Falamos do sistema Braille que empregan as persoas cegas para ler e escribir empregando a máquina Perkins para elo. Vimos que tamén se escriben números có Braille e que os podemos atopar nos ascensores. Tamén nos medicamentos.
Vimos diferentes axudas para a vida diaria como o emprego do bastón e o can guía. Sinais sonoras coma as dos semáforos para saber cando teñen que cruzar a rúa. Diferentes reloxos para saber a hora que é. Que poden andar en bici empregando un tándem. O aparato que poden empregar para coñecer as cores dos obxetos e que poden usar un balón con cascabeis para xogar ó fútbol.
E logo de coñecer todo ésto puxémonos na pel dunha persoa cega e comprobamos o complicado que é facer diferentes actividades da vida diaria como:
- Camiñar pola clase empregando un bastón:
- Pintar un debuxo con relieve cuns antifaces:
Vendo, unha vez rematado, o complexo que resulta:
E por último, cós ollos tapados, probamos a atopar un obxeto (entre varios outros) tocado previamente xa que o tacto é un sentido moi empregado polas persoas cegas :
No hay comentarios:
Publicar un comentario