fixeron a xincana dos pobos.

Foi un día moi especial no que os nenos/as das nosas escolas puideron coñecerse un pouquiño máis compartindo xogos e experiencias.

Sen dúbida un bo broche para este fin de curso!!


Grazas a tod@s!!


miércoles, 5 de junio de 2019

Conmemorando o día do medio ambiente

Este 5 de xuño agasallamos con un carballo dos que nacen no patio da nosa escola a todos os clientes da tenda do noso amigo abel, en Camporrapado. Para iso, toda a xente que foi mercar a esta tenda, levou de agasallo un carballo para poder prantar. Grazas a Abel e a súa familia por colaborar e axudar a que todos nos conciencemos un pouquiño máis no coidado do medio ambiente.

lunes, 3 de junio de 2019

Practicando RCP en Sergude

Esta semana tivemos de visita na escola de Sergude a Yésica (a mamá de Rubén) e a súa amiga Cris, que viñeron a facer un obradoiro de sensibilización cos procesos médicos e cos contextos sanitarios.
Así foi que nos explicaron un montón de cousas sobre os hospitais, as persoas que neles traballan, os materiais que empregan no seu traballo... E nos explicaron cousas sobre as aulas hospitalarias que hai para os nenos e nenas que pasan tempo hospitalizados, xa que as dúas son expertas neste tema! Unha é doutora, e a outra profesora da universidade especializada neste ámbito.  Foi do mais interesante! Montamos tamén un hospital de bonecos, ó que cada un/unha de nós puido levar a aqueles bonecos que tiñan algunha doenza para seren atendidos. E rematamos aprendendo a canción do RCP! Velaqui vos deixamos un pequeno vídeo con esta canción que vos recomendamos aprender a todos e todas!


domingo, 2 de junio de 2019

MUSEO DO POBO GALEGO

O venres 31 de maio fomos de excursión a Santiago visitar o Museo do Pobo Galego.
Alí participamos dunhas actividades moi divertidas. Dentro do Museo agardábannos unha morea de pistas, que tiñamos que ir resolvendo, descubrindo así utensilios e tradicións da nosa cultura galega. 
Pouco a pouco andabamos mais preto de alcanzar a nosa meta que era atopar os tan ansiados Gazafellos!!...Queríamos descubrir cal era o seu aspecto! xa que cada un de nos tiña a sua idea de como son.
Finalmente chegamos a meta e alí atopamos uns monequiños de Gazafellos que eles mesmo nos deixaran!!e así poder levar para as nosas escolas. Para nos a ilusión e motivación foi máxima!!

Tamén xogamos no parque de Bonaval a atrapar os Gazafellos.  Estes seres máxicos escóndense moi ben....Ainda así a máis de un pareceulle verlos pasar.....

 Un día do máis divertido!!

Seguiremos moi atentos por si os vemos!!