Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 31 de enero de 2018

As nosas mensaxes de PAZ

Quen mellor que os nosos nenos e nenas, o mellor futuro que temos, para tomar conciencia do importante que é valorar aos demais, respetalos e axudalos na medida do posible. Para iso, na clase de relixión quixemos enviar unhas mensaxes moi importantes para que todo o mundo as coñeza e saiba todo o que estes nenos e nenas son capaces de aportar. Coa axuda da nosa mascota "Pombiña" estas mensaxes viaxarán moi alto para poder chegar moooi lonxe!!! Noraboa a tod@s polas grandes mensaxes!!

DÍA DA PAZ EN SAN FINS



Este ano para traballar o Día da Paz, escoitamos un conto moi bonito: " El hombrecillo de papel". A partir  dese conto decidimos facer o noso propio pero cas nosas mensaxes. Para inspirarnos escoitamos diferentes cancións como: Magin Blanco ( o meu amor estoupa) , imagine... A saída invitamos as familias a escoitar a canción de Magin Blanco, cantamos e bailamos. Que tódolos dias sexan como o Día da Paz!!!!.










 


























miércoles, 17 de enero de 2018

Lembrando o festival de nadal


O Festival de Nadal 2017
 queda recollido nestes vídeos que compartimos 
no RUKUTRU o blogue do CRA.
Grazas as familias e ao claustro
pola súa colaboración




SARANDÓN





En Relixión tamén coidamos a natureza

Aproveitando que continuamente estamos a traballar a importancia da reciclaxe en todas as aulas, e dadas as datas que vimos de rematar, onde o lixo aumenta considerablemente, na clase de relixión puxemos o noso gran de area para que este tema tan importante sexa unha rutina nas nosas vidas, xa que nos beneficiará para o benestar de todos.

viernes, 12 de enero de 2018

LESTEDO 1

SAN XIAN

SAN FINS

RELIXIÓN


SERGUDE

SAN XIAN 1 2

LESTEDO 3 4

INGLES

CAMPORRAPADO

jueves, 11 de enero de 2018

CUMPLE DE ALDARA

 
Hoxe foi un día especial, Aldara cumpriu 6 anos. Que maior!!!. Parece que foi onte cando entrou no cole.Trouxo bizcoito, agasallos para os seus compañeir@s e un calendario especial para a profe. Moitas grazas.
                                                  Felicidades Aldara  e desfruta do teu día.



























miércoles, 10 de enero de 2018

VIAXE A VOLTA AO MUNDO CON WILLY FOG

 Seguimos ca volta ao mundo con Willy Fog. Esta vez chegamos a Brindisi ( Italia ), fomos en tren, preparamos os billetes ( cada un co nome do nen@, lugar de saída,  chegada, número de asento...). Preparamos a clase coma si fora un tren, cada silla tiña un número, colocámonos na estación para entrar no tren, revisaban o seu billete e sentábanse no asento que lle correspondía. Antes de partir calculamos o tempo que nos levaría dende París a Brindisi, buscamos no mapa onde estaba Brindisi e por fin partimos. Mañá continuamos ca viaxe. Que nos deparará Brindisi?.