Hoxe atopamos un porco teixo morto na estrada de Sarandón e fixémos unhas fotos para investigar na escola.
Tamén chámase teixudo ou teixugo en galego, tejón en castelán. badger en inglés.
Investigamos as posibles causas da súa morte:
Foi atropelado cando ía beber ao regato, ou cando ía comer as froitas das árbores do camiño porque é omnívoro... tamén come miñocas, caracois, vermes, millo...
Polo xeral é un animal nocturno pero no outono. ás veces, vémolo ao mencer porque ten que gardar comida para o inverno.
Ademáis, o seu pelo úsase para facer pinceis, brochas... porque é moi resistente e suave.
É un mamífero plantígrado, ten cinco dedos e apoia sobre as plantas dos pés, ten unllas moi afiadas. Ten o pelo da cara facendo bandas brancas e negras como un antifaz. O mestre Antonio trouxo unha pel de teixo que tiña na súa casa e tocámola!
No hay comentarios:
Publicar un comentario