Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 29 de octubre de 2016

Xa está aquí Pasabodeghiñas 2016!!

Un ano máis, celebramos o noso magosto polas terras de Sarandón. Moitos populares, moita diversión e castañas para dar e tomar foran a tónica predominante de este día. Terminamos moi cansos pero sin dúbida pagou a pena. Moitas gracias aos veciños de Sarandón por recibirnos tan ben e facer nosas as súas casas. Facendo clic na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo de este día.

IMG_20161028_121043_860x645

viernes, 28 de octubre de 2016

Pasabodeghas 2016


Hoxe celebramos o noso particular magosto, un encontro festeiro de música, luz, paisaxe, son, cor, irmandade, castañas, xogos populares...
O noso agradecemento a Manuel Cabaleiro e o seu cuñado Eugenio, a Manuel González e a súa muller Delia que fixo unha rosca riquísima... e a José Cao que deixóunos pasar pola súa eira!
Voltamos ás escolas coa barrigola e o corazón cheos de ledicia por participar do feitizo dunhas xentes e unha terra que garda e agasalla co semente das festas!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow customized with Smilebox

viernes, 21 de octubre de 2016

A importancia do millo!!

Na escola de Sarandón naceron unha chea de plantas de millo e o máis milagreiro e que xa están para esfollar. Deste xeito, o profe Antonio ensinounos a importancia desta planta, a súa procedencia e todo os beneficios que nos aporta. Antes de poder disfrutar dos productos que podemos facer co millo, vimos como se esfolla e debulla para logo moer, amasar, cociñar e o mellor....degustar!!!

IMG_20161020_122153IMG_20161020_122238IMG_20161020_123118IMG_20161020_122857

sábado, 15 de octubre de 2016

A vendima!!

Como todos os anos levamos a cabo no noso CRA un proxecto sobre a vendima para poñer en alza as tradicións da nosa contorna e valorar os froitos cos que a natureza nos agasalla. Este proxecto ten dúas partes. En primeiro lugar, unha parte que consiste en desfrutar de todo o proceso da vendima coa axuda dalgunha familia, incluso visitando a casa dalgún compañeiro e levar a cabo todo o laborioso proceso do viño. A segunda parte, consiste en desfrutar no "pasabodeghiñas" o noso magosto particular, celebrando o final da época da vendima e facéndoo coincidir o día antes do "Pasabodeghas" real, na parroquia de Sarándón e que pon en alza todas estas tradicións tan antigas e que non podemos deixar que se perdan.

Damos pistoletazo de saída á vendimaaaaa!!

[caption id="attachment_521" align="alignleft" width="300"]IMG_20161006_115037 Tomamos conciencia das diferentes variedades de uva que temos na zona[/caption]

[caption id="attachment_520" align="alignright" width="300"]IMG_20161006_115011 Vemos as diferencias entre uva blanca e oscura e os seus resultados[/caption]

[caption id="attachment_519" align="alignleft" width="225"]IMG-20160923-WA0057 Recollemos as uvas[/caption]

 

 

[caption id="attachment_518" align="alignright" width="409"]IMG-20160923-WA0031 Logo de un duro traballo, a levar as uvas a pisar e como non, unha boa merenda cortesía da casa do noso amigo Lorenzo.[/caption]

 

 

 

 

 

 

 

[caption id="attachment_516" align="alignleft" width="225"]IMG-20160923-WA0020 Pisamos as uvas[/caption]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[caption id="attachment_517" align="aligncenter" width="225"]IMG-20160923-WA0023 Separamos o bagazo para facer augardente[/caption]

 

 
ELABORACIÓN DO VIÑO EN LESTEDO

Onte tivemos ocasión de acercarnos a unha casa da zona para facer a vendima,  observar e utilizar os aparellos tradicionais para a elaboración do viño.
Nos subiron á viña para recoller os acios, pisamos as uvas, as estrujamos e xa no lagar prensamos e coamos para a obtención do mosto. E logo, o mais importante, os que quixemos probamos o mosto mentres tomábamos a merenda acompañada tamén de galletas, patacas fritas e gusanitos.

 











Moitas grazas aos nosos anfitrións: María, Esther, Luis, Sara e David.




miércoles, 12 de octubre de 2016

Refrescamos o que sabemos!

Na escola de S Xian, refrescamos os nosos coñecementos para o coidado do mediambiente e aproveitamos para ensinarlles aos comapañeiros que empezaron este ano o cole a importancia de reciclar.

IMG_20170117_091306

sábado, 8 de octubre de 2016

Día dos Docentes

O 5 de outubro conmemórase o Día Mundial dos Docentes,
 dende o CRA. Boqueixón-Vedra Neira Vilas  queremos lembrar a tódalas mestras e mestres que ca forza da palabra e do exemplo agasallaron de luz as miradas fascinadas dos nenos e nenas na descuberta de mil mundos. Esas persoas que coa súa implicación, dentro e fóra da aula, axúdannos a darnos conta que a docencia é un don co que se nace pero que se cultiva cada día!
Parabéns!