Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 27 de octubre de 2021

OUTONO

 Xa estamos de volta e con moitas ganas de amosarvos as cousiñas que estamos a facer nas escolas.

Traballamos un montón sobre esta estación na que nos atopamos manipulando diversos materiais e facendo moitos xogos.

 Debullamos millo, estampamos follas, recollimos froitos de outono ... incluso fixemos un roteiro pola contorna. Sen esquecer a nosa particular vendima.

Seguimos a aprender un montón de cousas que nos agardan cada día!!




viernes, 22 de octubre de 2021

ROTEIRO POR SARANDÓN


Aproveitando o sol do outono, o  pasado martes realizamos un pequeno roteiro pola contorna do cole onde estudamos os cambios da natureza coa chegada da nova estación: as cores, a forza do vento, tamén observamos as aves viaxando cara o sur, identificamos as árbores de folla caduca e as da perenne, recollimos castañas, landras, follas,... Reparamos nalgúns cogumelos e ata ulimos algunhas plantas como a menta. Antes de regresar aproveitamos que uns veciños estaban traballando nos viñedos para coñecer as características da uva albariña e a maquinaria que empregan.