Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 9 de enero de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2022



FESTIVAL DE NADAL 2022

Despois destes anos sen poder celebrar o festival de Nadal, por fin chegou o momento de
volver a normalidade. Tódalas escolas e as familias xuntámonos na Casa Cultural de Camporrapado para disfrutar das diferentes actuacións e dunha rica merenda que  prepara a nosa ANPA. É un día de moitos nervios e ilusión pero o importante é pasalo ben en compañía
das familias.
Comezamos o festival ca representación dunha canción preparada na clase de Relixión polos nen@s de Camporrapado, San Fins e Sarandón. Premendo nas imaxes disfrutaredes de novo de cada unha das actuacións.




A segunda actuación foi a escola de Sergude que cantaron e bailaron unha canción titulada
 " Sobran as palabras". Preme na imaxe e volverás a vela.

 


A continuación da escola de Sergude, disfrutamos da actuación dos nen@s da escola de San Xián. Interpretaron e cantaron a canción: "Os calzoncillos de Papá Noel". Preme na imaxe para disfrutar.




Nesta cuarta actuación disfrutamos da representación dun fermoso conto: " A eiruga comellona", interpretada polos nen@s das escolas de Camporrapado e Lestedo. Preme na imaxe.



Despois deste bonito conto subiron ao escenario os nen@s de San Fins para cantar e bailar unha canción de Nadal que resulta ser unha adaptación dunha famosa canción: " Obladí, obladá " dos Beatles. Preme na imaxe para disfrutala de novo.




Xa estamos chegando ao final ca representación dunha obra de teatro dos nen@s da escola de Sarandón. Preme na imaxe.




Para pechar o festival non podía faltar a actuación do mestre e mestras do CRA. Preme na imaxe para rir e disfrutar.




Esperamos que pasárades un bo rato cas actuacións e Feliz 2023!!!!. 
Grazas por vir familias!!.