Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 31 de marzo de 2023

Na busca da Pascua

 Un ano máis chegamos ao final do segundo trimestre coñecendo un pouco máis sobre a Pascua. Como festa que é, fixemos xogos e probas para ser os primeiros en atopar a Pascua e disfrutala. Para iso, a nosa mascota Pombiña, preparounos unhas probas por niveis que tiñamos que superar e pasar  para poder buscar os ovos de Pascua, unha tradición cristiá que podedes coñecer un pouco máis premendo na seguinte imaxe:

Tamén vos queremos deixar unhas imaxes como resumo dos xogos. O derradeiro xogo consistiu en conseguir puntos colocándolle o rabo ao coello e deste xeito, poder facer  a ansiada búsqueda da Pascua, que tamén compartimos cos que non veñen a relixión.
Felices Pascuas a todas as familias!!





martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Celebramos o 23 de Febreiro o día de Rosalía de Castro porque é a data do aniversario do seu nacemento. Rosalía de Castro foi unha gran escritora, poetisa e referente absoluto da cultura galega.

 Dende as diferentes escolas que formamos o CRA celebramos dun xeito moi especial o Día de Rosalía, repartindo entre o alumnado pensamentos co lema "un verso, un pensamento". 

O motivo deste acto é que o pensamento era a flor preferida de Rosalía de Castro, segundo desvelou en varias das súas obras. Cada escola buscou un lugar para que cada nen@ plantara o seu pensamento. A través desta iniciativa quixemos dar cor a unha festa en defensa da lingua galega.

Ademais deste acto fixéronse diferentes actividades para traballar a obra desta gran poetisa.














Na clase de Educación Física traballaron a Rosalía de Castro a través de diferentes actividades onde a música e o baile estiveron moi presentes.
Preme na imaxe para ver o video.







miércoles, 8 de marzo de 2023

8M DÍA DA MULLER

 

 DÍA DA MULLER 

O 8m é un día para lembrar e recuperar a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e o 
exercicio efectivo dos seus dereitos.
 Un día para responder, rexistrar e espertar o mundo e destacar a importancia do rendemento da
 muller en tódolos ámbitos da vida.
 Dende as nosas escolas conmemoramos ese día con diferentes actividades para lembrar o 
significado que ten a palabra " igualdade" e que debemos tela  presente sempre, educando
 dende o respeto, a tolerencia e a empatía.
Preme na imaxe para ver o video.