Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 29 de mayo de 2016

MATRICULA 2016-2017

    Do 15 ao 30 de xuño ábrese a matrícula para o curso 2016/2017 no noso centro, podedes imprimir toda a documentación no seguinte enlace:

Tamen podedes recoller esta información nas escolas. Así mesmo podedes entregar toda esta documentación debidamente cuberta tanto nas escolas en horario de 9 a 14 ata o 22 de xuño ou na sede do CRA os mércores de 9 a 14 ata o 22 de xuño e dende o 22 de xuño en horario de 9 a 14 todos os días

viernes, 27 de mayo de 2016

En Sarandón escribimos como Cervantes!


O mestre Antonio contóunos moitas cousas de Miguel de Cervantes Saavedra, da súa vida e da súa obra máis importante Don Quijote de La Mancha.
Hoxe trouxo unhas plumas antigas e tinta chinesa coas que probamos a escribir como facía Cervantes... encantóunos e pasámolo moi ben!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own slideshow

jueves, 26 de mayo de 2016

CIENTÍFICOS

En Sergude pasamos moito tempo implicados con isto de querer coñecer e saber sobre os oficios das nosas familias. Así foi que cando nos falaron de participar en "Vedra en Ciencia" e de facer experimentos sobre a luz, puxémonos a pensar quen nos podía axudar. Decidimos pedirlle axuda a un amigo (que ó final os amigos veñen sendo como da familia!), que é científico especialista en óptica e luz. E mandámoslle unha mensaxe de voz por whatsapp pedíndolle axuda.

El nos contestou con esta imaxe tan curiosa que nos deu moito que pensar.

E por fin, un día que non traballaba, veu a visitarnos!


Así foi como sacamos as ideas para facer os experimentos que despois levamos a Vedra en Ciencia e polos que cada un de nós levou un pequeno premio e que compartimos co resto de compañeiros e compañeiras do CRA.




martes, 24 de mayo de 2016

                                FESTA DOS LIBROS E LETRA GALEGAS EN S. XIÁN

 Durante estas semanas estivemos celebrando na nosa escola a festa dos libros. Trouxemos  da casa os nosos libros favoritos e os compartimos cos nosos compañeiros.Tamen as profes nos ensinaron os seus libros favoritos e estivemos comparando e recoñecendo as clases de libros,contos,novelas ,comics,libros de poesia..... Para rematar fixemos uns debuxos dos nosos libros e os colocamos na árbore da aula  que está encantada coas súas follas cheas de novas aventuras.

 



Tamen aproveitamos para coñecer a recordar a Manuel María, que este ano era o escritor elexido para celebrar o día das Letras Galegas.Traballamos co seu libro de poesia" OS SOÑOS NA GAIOLA" e aprendimos varias poesias  ,o cuco,o arco da vella o meu burriño, ocaracol.... e para gardar un recordo do escritor fixemos un marcapáxinas.






 





lunes, 23 de mayo de 2016

Mirando ao ceo en San Xián

Nestes días na escola de San Xián andamos a voltas cos movementos da Terra e do seu satélite: A LÚA. 

Estivemos vendo varios vídeos onde nos explicaban que é, como se move, para que serve, porque se ve diferente en distintos días, canto tarda un foguete en chegar a ela e un longo etcétera de cousas moi interesantes.

Logo adentrámonos un pouco máis nas fases da lúa, representándoas e escribindo os seus nomes.
 















Sabiades que a lúa é unha mentireira? Cando Parece unha C está en cuarto menguante, e cando parece unha D estan en cuarto crecente. Un pequeno truco para recordar os nomes.
Como estabamos preto da hora de merendar e estes nenos de primaria son ben larpeiros fixemos unha última representación das fases da lúa. Como? Con galletas "Oreo".

E logo a merendar!!!!!!!!!!!!!










miércoles, 18 de mayo de 2016

AXUDAS LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR


Orde do 27 de abril de 2016 ( DOG 16 de maio de 2016) pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto,destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6ºde Educación Primaria, 1º e 3º Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2016/2017.

* Información sobre a solicitude:
 * Solicitude para cubrir en liña:

lunes, 16 de mayo de 2016

APRENDENDO SOBRE A LUZ
 
O mes pasado andivemos moi ocupados facendo talleres e armando aparatos que nos axudaran a entender como funciona a luz.
Primeiro participamos nun taller sobre sombras chinescas, ofrecido polo concello de Vedra. Velaí tedes algunhas fotos.








































E durante a seguinte semana estivemos contruindo os nosos propios Discos de Newton e algúns Caleidoscopios.

 
 



 
 
 


 



 

Algúns de nós e compañeiros doutras escolas do CRA, acudimos o domingo ás actividades que Vedra organizou para a clausura da semana da Ciencia en Vedra. Alí estaban expostos os nosos artefactos!!
E como somos moi traballadores ata recibimos premios e agasallos. Parabéns para tod@s!!


miércoles, 11 de mayo de 2016

De celebración por Sarandón!

Onte tocou celebrar un cumpleanos en Sarandón. Nesta ocasión, o homenaxeado foi Anxo, que xa cumpliu 4 anos. Menuda tarta nos preparou para tan grande ocasión, estaba boísimaaaa!. Xa imos medrando e proba diso é a diferencia do noso protagonista dende setembro. Noraboa campeón, a seguir medrando....e para o vindeiro curso xa toca ser dos medianos de infantil, nada menos!! Parabéns ANXO!!!







lunes, 9 de mayo de 2016

As nosas xoaniñas musicais

En clase de música ademais de aprender disfrutando coa boa música, tamén miramos polo coidado do medio ambiente e reutilizamos. Deste xeito, elaboramos unhas xoaniñas musicais con material de refugallo e xa só nos falta montar un baile para poñer en práctica o que aprendemos.

resized_20160215_101654resized_20160218_134345resized_20160218_134644

 

resized_20160218_140255resized_20160223_102648

 

sábado, 7 de mayo de 2016

De visita polas igrexas.

Como xa sabedes,  a pasada semana, dende a clase de relixión levamos a cabo unha pequena saída á igrexa máis cercana a cada escola. Deste xeito, puidemos ver de primeira man os elementos que coñecimos na clase e que se utilizan para a celebración da Eucaristía. Ademais coñecimos o significado de partes esencias das nosas igrexas, por exemplo: a cruz, a campana, a Pía Bautismal... Esta actividade, foi posible grazas tamén á boa disposición dos curas, que en todo momento estiveron dispostos a participar na actividade e grazas tamén ás profes especialistas e titoras que cambiaron a súa hora e que nos acompañaron.

martes, 3 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano, no día das Letras Galegas, homenaxeamos ao escritor Manuel María.
A escola de Sergude preparou unha sinxela composición de imaxes, na mesa de luz,
 para acompañar aos versos do poema A Fala.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design made with Smilebox