Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 21 de marzo de 2018

Brochetas de froita

Hoxe fixemos un taller de brochetas de froita. Apredimos de un xeito lúdico o importante que son as froitas, o saborosas que poden estar...si as probamos e sobre todo o sans que son e fortes que nos axudan a estar. Resultado final= ÉXITO!!

lunes, 19 de marzo de 2018

TALLER SENSORIAL: XORDEIRA

 Para rematar os talleres sensoriais levamos a cabo o de xordeira.
 En primeiro lugar explicamos cómo funciona o oído para logo mencionar axudas que poden empregar as persoas con perda auditiva como o audífono ou os implantes cocleares.
 Visionamos un conto sen son para simular que eramos xordos e, como deste xeito non entendimos o conto, falamos dos subtítulos ou a lingua de signos como axuda nos videos para as persoas xordas.
 Comprobamos cómo poden percibir as vibracións dos sons mediante o tacto empregando unha canción no móbil, percibindo o movemento nos altavoces.
 Aprendimos varios aspectos da súa vida diaria como o tipo de espertadores que teñen que empregar (con luz) e sistemas para conectar ó timbre da porta (tamén con luz).
 Coñecimos o sistema dactilolóxico que empregan para os nomes:


E finalmente aprendimos algunhas palabras en lingua de signos:



  Ademáis das anteriores, tamén apredimos outras como: ola, adeus, bos días, boas noites, gracias...e algunha outra pola que preguntaron xa que tiñan curisosidade por saber.
  

TALLER SENSORIAL: CEGUEIRA

   Fai duas semanas levamos a cabo un taller sensorial sobre a cegueira.
   Falamos do sistema Braille que empregan as persoas cegas para ler e escribir empregando a máquina Perkins para elo. Vimos que tamén se escriben números có Braille e que os podemos atopar nos ascensores. Tamén nos medicamentos.
   Vimos diferentes axudas para a vida diaria como o emprego do bastón e o can guía. Sinais sonoras coma as dos semáforos para saber cando teñen que cruzar a rúa. Diferentes reloxos para saber a hora que é. Que poden andar en bici empregando un tándem. O aparato que poden empregar para coñecer as cores dos obxetos e que poden usar un balón con cascabeis para xogar ó fútbol.
   E logo de coñecer todo ésto puxémonos na pel dunha persoa cega e comprobamos o complicado que é facer diferentes actividades da vida diaria como:
   
    - Camiñar pola clase empregando un bastón:




  - Pintar un debuxo con relieve cuns antifaces:



Vendo, unha vez rematado, o complexo que resulta:


   E por último, cós ollos tapados, probamos a atopar un obxeto (entre varios outros) tocado previamente xa que o tacto é un sentido moi empregado polas persoas cegas :

jueves, 15 de marzo de 2018

lunes, 12 de marzo de 2018

Todos os días lle damos de comer á nosa galiña e ao noso galo

Como cada día, entre todos lle damos de comer a Chocolate e Chocolatina, que así se chaman o galo e a galiña araucanas que trouxemos de Sergude. ata para darlles de comer poñemos a cabeza a pensar e a profe inventou un artilugio para non ter que abrir a porta de cada vez.

LEMBRANDO A HOMENAXE DE CRUZ EN SAN XIÁN



O 3 de decembro, 
a veciñanza de San Xián homenaxeou a súa mestra Cruz Martinez, 
polos 25 anos de docencia  na parroquia.
Familias agradecidas que organizaron unha gran festa 
e mobilizaron a moitísima xente nun día inolvidable.

                                                         Á MESTRA CRUZ 
                                                          POLOS 25 ANOS 
                                                    DE CARIÑO E ADICACIÓN 
                                                    Á ESCOLA DE SAN XIÁN








Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow personalized with Smilebox

sábado, 10 de marzo de 2018

Seguimos a plantar!!

Esta semana seguimos a plantar, neste caso cebolíns, melóns, pipas de cabaza, cabazas....



E xa nos empeza a nacer a colleita!!...que grandes sembradores somos!!



 

miércoles, 7 de marzo de 2018

Preparando a horta

Un ano máis, empezamos a preparar as nosas hortas. En cada escola queremos fomentar e revalorizar a comida san, a volta aos traballos máis tradicionais e que sen dúbida nos aportan vitalidad e meller vida a todos. Según cada escola, ahorta ten as súas características especiais, ben podemos atopar bancais onde botamos terra e xa sementamos alí as nosas colleitas ou mesmo facemos uso dunha horta propiamente dita, onde as ferramentas tradicionais tamén collerán a súa importancia. Empeza o tempo de poñerse mans á obra e queremos mostrarvos o moito que traballos e sobre todo o empeño que lle poñemos.




martes, 6 de marzo de 2018

Saída: A nena e o grilo nun barquiño e A arte no cómic



O xoves día 1 de marzo, todo o CRA fixo unha saída a Santiago xa que tiñamos duas citas. A primeira foi no Auditorio ABanca para desfrutar da obra "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco. Con ela rímos coas diferentes aventuras da nena e un grilo á vez que desfrutamos coas cancións. 
Ao saír do Auditorio dirixímonos á sede Afundación de ABanca para coñecer a exposición de Fundación telefónica "A arte no cómic" que recolle algunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics.






Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow made with Smilebox




viernes, 2 de marzo de 2018

CUMPLE DE SAMUEL MALLOU

Parabéns Samuel!!. Desfrutamos dunha merenda especial: unha tarta deliciosa, música, baile e as bolsas de chuches.Que ben o pasamos!!!. Grazas.