Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 28 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO 2023

 Boas xentiña!

O CRA festexou a Semana do Libro con distintas actividades, todas elas divertidas e cheas de ilusión. Como veredes no vídeo, fixemos contacontos botando man dos fondos da nosa biblioteca e pasámolo pipa descubrindo e revivindo historias e personaxes a mar de interesantes. Traballamos tamén con adiviñas e mesmo nos animamos a crear contos propios a través de xogos, como o dos dados. Logo, como remate final, creamos o noso propio libro "Trabalinguas de animais", o cal podedes vir velo cando queirades!

Un saudiño!!

Obra: Haz Que Pase
Música de https://www.fiftysounds.com/es/




martes, 18 de abril de 2023

Ao Rebusque en Sarandón

 

“Erguinme ben cedo. Caladiño e de présa lisquei para o souto. Outros rapaces acostumaban ir tamén para o rebusque, pero ainda non chegara ningún.”

                                                            “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas

    En Sarandón continuamos a vella tradición de ir ó rebusque  polo campo da festa a mañán despois do festexo. Este ano foi o día despois da XLI Festa do Viño. O luns 17 de abril chegamos a escola e xa andaban os da cuadrilla da limpeza cos sopradores xuntando os restos da celebración da víspera.

    Na escola lemos e comentamos o capítulo “Rebusque” de “Memorias dun neno labrego” de X. Neira Vilas. Despois collemos uns bastóns e saimos para percorrer o campo da festa buscando os tesouros perdidos na celebración. Remexemos entre as herbas, miramos debaixo das mesas e dos bancos do pulpeiro, camiñamos o aparcadoiro, subimos e baixamos as escaleiras, andivemos por diante do palco e fomos recollendo do chan corchos, pulseiras, unha moeda de  2 céntimos  e un can rosa que ladra.

   O Pino Manso foi testigo da nosa pescuda seguindo as pegadas dunha tradición que ben de moi lonxe. Coma Balbino tamén soñamos con tesouros e descubrimos que os sopradores da limpeza foran coma a enchenta do río que lle levara a caixiña.

   Prometemos voltar ó rebusque despois das vindeiras festas, e Balbino virá con nós.

Velaiquí vos deixamos un resumo do que dou de si este rebusque:















lunes, 3 de abril de 2023

Xornada de convivencia entre todas as escolas

Que mellor maneira de rematar o trimestre que disfrutar dunha xornada de convivencia ente todas as escolas do CRA.
Para iso, alá fomos en autobús ata Camporrapado. Ao chegar recibíronnos os anfitrións e as mestras explicáronnos en que consistiría a xornada. Logo repartímonos por equipos, por idades e entre diferentes escolas. Deste xeito, fomos rotando polos distintos obradoiros que estaban preparados que consitían en:
-creación de trabalinguas, mesturando animais, adxectivos e verbos que coemzaban polas mesmas letras
-achegamento ápoesía, con versos de escritores/as galegos/as, en depresores de cores segundo as súas rimas
-elaboración de macetas con material de refugallo e plantación de distintas sementes
- gyncanas con distintas probas,a  modo de xogo da oca
- arte e estilo Hervé Tullet e o "Campo de flores"
 Quedounos moito material elaborado en conxunto, ao que lle daremos nova vida nos eguinte triemstre denmde as escolas o cal vos iremos ensinando!!
Paea rematar tivemos a merendola, moito xogo e diversión. estar xuntos sempre é xenial!!
 De seguido, ensinámosvos un vídeo resumo do que dou de si esta xornada.