Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 30 de octubre de 2013

Taller de cociña pavorosa en Camporrapado

Nesta ocasión xuntámonos Camporrapado de arriba e de abaixo para facer este taller de cociña monstruosa. A ver qué vos parece!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow generated with Smilebox


Mil grazas ás familias pola vosa colaboracion!

As nosas cabazas de Samaín

Agarrádevos que traio de todo para todos!!!
Como ben sabedes, polo Samaín é tradición facer a consabida cabaza... pois nós dixemos que si había que facela...

...que fose a máis grande!!!! Así que veña, a remangarse todos e a faenar!


Mirade a cariña de asquete que teñen algúns! Ao principio dáballes algo de repelús meter a man alí dentro pero en seguida pasou.
Estivemos mirando en internet qué modelo nos gustaba máis para facerlle... e mirade o que saiu!


Bonita, bonita non sei si é... pero aínda rimos un cacho! Que faría esta cabaza para poñerse así!!


Pero non quedou ahí a cousa, mirade que maravillas trouxeron da casa estes rapaces!


Falta a cabaza de Jose, que estivo maliño e non estaba o día da foto, pero abofé que estaba a altura!
Que decides? Quedaron ben ou non?

E para rematar déixovos un conto de medo que aprenderon estes días. Seguro que xa o escoitáchedes na casa un cento de veces... pero así non vos esquece nunca ;)






miércoles, 23 de octubre de 2013

Excursión de San Fins ao viveiro.



Fomos de excursión a un viveiro, pasámolo moi ben. Alí plantamos unha planta que logo levamos para a nosa casa, coidarémola con moito agarimo. Logo fomos a Camporrapado, donde disfrutamos dunha demostración de cetrería, foi emocionante.






























lunes, 21 de octubre de 2013

Faltamos nós!

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This free scrapbook design generated with Smilebox
Que nós tamén marchamos de excursión! A ver qué vai ser esto! Podedes pinchar nas fotos para velas máis grandes. Agardo que vos guste!

PRIMEIRA SAIDA: ENTRE FLORES E PAXAROS

    
 O venres pasado saímos cos nosos compañeiros e compañeiras co CRA .Fumos a Camporrapado aos viveiros Compostela  onde pudemos observar unhas fermosas prantas etamén aprender as partes delas.Todos plantamos unha  plantiña e trouxémola para a casa ,teremos que coidala moito par que medre e bote flores.Estivemos moi atentos e tivemos un agasallo dunhas golosinas dos donos dos viveiros.Dende aquí moitas grazas.
Despois repuxemos forzas coa merenda e fomos a ver a demostracion dun cetreiro.Pasámolo moi ben.

                                                                                  
                             



domingo, 20 de octubre de 2013

A PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO


Esta semana os nenos e nenas do CRA fixemos a nosa primeira saída aos viveiros de Camporrapado e ademais puidemos ver unha magnífica exhibición de cetrería. Pinchade no seguinte enlace para ver unha pequena mostra da saída. 
Espero que vos guste!!!!!

http://www.kizoa.es/slideshow-maker/d6376865k2446625o1/viveiros

sábado, 19 de octubre de 2013

ZONCHOS


É tempo de castañas, de magostos...
e o mestre Antonio, a quen lle gusta contar historias, contounos
a historia dos zonchos.

Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar
que che hei de dar moitos

ZONCHOS: Castañas cocidas con cáscara.

O costume de cocer as castañas con pel ven de cando as xentes pasaban o día fóra traballando no campo, as castañas eran alimento habitual que llevaban no peto e, ésta, a única forma de poder comelas sen que esmagaran no camiño.
Có nome de zonchos tamén coñecemos os colares de castañas ensartadas en fio a modo de rosarios.



Asi que nós, aproveitando as castañas que trouxo Antonio, previa cocción...
e cunha improvisada agulla e un resistente fio...





 enfiámolas con moito agarimo...





... e fixemos este fermoso colar!!!




Agora poderemos comer estas riquísimas castañas pouco a pouco.


Ademais podémolas decorar!




É tempo de zonchos...

Saída aos viveiros e mostra de aves. Sergude.


Ontes foi un dia especial para todos.  
Os nen@s disfrutaron moito e para que o vexades, vos poño unha pequena mostra da saída...
Entramos un poco nerviosos...e fomos adentrándonos no mundo das plantas, que xa estivemos coñecendo esta semana, atopamos tantas flores que queriamos tocar todo...
Logo de ver todas as flores da estación, fixemos unha actividade moi chula...PLANTAMOS A NOSA PLANTIÑA!!....algún non soltaba a súa, outros plantaron por sete, algunha fixo de mestra nestas labores....MIRADE!!




e despois de tanto traballar a repoñer forzas!


 Rematada a visita aos viveiros, marchamos para Camporrapado, para ver unha mostra de cetreria e unhas aves que os "policias da natureza" estiveron cuidando....quedamos todos alucinando!!
 Todas nos gustaron...pero coa curuxa ...os ollos non nos daban  pechado!!