Un ano máis chegamos ao final do segundo trimestre coñecendo un pouco máis sobre a Pascua. Como festa que é, fixemos xogos e probas para ser os primeiros en atopar a Pascua e disfrutala. Para iso, a nosa mascota Pombiña, preparounos unhas probas por niveis que tiñamos que superar e pasar para poder buscar os ovos de Pascua, unha tradición cristiá que podedes coñecer un pouco máis premendo na seguinte imaxe:
Tamén vos queremos deixar unhas imaxes como resumo dos xogos. O derradeiro xogo consistiu en conseguir puntos colocándolle o rabo ao coello e deste xeito, poder facer a ansiada búsqueda da Pascua, que tamén compartimos cos que non veñen a relixión.
Felices Pascuas a todas as familias!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario