Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 30 de mayo de 2011


Estamos de novo aquí os nenos e nenas de S.Xián para que non perdades detalle de como medran os nosos vermiños de seda, algún xa esta metido no casulo e non lle falta moito para converterse en bolboreta.



domingo, 29 de mayo de 2011

Mes de maio, mes das mamás e das flores

No mes de maio, temos moito que celebrar: é o mes das nosas letras, o mes das flores e o mes das mamás. Como ben sabedes, o primeiro domingo de maio celebramos o día da mamá para demostrarlles, dun xeito especial, o moito que as queremos ao longo de todooooo o ano. En relixión, tamén quixemos recordar a María, a mamá de Xesús, xa que o 13 de maio tamén é o seu día. Con tanto que celebrar, fixemos un agasallo moi especial para as mamis: unha flor, e de paso, tamén recordamos os maios que se están a celebrar en moitas parroquias. Esperamos que vos gustara. Para vós MAMAS, porque o merecedes!!!

jueves, 26 de mayo de 2011

VIDEOCONFERENCIA COAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE VEDRA E BOQUEIXÓN


Este mércores día 25 foi un día moi especial para nós xa que tivemos unha xornada de convivencia cos nosos futuros compañeiros/as e que cursan os seus estudos do 1º ciclo de educación infantil nas Escolas Infantís Municipais de Boqueixón e Vedra.
A verdade é que a pesares dos imprevistos do directo saiunos moi ben e pasámolo en grande vendo cantar a os máis pequechos e tocar os instrumentos.
Querémoslle dar as grazas a tódolos nenos/as das escolas municipais polas súas actuaccións, as súas mestras que os prepararone en especial a María, a directora da EIM de San Fins-Vedra e a Rocío, a directora da EIM de Lestedo- Boqueixón por permitirnos facer esta videoconferencia con eles e compartir unha mañán xuntos.
E agardamos que esta sexa a primeira de moitas nas que as escolas infantís dos nosos concellos se reúnen.
Esta foi a primeira pero non ha ser a última¡¡¡¡¡¡.








Grimsvoeth



Somos Antia, Nuria, Raul, Brais, Isabel e Carla da escola de S. Fins, queremos contarvos que as cinzas do volcán islandés poderían chegar hoxe a España. Aqui vos deixamos a imaxe.

lunes, 23 de mayo de 2011


O venres pasado tivemos na escola de S.Xián a visita de Alejandro o pai dun neno da escola que nos puxo en contacto coa linguaxe de signos.Estivemos moi atentos e aprendimos moitísimas cousas,como expresar os membros da familia, os animais, os días da semana, os números ......
.Os nenos das outras ecolas tamén o seguiron por videoconferencia e gustoulles moito. Alejandro quedou de volver a ensinarnos couas novas pero non podemos esquecer as que xa aprendemos. Moitas grazas Alex.
Ah¡ Podedes ver un vídeo resume no seguinte enlace:

Os talleres de estimulación da linguaxe

Os programas de estimulación da linguaxe teñen por obxetivo previr a aparición de alteracións na fala ademais de intervir nas xa existentes.
Para eso fanse actividades de discriminación auditiva, praxias, respiración e sopro, capacidades cognitivas básicas (atención, percpeción memoria e razoamento), articulación, vocabulario, estructura morfosintáctica e pragmática, todas elas de forma lúdica e motivadora.
Aquí vos presento algunha das que facemos!!



miércoles, 18 de mayo de 2011


Como vos contabamos hai uns días dende S.Xián os nosos vermiños pequechiños xa non son tan pequechos senón comprobadeo . É que os coidamos moi ben,mirade......Xa teredes mais noticias

martes, 17 de mayo de 2011





ANIVERSARIO EN LESTEDO




O pasado luns, 16 de maio celebramos en Lestedo un aniversario. Nesta escola cando temos un "cumple", confeccionamos entre tod@s un libro de debuxos para o que cumpre anos ese día. E naturalmente o agasallado colorea a súa tarta que vai na portada do libro. Aquí vedes un exemplo.

lunes, 16 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS


Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Lois Pereiro, no CRA temos moitas actividades preparadas para coñecer a súa vida e obra, aqui tedes entre outras unha dirección web que ofrece actividades para infantil e primeiro ciclo de primaria.
http://www.chiscos.net/almacen/lim/letrasgalegas_anamartinez/loispereiro.html

Ademais imos facer un álbum de imaxes baseado nun guión de televisión escrito por Lois Pereiro "Que é Galicia?"
Quedará na biblioteca da sede para quen o queira ollar.

martes, 10 de mayo de 2011

Moreira si, moreira non.



Sabíades que a estes vermes (Bombyx mori) non lles gusta a moreira negra? Soamente comen a moreira branca... descubrímolo na escola de Lestedo.



A súa primeira comida foi a cáscara do seu ovo, o anaco do burato polo que saeu e despois de 3 ou 4 días realizaron a súa primeira muda, de pel e de parte dos seus órganos entre eles as maxilas!

domingo, 8 de mayo de 2011

EIRUGAS EN SAN XIÁN


Dende hai un mes temos na escola de S.Xián uns personaxes moi pequechiños que estamos coidando con moito agarimo e sobre todo dándolle moitas follas de moreira para comer. Xa teredes información de como van medrando ata converterse en.......

miércoles, 4 de mayo de 2011

Orientacións para a estimulación da linguaxe

Aquí vos deixo algunhas orientacións xerais para a estimulación da linguaxe oral:

- Falar moito có neno, usando unha linguaxe sinxela, clara e correcta. Por exemplo: non empregar “guau-guau” en lugar de “can”.
- Compartir momentos de ocio como contarlle un conto (no que el tamén participe) que nos conte algunha actividade que fixo no cole...
- Correxir as súas emisións orais, é decir, cando diga algunha palabra ou frase incorrectamente indicarlle cal é a maneira axeitada. Ainda que esto non debe facerse en exceso.
- Aumentar ou completar as súas expresións. Por exemplo: si o neno di: “mira, un can” pode contestárselle: “si, un can grande e marrón.”
- Animalo a empregar a linguaxe, é decir, deixar que se exprese libremente, sin contestar por el.
- E non facelo consciente da súa fala.

Os aniversarios en Camporrapado













Nesta escola festexamos os aniversarios con froitas, umm!!

martes, 3 de mayo de 2011

DÍA DA NAI EN CAMPORRAPADO







As nosas mamás son as mellores do mundo e merecen o mellor. Abrazos e bicos para todas. Querémosvos moooooooooooito!

Coelliños de Pascua chegan a Camporrapado













Os nenos e nenas de Camporrapado fixemos divertidos coellinos para festexar a Pascua e quedaron tan bonitos que queremos compartilos con vos. Esperamos que vos gusten

lunes, 2 de mayo de 2011

Agasallo día da nai



Os nenos e nenas de S.Xián preparamos para o día da nai un agasallo diseñado por nos mesmos.
Mirade que bonitos nos quedaron.
Seguro que as nosas nais están moi orgullosas!!.

A PAZ na clase de relixión


Ao longo do pasado trimestre, un dos temas estrela, na clase de relixión, foi a PAZ, xunto coa SEMANA SANTA. Pois ben, querémosvos presentar a todos vós unha canción que os nenos das escolas de Camporrapado, Sergude e San Xián, prepararon con todo cariño para conmemorar ese día e coa que viron diferentes tipos de expresións e sentimentos. Foron moitas tomas falsas e un montón de risas que ao final tiveron a súa recompensa, esperamos que vos guste, ahí vai!!!




S. Fins


Os nenos e as nenas de S. Fins fixemos este bonito mural para a semana do libro, seguindo a frase de Gandhi:
"A verdadeira educación consiste en obter o mellor dun mesmo, que outro libro se pode estudar mellor que o da humanidade".

domingo, 1 de mayo de 2011

XOGO DE PRIMAVERA





Este era un abrocho de margarita ben pechadiño.

Ábrete! berráballe o vento frío. Ábrete xa! rosmáballe a xeada. Pero el non facía caso de ninguén.


Unha mañá unha raioliña de sol agarimouno e díxolle docemente: Ábrete margaritiña exoga con nós.

A margarita foise abrindo a modo e víu que o mundo era fermoso. As abellas pousaban e facíanlle cóxegas. As bolboretas chamábanlle amiga. Oía aos nenos e nenas comentar: - Que linda flor, non a pisedes. Era feliz.

Ao solpor un abellón avisouna: -Coidado co frío da noite, pode darche tos.

Entón foise pechando, pechando, e soñando esperou a volta do sol.