Como ben sabedes, polo Samaín é tradición facer a consabida cabaza... pois nós dixemos que si había que facela...
...que fose a máis grande!!!! Así que veña, a remangarse todos e a faenar!
Mirade a cariña de asquete que teñen algúns! Ao principio dáballes algo de repelús meter a man alí dentro pero en seguida pasou.
Estivemos mirando en internet qué modelo nos gustaba máis para facerlle... e mirade o que saiu!
Bonita, bonita non sei si é... pero aínda rimos un cacho! Que faría esta cabaza para poñerse así!!
Pero non quedou ahí a cousa, mirade que maravillas trouxeron da casa estes rapaces!
Falta a cabaza de Jose, que estivo maliño e non estaba o día da foto, pero abofé que estaba a altura!
Que decides? Quedaron ben ou non?
E para rematar déixovos un conto de medo que aprenderon estes días. Seguro que xa o escoitáchedes na casa un cento de veces... pero así non vos esquece nunca ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario