Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 28 de abril de 2013

COUSAS DA PRIMAVERA

A Sergude chegou por fin a Primavera, como tiña que ser. E tamén chegou o Día do Libro. Celebrámolo elaborando un libriño: A ESTRELA MARCELA. Tén só cinco páxinas pero bonitas, iso si. Andrea ensinounos o conto "PRINCESA" que ela inventou e ilustrou moi ben. E agora estamos traballando para celebrar outro Día, pero non podemos dicir nada porque é secretíiisimo!

miércoles, 24 de abril de 2013

Día do Libro en San Xián





 Esta é a nosa biblioteca.





Esta é a lista dos nosos libros favoritos.




O grupo de primaria le contos ao grupo de infantil.





Inventamos contos e escribímolos con pictogramas.







Atopamos un libro de máis de 40 anos!







Esta semana disfrutamos moito e animámosvos a continuar esta experiencia na casa!!!!!


martes, 23 de abril de 2013

Día do Libro en San Fins


Mirade esta casiña!!!



Abrímola...


Trátase de adiviñar o personaxe dun conto, cada día daremos unha pista e a solución escribirémola no cadro da dereita.



A pensar!!!!



1.PISTA: "O libro onde aparezo é o máis difundido no mundo despois da Biblia e do Corán"


2.PISTA: "O primeiro título que tiven foi Historia dun títere"


3.PISTA: "Sempre ando enredando e meténdome en lerias"


4.PISTA: "Cando digo mentiras médrame o nariz"

Ao final da semana sabremos a solución!!!

SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril conmemórase o Día do Libro. 




Polo que esta semana levaremos a cabo unha serie de actividades... que poderedes seguir neste blog!!

viernes, 19 de abril de 2013

CUMPLEANOS FELIZ EN CAMPORRAPADO

Brais xa ten cinco preciosos anos e celebrouno na escola connosco. Moitas felicidades Brais xa eres o maior da clase!


jueves, 4 de abril de 2013

Páxina para traballar fonemas

     Aquí vos deixo unha páxina na que tedes un montón de xogos para traballar a discriminación auditiva, conciencia fonolóxica, fonemas, comprensión auditiva...
    Entrades en: conteni2.educarex.es. E unha vez dentro darlle ó apartado de Educación Especial.

    Nela atópase o xogo con fonemas que puxemos máis abaixo pero o enlace falla asi que deste xeito non hai fallo.
    Desfrutádeo!!

miércoles, 3 de abril de 2013

ESTAMOS DE NORABOA¡¡¡¡¡¡



    Hoxe pola mañán recibimos unha maravillosa nova:

GANAMOS OUTRO PREMIO COA NOSA NUBE¡¡¡¡¡


    Si, así como o oides¡¡¡  Dende o CESGA comunicáronos que o noso proxecto  ‘Rural Schools & Cloud Computing’ fora elexido polo equipo de Redacción de ComputerWorld e CIO España como merecedor do Premio COMPUTERWORLD&CIO Iberoamericano 2012 na categoría ‘Cooperación ó desarrollo e Inclusión dixital’.



  
 Estamos moi contentos e sobre todo moi agradecidos ao CESGA por ver as nosas posibilidades, a BALIDEA por facernos medrar, aos papis e mamis que a pesar dos tempos seguides creendo en nós e sobre todo aos nosos pequerrechos que son os que sempre descubren o sol detrás das nubes e fan que o noso CRA sexa un crac¡¡¡


GRAZAS¡¡¡¡¡

martes, 2 de abril de 2013

Repasando o segundo trimestre...



Os nenos/as de San Fins queremos ensinarvos algunhas das actividades que fixemos:


A árbore do inverno

Mural do inverno 












Día da Paz

Fixemos unhas pombas para o mural.

Pintamos o fondo con moitas cores.




Cada neno/a escribiu na súa pomba unha mensaxe de Paz.




Entroido











Disfrazados de Bop Esponxa.