Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 31 de octubre de 2017

Merenda sana de Samaín

Con motivo da celebración do Samaín no cole, decidimos facer unha merenda pero con alimentos sans para favorecer a nosa saúde e os bos hábitos.

[caption id="attachment_724" align="alignright" width="225"] ”[/caption]

viernes, 27 de octubre de 2017

Magosto - Pasabodegas 2017

Hoxe celebramos o noso magosto, cun peculiar pasabodeghiñas ao estilo do CRA. 
Primeiro desfrutamos do contacontos Anxo Moure quen contaxióunos o seu amor pola natureza. Despois fomos ao furancho de Cabaleiro para merendar castañas asadas e coa barrigola chea saimos cara ao furancho de Gonzalez, ali xogamos cos seus xogos tradicionais e marchamos coa rica rosca que fixo a súa muller.
  Pasámolo de marabilla!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow customized with Smilebox

miércoles, 25 de octubre de 2017

VENDIMANDO POR LESTEDO 

A semana pasada andivemos de vendima na escola de Lestedo.
Primeiro armamos unha viña á nosa medida con picas, caldeiros arena e claro, uvas e máis follas.

 Logo  cortamos os acios entre todos coas nosas tesoiras, pisamos as uvas, coamos e degustamos o mosto. Estaba ben rico!!.

 Agora andamos a observar a garrafa por ver como ser convirte en viño.
Graciñas a todo/as pola vosa colaboración.

VELUTINA

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own digital slideshow

viernes, 20 de octubre de 2017

Aprendemos a esfollar

Xa que nestas datas son as propias para esfollar e gardar o millo para facer uso durante o inverno, na escola tamén quixemos recordar este traballo dos nosos avós e aprender a facelo. Ata aprendimos a facer monecos coa carocha do millo, coñecemos as partes da planta e ata os usos que co millo podemos facer.

Esperando invitados

Esta semana foi moi intensa en Sergude! Para colofón, estamos esperando invitados! 
Sí, sí... pitiños!!! 
O papá de Xio tróuxonos unha incubadora con 30 ovos, uns de galiña común, outros de galiña araucana, de codorniz e de kika. Temos que esperar 21 días para ver como evolucionan os oviños e si por fin nos nacen os nosos invitados. De momento seguimos ó pé da letra as súas indicacións de coidado e revisamos a temperatura da incubadora e repoñémoslles a auga a diario.

miércoles, 18 de octubre de 2017

Non queremos lume!!

 Hoxe nas nosas escolas estivemos falando moito sobre o tema dos incendios, de como cheiraba e estaba anubrado co fume e sobre todo recordamos a visita en xuño do axente medioambiental de incendios Santiago Neira Gómez​ que nos falou do home do lume, do moito que temos que coidar as nosas árbores e do moito que lle temos que agradecer a natureza o moito que nos dá.

 Os nenos/as de Sergude coa súa mestra Ari​ fixeron este mural que colocaron na porta e que se convirteu no slogan de todos/as os nenos/as e mestres/as do Cra BoqueixónVedra Neira Vilas​ .

Queremos decirlle o home do lume que non lle queremos e que non lle imos deixar gañar.

 NON QUEREMOS LUME¡¡¡¡

lunes, 16 de octubre de 2017

NON QUEREMOS LUME¡¡¡

domingo, 15 de octubre de 2017

A vendima en Sergude

A semana pasada a familia de Martín convidounos a vendimar na casa dos avós, que está cerquiña da escola. E alá fomos a axudarlles con moita disposición e motivación. O día resultou un éxito, disfrutamos moito e aprendemos un montón de cousas. Despois de rematada a vendima, que mellor que embotellar o noso mosto como proba do noso traballo. Grazas a Martín e a súa familia!!! 

sábado, 14 de octubre de 2017

Os grandes colleitador@s de Lestedo!!

Ainda estamos empezando este novo curso e xa estamos disfrutando do noso traballo e do traballo dos compañeiros que xa marcaron para outros coles. Aquí tendes o froito das nosas colleitas. Como estamos disfrutando de un outono moi veraniego; os tomates, as fresas, pementos.... seguen a dar e nós, veña a levar e a compartir coas nosas familias. Bo proveito a tod@s!!

IMG-20171010-WA0020IMG-20171010-WA0019IMG-20171010-WA0018

miércoles, 11 de octubre de 2017

Un porco teixo en Sarandón!!

Hoxe atopamos un porco teixo morto na estrada de Sarandón e fixémos unhas fotos para investigar na escola.
Tamén chámase teixudo ou  teixugo en galego, tejón en castelán. badger en inglés.
Investigamos as posibles causas da súa morte:
Foi atropelado cando ía beber ao regato, ou cando ía comer as froitas das árbores do camiño porque é omnívoro... tamén come miñocas, caracois, vermes, millo...
Polo xeral é un animal nocturno pero no outono. ás veces, vémolo ao mencer porque ten que gardar comida para o inverno.
Ademáis, o seu pelo úsase para facer pinceis, brochas... porque é moi resistente e suave.

IMG_20171011_093335

É un mamífero plantígrado, ten cinco dedos e apoia sobre as plantas dos pés, ten unllas moi afiadas. Ten o pelo da cara  facendo bandas brancas e negras como un antifaz. O mestre Antonio trouxo unha pel  de teixo que tiña na súa casa e tocámola!

IMG_20171011_131949

PORCO TEIXO MORTO EN SARANDÓN

Hoxe atopamos un porco teixo morto na estrada de Sarandón e fixémos unhas fotos para investigar na escola.
Tamén chámase teixudo ou  teixugo en galego, tejón en castelán. badger en inglés.
Investigamos as posibles causas da súa morte:
Foi atropelado cando ía beber ao regato, ou cando ía comer as froitas das árbores do camiño porque é omnívoro... tamén come miñocas, caracois, vermes, millo...
Polo xeral é un animal nocturno pero no outono. ás veces, vémolo ao mencer porque ten que gardar comida para o inverno.
Ademáis, o seu pelo úsase para facer pinceis, brochas... porque é moi resistente e suave.

É un mamífero plantígrado, ten cinco dedos e apoia sobre as plantas dos pés, ten unllas moi afiadas.

Ten o pelo da cara  facendo bandas brancas e negras como un antifaz.

O mestre Antonio truoxo unha pel  de teixo que tiña na súa casa e tocámola!

O equipo de primaria fixo esta entrada no blogue.

jueves, 5 de octubre de 2017

Día Mundial Docentes 2017

É a ocasión para rendir homenaxe a todas as persoas que traballan na docencia dende a Educación Infantil ata a Educación Superior e ao  papel esencial que desenvolven, no ámbito educativo para acadar un ensino de calidade e no desenvolvemento da cidadanía do futuro.

No CRA Boqueixón-Vedra  Neira Vilas temos a sorte de contar cun equipo docente extraordinario, que traballa con ilusión para conseguir os obxectivos propostos.

Hoxe celebramos este día e asi o debuxaron os nenos e as nenas das diferentes escolas.

A figura do mestre ou da mestra é importante na nosa vida xa que marca, dalgún xeito, a nosa forma de ser. A veciñanza de Sarandón homenaxeou ao seu mestre no aniversario dos 25 anos de docencia na escola.

E despois de 40 anos de docencia,o mestre Antonio resúmeos en duas palabras  "ESTAR 
CON"

 E asi foi, estivo cos nenos e as nenas dentro e fóra da aula... sempre mestre.

Click to play this Smilebox collage

E por suposto contaxiando a súa paixón o Teatro..

                                                      FELIZ DÍA!!!

domingo, 1 de octubre de 2017

Vendimando en Camporrapado!

Un ano máis fomos a vendimar á casa dunha familia do noso cole. Neste caso foi o avó de César e aproveitamos o bo dia que estaba para ir camiñando na compaña de varias nais que viñeron a axudar. Traballo, merenda e xogos nun día no que aprendemos moito dun xeito diferente.

IMG-20170914-WA0010 IMG-20170914-WA0011 IMG-20170914-WA0085
IMG-20170914-WA0091 IMG-20170914-WA0098