Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 24 de marzo de 2015

Investigando na horta en Sergude

Hai uns días, o Oso Mecoso deixounos unha carta en Sergude contándonos que está axudando ó seu amigo Balbino na horta, pero non sabe moitas cousas sobre as hortas e anda un pouco preocupado. Pediunos a nosa axuda, así que nos puxemos mans á obra e empezamos a recompilar información. 
A nosa sorpresa foi maior cando de alí a uns días apareceu o mismísimo Balbino na escola! Deixounos un conto da súa horta no encerado dixital. Quedamos moi sorprendidos con el....

Despois do conto puxémonos a reflexionar sobre como lles podíamos axudar ás froitas e verduras da horta de Balbino..... E ocurríusenos facer entre todos unha rica e saborosa receita de macedonia!



                           Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own slideshow design


E como xa estábamos metidos de cheo na nosa investigación, a Rocío ocurríuselle que a súa mamá podía contarnos un montón de cousas sobre froitas e verduras xa que traballa nunha froitería e é unha experta no tema.





E como colofón, a profe Raquel, experta en sementar, tróuxonos sementes de cenoria, cabaza, calabacín e leituga que sementamos nuns semilleiros. E aínda que a primavera xa está aquí, o tempo segue frío, e ante o temor das xeadas, a profe Ana agasallounos con un invernadero no que poder coidar e ver crecer as nosas sementes!  



Todo está en marcha, agora só esperamos ter sorte coa colleita! 

CABALO PARADE

As nenas e os nenos do CRA Boqueixón-Vedra, estamos a buscar ao protagonista dun novo conto: Nicanor o cabalo falador, un conto no eixo do proxecto das plantas aromáticas e medicinais.

Por iso, fixemos un "casting" para seleccionar ao noso protagonista, ao estilo da Cow Parade.






                              Aqui tedes a nosa Cabalo Parade:
     
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow generated with Smilebox


ECLIPSE SOLAR

O 20 de marzo producíuse un eclipse solar.


A Escola de Sarandón preparouse para poder velo sen perigo, facendo unha caixa escura:

Utilizamos unha caixa de cartón
                                                                    
                                                       Un anaco de papel de aluminio

                                                                   Fixemos un corte nun lado


                                                      Colocamos o papel

                                                                        Pegámolo por dentro

                                                                 cun punzón perforamos
         
                                                               un buratiño

                                             Saímos ao patio e colocamos a caixa cara ao sol

                                                                  Metímonos dentro


                                                         e víamos o sol!
                         

            Xa temos todo preparado para o proximo eclipse!!!!!!

domingo, 22 de marzo de 2015

Caixa aromática!

Dentro do proxecto que estamos a traballar este ano, elaborouse unha caixa viaxeira que visitará todas as escolas e coa que cada titora ou titor traballará co seu alumnado. Dentro da caixa puxéronse diferentes plantas aromáticas e medicinais que os nenos e nenas atoparon na súa contorna. De este xeito, podemos ver e ulir o "Dente de león", "Cola de cabalo", "Genciana", "Enebro", "Salicornia", "Tomillo", "Ajenjo", "Romero", "Herba Luisa", "Jenjibre", "Sauco", "Cardamomo", "Hibisco", "Menta", "Melisa", "Regaliz", "Salvia", "Linaria", tamén coñecida como herba caralleira e "Eucalipto". Deste xeito, traballaránse, non só os diferentes aromas que a natureza nos aporta, senon tamén os grandes beneficios da mesma, representada nestas plantas.CAM01327

                        DANI CUMPLE EN S.XIÁN


Xa temos en S.Xián outro compañeiro que cumpliu seis anos.Parece que foi onte cando empezaba en infantil de tres anos ......como pasa o tempo.
       
                                                      ¡Moitas felicidades Dani!








jueves, 19 de marzo de 2015

Taller olfativo e gustativo

Esta semana levamos a cabo estes dous talleres no nosa cra coa profe de A.L., Inés. Para poder levalo a cabo, collimos sustancias que se puideran ulir e probar, concretamente: allo, canela, menta, café descafeinado, limón exprimido e anís. O primeiro paso foi ulilos, logo probámolos e finalmente, tapamos os ollos para recoñecelos. Foi moi interesante e a verdade que acertamos bastantes. Estamos feitos uns verdadeiros catadores!!

taller olfativo 557

taller olfativo 568

taller olfativo 565

taller olfativo 577

miércoles, 18 de marzo de 2015

Taller olfativo e gustativo

E casi estamos rematando cós talleres sensoriais, esta semana estamos a levar a cabo o taller olfativo e gustativo.
Para facelo collimos sustancias que se poidan ulir e probar, concretamente: allo, anís, menta, café descafeinado, canela e limón exprimido:


O primeiro que fixemos foi ulilos para coñecer cada un deles:


Logo probámolos para coñecer cómo saben:


E finalmente tapamos os ollos para recoñecelos. Un a un fumos ulindo os frascos e decindo o que pensabamos que era, para logo poñer a etiqueta có seu nome diante e ver así cantos acertamos:





   Ata a semana que lle daremos ao derradeiro sentido: o tacto¡¡¡ Ainda que o mellor temos un sexto sentido, quen sabe¡¡¡¡¡¡


jueves, 12 de marzo de 2015

Lingua de signos con Alex

Para rematar có taller sensorial da sordeira, contamos coa visita dun papá do CRA que coñece a lingua de signos.

 Comezou presentándose en lingua de signos:


Falounos de distintos aspectos da vida dunha persoa sorda como por exemplo que poden bailar igual que as persoas ointes mediante a vibración dos sons, e fixemos a proba: poñer música no móvil e percibir a súa vibración:

Aprendimos as tres formas de comunicación: lectura labial (probando a entender o que dicimos sin falar só movendo os labios), lingua de signos ( aprendimos a decir nomes de animais, días da semana, números...)


E explicounos o sistema dactilolóxico, có que pintamos os signos do noso nome:

E probamos a decir cómo nos chamamos:


Con esta visita aprendimos a coñecer un pouco máis ás persoas sordas e polo tanto foi un luxo poder contar con ela!      Por iso: Moitas, moitas gracias Alex!!!

lunes, 9 de marzo de 2015

Experimento con espuma


En Sergude fixemos un divertidísimo experimento con espuma de afeitar e conseguimos pintar unhas cartulinas chulísimas de moitas cores! Cando secou, cada un de nós fixo un autorretrato por enriba e quedamos encantados! 
Grazas á profe Ana pola súa idea!

                      

domingo, 1 de marzo de 2015

PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA




ESTREA DO DOCUMENTAL UNITARIAS



   
     O sábado 28 de febreiro foi a estrea do documental Unitarias que foi gravado en parte a finais do curso pasado no noso centro, en concreto na escola de San Xián de Sales. Valéndose da experiencia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora, ‘Unitarias’ analiza o pasado e o presente do ensino nas aldeas e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación no rural.
   E alí estabamos moitos mestres/as de unitarias, moitos dos nenos/as participantes emocionándonos de vernos alí e de que todos nos felicitaran polo noso traballo. 
Grazas a todos os nosos alumnos/as, mestres e papás e mamás por facernos medrar¡¡¡¡



perfume de menta

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow personalized with Smilebox

entroido 2015

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a digital slideshow