Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Celebramos o 23 de Febreiro o día de Rosalía de Castro porque é a data do aniversario do seu nacemento. Rosalía de Castro foi unha gran escritora, poetisa e referente absoluto da cultura galega.

 Dende as diferentes escolas que formamos o CRA celebramos dun xeito moi especial o Día de Rosalía, repartindo entre o alumnado pensamentos co lema "un verso, un pensamento". 

O motivo deste acto é que o pensamento era a flor preferida de Rosalía de Castro, segundo desvelou en varias das súas obras. Cada escola buscou un lugar para que cada nen@ plantara o seu pensamento. A través desta iniciativa quixemos dar cor a unha festa en defensa da lingua galega.

Ademais deste acto fixéronse diferentes actividades para traballar a obra desta gran poetisa.














Na clase de Educación Física traballaron a Rosalía de Castro a través de diferentes actividades onde a música e o baile estiveron moi presentes.
Preme na imaxe para ver o video.







No hay comentarios:

Publicar un comentario