Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 27 de febrero de 2015

E xa está ás portas a primavera...haber si non nos altera!

En marzo chega a primavera, as volvoretas, as flores... e como nos gustan moito, quixemos facer esta composición primaveral e natural.
calendario

Infusión de menta!


Hai uns días Xoel trouxo a clase unhas ramas de menta fresca da casa da súa avoa. Así que investigamos e pensamos que poderíamos facer con elas unha rica infusión!

                           Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own free slideshow design

miércoles, 25 de febrero de 2015

PERFUME DE MENTA

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow design

Taller sensorial: sordeira

Esta semana estamos a levar a cabo a segunda parte do taller sensorial, adicado á sordeira.
Para comezar explicamos cómo se produce á audición:


Falamos de que hai diferentes grados de pérdida auditiva, das causas (como os ruidos moi altos e que polo tanto hai que tomar medidas como empregar cascos): 

Comentamos os aspectos a ter en conta como: non falar de espaldas ó neno sordo, non tapar a boca ó falar e facelo despacio para que poida facer unha lectura labial. Polo que fixemos a proba. articulamos palabras sen sonido para que adiviñaran o que decíamos!

Visualizamos un conto sen sonido para que viran que deste xeito non entendemos casi nada e así explicamos o uso de pictogramas e os subtítulos.

Coñecimos os audífonos (para persoas con restos auditivos) e os implantes cocleares (para os que non presentan restos de audición):


Así vimos un video da reacción dunha muller que escoitou a súa voz por primeira vez:



Tamén vimos os SUVAG que constan duns cascos e un micrófono para amplificar a nosa voz:


Coñecimos adaptacións para o fogar como un despertador lumninoso e un timbre luminoso:

 

E xa para rematar coñecimos a lengua de signos e aprendimos algun deles:


VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA USC

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow customized with Smilebox

FESTIVAL DE ENTROIDO 2015

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow personalized with Smilebox

lunes, 23 de febrero de 2015

Taller sensorial da ONCE

Para complementar o taller sensorial das clases de Audición e Linguaxe contamos coa visita de Carmen e Cristina da ONCE, gracias a ANPA do CRA.
De novo, moitas gracias por vir ás nosas escolas e acercar o mundo da ceguera ós nosos alumnos. Quedaron encantados e aprenderon máis sobre a diversidade e cómo poder axudar a unha persoa que non pode ver.
GRACIAS!!!


E aqui tedes o video que lles puxeron ós nenos para que comprobasen o dificil que é explicarlle unha cor a un neno cego:

Taller sensorial

A semana pasada no taller de linguaxe levamos a cabo un taller sensorial da ceguera.

Coñecimos cómo leen e escriben as persoas cegas, có Braille:









   


A máquina Perkins que empregan para escribir


Cómo se desprazan: 
 Os semáforos con pitido para que saiban que poden cruzar:

 Que na casa temos Braille nos medicamentos:

 Tamén nos ascensores:

 Cómo saben a hora que é, con este tipo de reloxos ou con outros que teñen voz e din a hora:

 Que poden andar en bici coma nós con un tandem:


E para rematar, tapamos os ollos e comprobamos o dificil que é pintar un debuxo sen ver nada. Só tocando o debuxo con relieve:







sábado, 21 de febrero de 2015

O entroido!!!

Este ano e con motivo do proxecto de Voz Natura, o entroido estivo relacionado cos productos da horta. Deste xeito, tivemos dende cenorias, pimentos, cos que non faltaron  os coellos para facerlles a faena. As fresas e flores de manzanilla coas abellas arredor e os sacos de patacas cos chícharos, acompañados por uns vermes comilóns!!! Finalmente apareceron os espantallos que axudaron ás nosas hortalizas a crecer moito e moi ben, para que logo nós estemos mooooi sans. Aquí vos presentamos os vídeos das actuacións de cada parte do desfile, con cancións versionadas para a ocasión e todo. Viva o Entroido!!!

[youtube 3WuGL7X0JKo]

[youtube 6Dspvl6aI1o]

[youtube Uy_S_lzha4M]

[youtube n21wfI-WvME]

jueves, 19 de febrero de 2015

O BURRO DO ENTROIDO








Na escola de Sarandón, recibimos con moitísimo agarimo " O burro do Entroido" cunha copla singular...caretas de burro para os nenos e as nenas da escola e tamén para o mestre Antonio.





 


















E para continuar coa tradición fixeron outro burro!    .... para quen será?



domingo, 8 de febrero de 2015

                             CUMPLEANOS EN S. XIÁN


Na nosa escola tivemos neste pasado mes de  decembro e  xaneiro moitos compañeiros de cumpleanos e non paramos de facer festas.Estamos encantad@s de poder celebralos con eles.
 
                                                     ¡ MOITAS FELICIDADES  !

                                                             XANDRE -  7  ANOS


                                      
                                                                 SARAY  - 7 ANOS


                                                  
                                                                      LIA -  4  ANOS


                                    
                                                           BRAIS  E SERGIO -  4  ANOS



                                          


                                     
                                                                    GISELA - 6  ANOS



domingo, 1 de febrero de 2015

ATHENA SOAP



      E como estivemos vendo as lendas gregas e coñecimos a Deusa Atenea, que era unha guerreira moi fermosa e averiguamos que parte da súa fermosura viña porque coidaba a súa pel con oliveira, fixemos coa "teacher" xabón de olivo.

      Que ben arrecendía e que suaves deixaba os nosos dedos¡¡¡¡





LENDA DA OLIVEIRA









   Esta semana por ser a Semana da Paz estivemos traballando o símbolo da paloma e máis da rama de olivo e coñecemos unha lenda sobre porque esta planta é tan importante para nós e como foi tan importante na antiga Grecia.

   Sabiades que os campions das olimpiadas antes non lle daban medallas nin copas se non que os coroban cunha coroa de olivo???

  E coñecedes todas as propiedades medicinais que ten esta árbore? Pois combate a hipotensión, o colesterol,a diabete, o estrinximento, baixa a febre,... así que non vos esquezades de ter unha oliveira no xardín¡¡¡¡





A lenda da oliveira

Con motivo do día da Paz e a non violencia, traballamos a "lenda da oliveira ". O xeito de como chegou ata nós que  a oliveira se convertera na árbore relacionada coa pomba da paz.

[youtube 1WnzKba_1_s]