Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 19 de junio de 2022

XOGOS DE VERÁN

 Dende a aula de Audición e Linguaxe elaborouse un listado de xogos para traballar  a atención,  a memoria, o control de impulsos, a lectoescritura e a linguaxe (esta última non podía faltar) por se este verán queredes reforzar estes aspectos dunha forma lúdica disfrutando en familia. Se escaneades os códigos QR poderedes acceder a un vídeo explicativo sobre cada xogo. Bo verán a todos e todas.

 



 

 


 

REVISTA RUKUTRÚ 2021-2022

Un ano máis chega ó CRA a nosa revista escolar Rukutrú. Nela recollemos algúns dos proxectos que fixemos nas distintas aulas do CRA vinculadas ó tema anual de centro que este curso  foi: “Fauna e flora da contorna”. Animámosvos a que gozedes da súa lectura e tamén a que vaiades descubrindo que agochan os enlaces e códigos que figuran nela.

 

https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQ4NQndOmCQmRSRfrAZr3wvVP1V5IkH2dKM3HbxkAj208_PzooyYbzP0-eoJvIdZ-L5RokZLgkEu0qn/pub?start=true&loop=false&delayms=5000

 

jueves, 16 de junio de 2022

SAÍDA POR SERGUDE

    O alumnado da escola de Sregude fixo unha saída pola contorna como broche final ao proxecto "Unha ollada o Val do Ulla" de Voz Natura.

    Grazas aos axentes ambientais que de xeito altruista nos acompañaron e amosaron a flora máis característica da zona.


    
    Como sorpresa final José Luis e Diego intrduciron unha ave no seu habitat unha vez que esta foi tratada e recuperada no centro de recuperación de aves da Coruña


    Esta actividade está englobada no Plan Proxecta Xogade, que se está levando a acabo no centro.

domingo, 12 de junio de 2022

ACTIVIDADE SOLIDARIA DO CRA PARA @S DAMNIFICAD@S POLO VOLCÁN DA PALMA

 Un ano máis o alumnado do Cra xunto coa súa Anpa "Val do Ulla" participamos nunha actividade solidaria.

Este ano conmocionounos todo o acontecido pola erupción do volcán da Palma.

Fixemos investigación nas escolas e traballamos moito sobre o tema pois converteuse nun centro de interese para todo o alumnado.

Decidimos como remate final desta actividade recadar cartos para axudar aos damnificados/as por este suceso. Para elo, realizamos moitos traballos e manualidades nas escolas coas titoras/es e as especialistas co fin de poder levalas a dúas feiras, unha a de Ponte Ulla no Concello de Vedra e outra a de Lestedo no Concello de Boqueixón e que a veciñanza, peregrinos e xente que alí fose, participase mercando as cousiñas tan bonitas que fixemos e nos desen unha donación a cambio.

O resultado foi espectacular: 1180,93€

Finalmente, despois de varias chamadas ao consulado insular e servicios sociais decidimos por unanimidade que estes cartos fosen directamente para unha das escolas arrasadas pola lava do volcán: O colexio de La Laguna.

A directora do cole transmitiume moi emocionada a súa gratitude por este traballo e en breve manteremos contacto co alumnado deste centro.

Aquí vos deixamos todo o proceso desta fantástica e emotiva actividade e queremos transmitirvos a tod@s: familias, alumnado, profesorado, Concellos, Asociación de Ponte Ulla e a tod@s os que participastes coas vosas donacións o noso total agradecemento!!!!

                                                            


miércoles, 8 de junio de 2022

O ALUMNADO DA ESCOLA DE SARANDÓN DO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS” ILUSTRA O LIBRO DE CONTOS “FEITIZO NO VAL”

 

O pasado venres 3 de xuño presentouse o libro “FEITIZO NO VAL”, un libro moi especial de contos que xurdiu da colaboración dunha neta Fátima de la Iglesia e o seu avó Xosé Manuel Lobato durante o confinamento.



Un libro cheo de fantasía, lendas e vivencias compartidas nas conversas entre eles dous.

 Sendo un libro de contos infantiles, qué mellor que os nenos e nenas da Escola de Sarandón do CRA Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” para ilustralo no seu interior cos seus debuxos e composicións nos que plasmaron todo o seu sentir e corazón en cada imaxe.

A presentación tivo lugar na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón coa compañía excepcional dos alcaldes de Vedra Carlos Martínez e Boqueixón Manuel Fernández, a ilustradora  Amalia López Brea, encargada da portada e contraportada, a mestra e escritora Charo Golmar, os mestres Antonio Vázquez Turnes e Eva Lema e Valentín García, secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

TALLER SOBRE PLANTAS INVASORAS QUE MEDRAN NOS NOSOS ENTORNOS MÁIS CERCANOS

 Durante o mes de maio a asociación Amabul, asociación medioambiental, estivo a realizar polas nosas escolas un taller sobre as plantas invasoras que medran nos nosos entornos máis cercanos.

A través dun conto e dunha plantación simbólica de sementes, amosáronnos como as plantas invasoras impiden o crecemento doutras especies.

Grazas Amabul




sábado, 4 de junio de 2022

DÍA DE EUROPA

 Todas as escolas do CRA participamos activamente na celebración do Día de Europa desde a clase de música, pois temos moooooi claro que ainda que os idiomas son distintos e podemos non entendernos, a MÚSICA únenos a TOD@S, é unha linguaxe universal!!!!

Practicamos, saltamos, bailamos, promovendo un proxecto do centro de vida activa e deportiva e o resultado foi espectacular!!!

Pasámolo xenial e como non podía ser doutro xeito fixémolo da man das nosas TANXUGUEIRAS e súa canción que nos enamorou a todos!!!

                                                               






miércoles, 1 de junio de 2022

FROITA E LEITE NA ESCOLA!!

 Un ano máis seguimos a  participar no Programa escolar de consumo de froita e leite na Escola!!

E como somos un centro que promove a vida saúda e participamos tamén no Proxecta XOGADE no Programa de vida activa e deportiva...QUÉ MELLOR MANEIRA DE FACELO QUE COIDANDO A NOSA ALIMENTACIÓN!    

Grazas a esta iniciativa facemos as nosas merendas ainda máis saudables e compartimos cos nosos compañeiros/ as hábitos de vida san.