Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 20 de mayo de 2013

                    
                           ROBERTO VIDAL BOLAÑO

  Para celebrar o Dia das Letras Galegas na escola de S. Xián estivemos traballando para coñecer ao escritor nado en Santiago e que lle gustaba escribir e facer obras de teatro.E para ter un recordo de tan importante data fixemos uns marcapáxinas co nariz e o sombreiro que sempre levaba Roberto Vidal Bolaño.



miércoles, 15 de mayo de 2013

XOGOS POPULARES

Co gallo da Semana das Letras Galegas fixemos unha pequena recompilación de xogos aos que xogaban os nosos avós, as nosas avoas, país, nais...
Neste video escolar, os nenos e as nenas de San Xián preséntanos o xogo da Peste!


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS



LETRAS GALEGAS 2013



Esta semana acercámonos á vida e á obra de 
Roberto Vidal Bolaño
A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política... 
...sempre arredor do teatro.

Ademais estamos a preparar un contacontos, a través de videoconferencia cos outros cras do proxecto para o día 23, no que o mestre Antonio poñerá voz ao conto escrito pola mestra Divina, Premio "O Facho" 1988:
 " A escola de medrapouco".

 Tamén estanse ultimando os ensaios  do esperado festival das letras galegas que se celebrará o día 24 e ao que esperamos asistades tod@s!


NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS




E no día das nosas letras, da nosa lingua, un desexo:

Que sexa na lingua que sexa nos entendamos,compartamos, sintamos,
eduquemos, amemos e sobre todo 
conservemos a nosa comunicación.




Felicidades galego¡¡¡ Por mil primaveras máis¡¡

martes, 14 de mayo de 2013

DOBRE CELEBRACIÓN EN CAMPORRAPADO

.As mellizas Antía e Mariña cumpriron 5 fermosos anos e celebrárono na escola con todos os seus compañeiros.


 Antía e Maríña estaban moi guapas coas fermosas
 camisetas que a súa mamá lles fixo para este día tan especial.






 Todos están ledos porque van comer o ríco biscoito. Feliz cumpreanos chicas!


domingo, 12 de mayo de 2013

DÍA DE EUROPA

"Europa non é un lugar, senon unha idea."  Bernard-Henri Lévy

O 9 de maio foi o Día de Europa e na clase de Educación Física fixemos
 "xogos europeos"...!!!!


Os paquetes

Coles de Bruselas

Sen fronteiras

Euroca


Tulipáns


A estrela




Parellas de cores

Tello inglés

Euroca
O muro de Berlin


Malla portuguesa

jueves, 9 de mayo de 2013

Recordando a quincena pasada

RECORDANDO A QUINCENA PASADA
 
Rematamos o mes de abril  en Lestedo moi entretidos, porque ao arduo traballo do día a día sumouse o traballo na horta, a celebración da semana do libro e os agasallos para as nosas queridísimas mamis.
Ollade algunha das imaxes que captamos neses días:





 Estes son os nosos bautizados "raposos papalibros" (marcapáxinas con forma de clip)
Estivemos aproveitando os días de sol para sementar e coidar a nosa horta. Parece que xa vai collendo forma. Aínda que ahí non se ve, as nosas plantas de amorodos xa comenzan a botar flores; Hummmm!
 



lunes, 6 de mayo de 2013

OS MAIOS


Alguén deixou unha xesta    ... na casiña da
 escola de Sarandón.
O mestre Antonio contóunos, que é unha tradición que se fai para desexar  boa sorte no mes de maio.


Asi que ...
...decidimos celebrar "os maios"!


Uns paos...







una malla...




 e flores, moitísimas flores!!




Laranxas tamén e ovos...


Xa rematado... tocando pandeiretas, cunchas e demais fomos ao patio para cantar!!
"Fixémolo maio o maio está aqui,
fixémolo maio para que o vexas ti"


O público brindóunos un forte e merecido aplauso.


Ao final deixamos o noso maio na casiña esperando a sorte dun mes florido e fermoso.










domingo, 5 de mayo de 2013


Na escola de San Xián estivemos traballando toda a semana sobre a importancia dos libros e sobre todo dos contos nas nosa vidas, recordamos que contos son os nosos preferidos e trouxémolos a escola para compartir cos demais compañeir@s ,elaboramos un mural cos personaxes que mais nos gustan, fixemos uns marcapáxinas e uns pequenos contos de elaboración propia.
Agora estamos esperando polos contos ,anécdotas e historias que nos van amandar das nosas casas e despois faremos un libro con elas.
E como non podía s.er menos esforzámonos moito para facerlle un agasallo as nosas mamás e quedáronnos moi chulos.Esperemos que lle gusten...








viernes, 3 de mayo de 2013

SEMANA DO LIBRO EN CAMPORRAPADO

A semana pasada celebramos o día do libro lendo a todo un clásico, o xenial Eric Carle. 

Recomendámosvos dende aquí un libro do ano 1969 "La pequeña oruga glotona", imprescindible na literatura infantil.


Os nenos e as nenas ilustraron o conto... e aqui tedes o resultado!!





Logo fixemos a pequena eiruga con plastilina!!



Velaquí o marabilloso e colorido resultado!!