Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 22 de diciembre de 2020

NADAL 2020🎄🎅🏻

 Boas familias !

 Aquí temos o noso video derradeiro deste trimestre pouco habitual.

Traballamos moito e o espíritu navideño foinos chegando pouco a pouco...NIN CORONAVIRUS NIN NADA VAI PODER CO NOSO SORRISO!!!!!

Graciñas por axudarnos a cumplir e a respetar, a querernos e a coidarnos!!!!! Simplemente graciñas!!!!

Ademais, dende cada escola, querémosvos desexar unhas felices festas. 

Coidádevos moito !! Bo Nadal a tod@s e moito sentidiño que á volta pasamos lista e queremos vervos a todos!!!!






domingo, 6 de diciembre de 2020

A importancia de traballar en prol do respecto, a amizade e a NON violencia!

 Moi boas familias!! Aquí estamos un ano máis ensinándovos o noso día a día nas nosas escolas e as conmemoracións que celebramos para, entre tod@s, chegar a ter un mundo mellor!!

Nesta ocasión queremos achergarvos os nosos traballos no Día Universal da Infancia, no día Internacional contra a violencia de xénero, ou no día Internacional das Persoas con discapacidade. Asemade, aproveitamos para ver a importancia do día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que se conmemora o 10 de decembro. 

Para todo isto, levamos a  cabo diferentes dinámicas en coordinación con todas as escolas. Tamén temos que agradecer ao CIM de Boqueixón por agasallarnos con un libro tan especial como "Alén, loita e acariña", o cal fainos sentir fachenda, xa que este relato naceu a partir dos talleres que a autora, a nosa querida Yolanda Neira Cristobo, levou a cabo nas nosas escolas. Ainda que non é menos o agradecemento a David, de "CPM Eventos",  por agasallarnos tamén con un conto tan especial, na compaña do mago Noel, no que  trouxeron con maxia, o respecto e o valor da amizade ás nosas aulas
dun xeito que como só eles saben transmitir.

No seguinte vídeo, presentamos un resumo do que todas estas conmemoracións deron de si. Agardamos o disfrutedes!!



NOVEMBRO: MES DE NEIRA VILAS NO CRA.

 O mes de novembro nas nosas escolas está adicado á figura de Xosé Neira Vilas. Achegamos ao noso alumnado a este autor e a súa obra. Nesta ocasión, a partir do seu libro "O xardín de Irene" xurdiron diferentes propostas como as que se amosan a continuación:

 

 




martes, 24 de noviembre de 2020

Xardíns verticais

A semana pasada, andivemos a preparar xardíns verticais con macetas de material reciclado, concretamente botellas de leite pintadas. mirade que chulis nos quedaron e como lucen no noso patio!

viernes, 20 de noviembre de 2020

Preparando a sementeira

Empezamos a preparar o noso horto e como paso previo, levamos a cabo o proceso da sementeira. Fixemos un traballo de investigación coa axuda das nosas familias. Deste xeito, aportáronnos información sobre as sementes que se podían plantar nestes meses, así como os coidados que necesitan. Asemade, mandáronnos algunhas sementes para facer prácticas.

Así, sementamos trigo, chícharos, cenorias, perexel, cebada, tirabeques, leituga, allos e allo porros, coles e fabas.

Preparamos a terra, colocamos as sementes e agora a esperar que medren.





lunes, 2 de noviembre de 2020

CHEGOU O OUTONO A LESTEDO!

Durante estas semanas estivemos traballando diferentes propostas sobre o outono. Algunhas das actividades realizadas foron: elaboración de mandalas con follas e froitas de outono, debullar o millo, experimentar na mesa de luz coas follas e estampar. Mirade cánto traballamos!!!
 
 
 
 

Clasificamos co outono

Como sabedes, andamos co outono a voltas. Nesta ocasión, tocou clasificar os froitos, follas e productos de outono.

SAMAIN 2020


 

viernes, 23 de octubre de 2020

Reciclaxe e cambio climático

Estes días andamos a recopilar información sobre a reciclaxe e o cambio climático. Estamos na fase 1 do proxecto de investigación. Isto promete.....

jueves, 22 de octubre de 2020

Chegou o outono

Xa está aquí o outono e con el, as castañas, as uvas e o frío. Deste xeito contemplamos o efecto que o frío ten sobre a natureza, desfrutamos cos recordos da vendima de outros anos e ata a escola chegaron uvas para degustar, logo de ter en cuarentena, a ramas para analizar e decorar a nosa clase.

martes, 20 de octubre de 2020

Hoxe tivemos uns agasallos moi coloridos!

Emma e a súa mamá trouxéronnos  para o patio da escola uns arbustos súper  chulos do viveiro no que el traballa!

Limos as etiquetas, e a información que traían. De momento non os plantamos fora, queremos buscarlles un sitio axeitado!

Finalmente, decidimos entre tod@s cal era o que máis nos gustaba... Foi unha difícil votación. Pero o reconto de votos deulle a maioría ao violeta!

Estamos desexando plantalos fora.

SOMOS RAPEIR@S !!!!

 Onte na escola de Camporrapado, escoitamos a canción de Brinca Vai "O  Rap do Magosto" que nos propuxo a profe Elena, e pouco a pouco imos aprendendo o seu retrouso (estribillo).

Estivemos fixándonos en como se moven os brazos e a cabeza ( tan característico do rap) para poder bailar este tipo de música e sentir o seu ritmo. E para poñelo en práctica, que mellor que disfrazarnos de rapeiros??


Pasámolo xenial !!!! 



lunes, 19 de octubre de 2020

SESIÓN DE ART+ XOGO MR WOLF EN CAMPORRAPADO

  Bos días familias !

A semana pasada estivemos facendo a sesión de Art que nos mandou a teacher Puri. Primeiro recordamos como nos presentamos en inglés ca canción " What`s your name?", despois decoramos os nosos nomes con anacos de papeis de cores.

Ademais aproveitamos para aumentar o noso vocabulario en inglés aprendendo o nome dos materiais que precisabamos para facer a actividade: scissors (tesoiras), glue (pegamento), paper (papel)...








Tamén comezamos a familiarizarnos cos nomes dos días da semana e os alimentos a través do conto " Today is Monday" de Eric Carle. Aquí podedes volver escoitar o conto:


E a canción sobre o mesmo:


Ademais disto, xogamos a unha adaptación do xogo tradicional "Mr Wolf" no que os nenos e as nenas en lugar de preguntar a hora, preguntaban o día que é: "What day is it Mr Wolf ?". 






domingo, 18 de octubre de 2020

Land Art de Outono

Traballos fora e dentro da aula. Fora recollimos os materiais e fixemos un gran conxunto. Despois gardamos todo e xa dentro, fixemos clasificación dos materiais recollidos e fixemos en un conxunto "Sol". Posteriormente cada un fixo o seu, ao que lle puxo título. Por exemplo: "E de outono", de Emma.

sábado, 17 de octubre de 2020

Cogumelos no noso patio!

Coa chegada da outono o noso patio cambia de cor e puidemos observar como vai cambiando e mesmo coa  aparición de cogumelos.

jueves, 15 de octubre de 2020

Outoneando dentro!

Ao longo de esta semana fomos traendo á escola cousas típicas de outono: froitos, follas, cortezas de árbores diferentes, choupíns, caracois...

Cada neno/a  foi presentando as súas aportacións e fomos rexistrando. De seguido, fixemos fotos a cada unha das cousas para completar a proposta máis adiante. En algúns casos fíxonos falta empregar a app PlantNet para cerciorarnos da árbore á que pertencían algunhas das follas.

Finalmente clasificamos e ordenamos os materiais e fixemos mandalas e creacións artísticas!!


Descubrindo apps para identificar follas:

viernes, 9 de octubre de 2020

De paseo pola parroquia

Hoxe aproveitamos o bo tempo que facía para ensinarlle á profe Marta a parroquia. Como este ano non poderemos visitar a aldea de Ximonde para celebrar o Pasabodeghiñas, xa nos adiantamos e quixemos presentarlle á nova mestra de Sarandón esta zona da parroquia. Ademais de ensinarlle a parroquia, valoramos o aire puro que respiramos, a importancia de facer exercicio e o sano que é a nivel físico e mental.
















jueves, 1 de octubre de 2020

Uns taquilleiros moi especiais

Xa que este ano, por mor do covid- temos que ter, as nosas cousas de xeito individual, puxémonos a traballar e fixemos uns taquilleiros reutilizando caixas de froita e bandexas de poliespán. Aquí está o resultado, do que estamos moooi orgullosos!!

martes, 29 de septiembre de 2020

Macetas reutilizadas

Para facer a nosa sementeira que mellor que facer uso de unhas macetas reutilizadas e decoradas por nós. Se seguido, sementaremos plantas que logo transplantaremos na horta da escola.

jueves, 24 de septiembre de 2020

Repoblando o patio!!

En Sergude estamos súper animados para repoblar o patio da escola!! De momento temos aloe vera e fisalis recén plantados. Isto promete!!

martes, 22 de septiembre de 2020

Comezamos con gañas!!

Xa estamos de volta, con moitas gañas de facer e disfrutar cos nosos traballos. Foi moi emocionante ver aos nosos amigos e amigas e encontrar a nosa hortiña algo apagada pero nela naceron leitugas pequeniñas. Por iso, en S Xián decidimos poñernos mans á obra e trasplantalas para poder degustalas máis adiante.

lunes, 22 de junio de 2020

BO VERÁN!

NESTA ÚLTIMA ENTRADA COMPARTIMOS O ÚLTIMO VÍDEO DOS NOSOS RETOS, E CON ESTE REMATAMOS UN CURSO ESCOLAR CHEO DE NOVAS EXPERIENCIAS E APRENDIZAXES, SUPERANDO DÍA A DÍA AS ADVERSIDADES QUE TIVEMOS NESTE ÚLTIMO TRIMESTRE.

DAR UNHA VEZ MÁIS AS GRAZAS OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CRA E AS SÚAS FAMILIAS POR FACER TODO MÁIS DOADO E SINXELO.

VOLVEREMOS CON MÁIS FORZA!!
UN SAÚDO E BO VERÁN!!


sábado, 20 de junio de 2020

A NOSA REVISTA!!


Xa está aquí a nosa revista Rukutrú 19/20, na que podedes ollar moitos dos traballos que fixemos nas escolas ao longo do curso, así como outras actividades lúdico- didácticas que tamén realizamos. Para abrial tedes que premer enriba da seguinte imaxe e para moverse pola presentación, utilizar as flechas ou tamén premer sobre as páxinas co cursor do rato. Se queredes saír, premer no X. Agardamos que vos guste!!