Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 26 de mayo de 2015

EN PUNTO, E MEDIA...

Os nenos e nenas de 1° e 2° de San Xián, aprendimos a contabilizar o tempo, por iso fixemos uns reloxos moi especiais onde poñer a hora que desexamos.

Queres saber qué hora é?







DÍA DA SAÚDE



Dentro da Educación para a Saúde, estamos aprendendo a protexernos dos raios do sol en todas as actividades ao aire libre. Tanto na escola como no noso tempo de lecer.

Protexe a túa cabeza cunha gorra



Protexe a túa pel cunha crema solar (50+)


Protexe os teus ollos cunhas gafas de sol



                                         

                                                      e non esquezas beber moita auga!

lunes, 25 de mayo de 2015

TEA TIME


     
         A semana pasada a teacher Yoli invitounos a tomar o té na clase de inglés. Coñecimos os distintos tipos de té que hai, olímolos. Ata había un con chocolate¡¡¡¡ Despois decoramos as nosas taciñas de té e preparamos as galletas para acompañalo. E despois soaron as cinco en punto e chegou a hora de ir ao salón da teacher¡¡¡ Que glamour, que ben sabía o té e a galleta nin vos conto¡¡¡



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a slideshow

Visita Faladoriña



  Ademáis do taller de serigrafía, para celebrar a semana do libro e as letras galegas, tivemos a visita de Isabel Pichel, unha moza de Lestedo que publicou un comic moi chulo co que nos ensina a como coidar a voz¡¡¡ Foi moi divertido e aprendimos un cento de cousas. Gracias mil¡¡¡





ISA ALBELA

 

   Co gallo da semana do libro e máis  das Letras Galegas, decidimos invitar ao noso cole a Isa Alvela, unha diseñadora grafica nada en Vedra que fai uns meses foi a ilustradora dun libro titulado "Cantando coa lúa e as estrelas". Con ela fixemos un taller de serigrafía moi chulo. Ollade canto aprendimos¡¡¡¡







TALLER SENSORIAL: TACTO, gusto e olfacto



     E chegou o último dos nosos talleres sensoriales a mezcla do tacto e o gusto. Aprendimos como son ao tacto algunhas sementes, olémolas e tamén as probamos. Con elas fixemos uns cadros imitando a Mirócon olor e sabor¡¡¡¡


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow personalized with Smilebox

jueves, 14 de mayo de 2015

Os nosos traballos por proxectos!!!

Aquí vos presentamos algúns dos proxectos que levamos a cabo con motivo da temática que traballamos este ano sobre o horto ecolóxico. Dende a cociña, pasando pola arte ata as plantas medicinais.....un mundo que ainda nos queda moito por descubrir pero no que xa levamos moito investigado e co que aprendimos moito!!!

proxectos voz natura´14-15_860x538

lunes, 11 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015


Este ano, adicamos a semana do 11 ao 17 de maio a conmemoración das Letras Galegas. 
Levaremos a cabo diversas actividades para coñecer a figura e a obra de 
Xosé Fernando Filgueira Valverde.


Os nenos e as nenas da escola de Sarandón da mán do seu mestre Antonio, gravaron este simpático vídeo caracterizados dalgunhas  persoas, que no seu momento, foron homenaxeadas neste día.
Recolleron as obras máis destacas e as frases máis significativas.

miércoles, 6 de mayo de 2015

LIBRO DE RECEITAS DO CHEF:

DIEGO LÓPEZ


O pasado 22 de abril tivemos o pracer de compartir a mañá cun xa afamado chef,  Diego López, unha gran promesa da gastronomía galega que combina con moitísima maestría a cociña galega tradicional coa de vanguardia. Premio ao mellor chef galego do ano 2014, Diego e as cociñeiras que o acompañaban, do restaurante “La Molinera” de Lalín, abraiáronnos o paladar con 4 exquisitos platos, moi sinxelos, en apariencia: 
  • Taco de leituga con herbas aromáticas e cítrico
  • Ensalada de mazá, herbas e flores
  • Iogurt de flores
  • Follas de limoeiro

Os nosos nenos e nenas, ademais de participar na colleita previa dalgúns dos ingredientes (nébeda, flor de sabugueiro, fiuncho, dente de león, chuchamel, folla de limoeirio, entre outros), interviron activamente na elaboración das receitas e se comportaron como excelentes pinches de cociña.

E como colofón, aproveitando que estabamos na semana do libro, decidimos escribir na escola de Lestedo, o noso  propio "Libro das receitas de Diego López".

Mirade que ben nos quedaron:





 

domingo, 3 de mayo de 2015

                        DÍA DO LIBRO EN SAN XIÁN

 Na escola de S.Xián festexamos o 23 de abril o día do libro.Para conmemorar esa data tan importante fixemos distintas actividades con todos os nosos mestres.
 Entre  todos opinamos da importancia dos contos nas nosas vidas,das persoas que nos contan contos cada día, os nosos pais , nais,  avós, mestres ....
  E fixemos un libro entre tod@s  elexindo o noso conto preferido. 

                                            ¡ CANTO DISFRUTAMOS COS CONTOS !











sábado, 2 de mayo de 2015

Xa estamos en maio!!

Como dí o refrán, en maio aínda avella queima o talo ou tamén: ata o 40 de maio non te quites o saio. Pois xa sabedes o que nos queda...pero tamén é verdade que non queda nada. Con esta montaxe elaboramos o calendario do CRA para o mes de maio. Desfrutade o día a día!!!

calendario11