Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 22 de junio de 2012

Ditos populares


Este curso, a profe Begoña, continuando có proxecto de tradicións orais, fixo cós alumnos e alumnas do CRA, a margarida dos ditos populares que levaron para a casa.
Ademáis, gravaron este simpático video para que aprendades con eles.

martes, 19 de junio de 2012

Na clase de música e de relixión, conxuntamente e con moito cariño, quixemos que os nosos nenos e nenas valoraran dun xeito especial o que os seus papás e mamás fan por todos. Deste xeito, eleximos facer unha flor co título "ERES UN SOL"  xa que, si ben en música traballaron a clave de Sol e fixeron o talo da flor en forma desta coñecida nota musical, na clase de relixión traballaron  entre maio e xuño o mes das flores, de María e das mamás. Para poder ver o vídeo, fai clic no enlace de máis abaixo. Esperamos que fose do voso agrado, unha aperta!!!




http://youtu.be/eFBsDf617yE

GRAZAS NOELIA




Con esta entrada no “Rukutrú” querémosche agradecer profe Noelia o agarimo que nos dás e a atención que nos prestas cada día a cada un de nós.
Grazas, por aprendernos todas esas cousas que non sabiamos: as letras, os números, contos, cancións, a escribir o noso nome e todo o demais …; por preocuparte cando estivemos enfermos, por compredernos cando non tiñamos un bo día, que xa sabes profe, que iso son cousas da nosa idade.
Que saibas, Noelia, que eres a nosa primeira mestra, que estamos moi contentos de ser os teus alumnos e que sempre nos lembraremos de ti e que te temos no noso corazón.
Moitos bicos e apertas,
Ainoa, Antía, Brais, Carla, Claudia, Damián, David,
Laura, Mariña, Martín, Miguel e Noa

viernes, 15 de junio de 2012

Matasogras


       Esta semana, para agradecer a tódolos nenos e nenas do CRA o ben que se portaron durante todo o curso, fixemos uns matasogras para xogar... á vez que practicamos o sopro.

jueves, 14 de junio de 2012

CALENDARIO ESCOLAR

   Como xa estamos rematando este curso saíu hoxe publicado na páxina da Xunta o calendario escolar do curso que vén. Podedes consultar a orde neste enlace:


As clases comenzarán o 12 de setembro e rematarán o 21 de xuño. As vacacións serán as seguintes:
Nadal: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
Semana Santa: 25 de marzo ao 1 de abril
Entroido: 11,12 e 13 de febreiro
Día do ensino: 2 de novembro
Despois teremos 2 festivos locais ( un de Vedra e outro de Boqueixón) que poñeremos en setembro cando os concellos aproben os seus calendarios laborais.
Ao longo desta última semana xa mandaremos unha nota as casas para que vos vaiades organizando de cara o curso que vén.

sábado, 9 de junio de 2012

SAIDA A APIPOLIS

Aquí vos mostramos un vídeo da saída a APÍPOLIS. Espero que vos guste!!!!!!!!!!!!
Pinchade na dirección http que aparece indicada debaixo da foto.


                                            http://www.youtube.com/embed/IQGkdMkNRbc