Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
jueves, 5 de octubre de 2017
Día Mundial Docentes 2017
É a ocasión para rendir homenaxe a todas as persoas que traballan na docencia dende a Educación Infantil ata a Educación Superior e ao papel esencial que desenvolven, no ámbito educativo para acadar un ensino de calidade e no desenvolvemento da cidadanía do futuro.
No CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas temos a sorte de contar cun equipo docente extraordinario, que traballa con ilusión para conseguir os obxectivos propostos.
Hoxe celebramos este día e asi o debuxaron os nenos e as nenas das diferentes escolas.
A figura do mestre ou da mestra é importante na nosa vida xa que marca, dalgún xeito, a nosa forma de ser. A veciñanza de Sarandón homenaxeou ao seu mestre no aniversario dos 25 anos de docencia na escola.
E despois de 40 anos de docencia,o mestre Antonio resúmeos en duas palabras "ESTAR CON"
E asi foi, estivo cos nenos e as nenas dentro e fóra da aula... sempre mestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario