Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 28 de febrero de 2021

Un entroido moi peregrino no CRA!

  Este ano fixemos un entroido moi peregrino axudando á primeira peregrina, Exeria, a chegar ao seu destino.

Para iso, o burro comezou esta semana tan especial, convidándonos a prepararnos para o facer o camiño, vestindo co atuendo axeitado para esta nova andaina.

Abraiados nos quedamos coa orixinalidade coa que nos sorprenderon as familais, xa que non perderon detalle.

Aproveitamos o entroido para traballar sobre o tema  e facer numerosas actividades relacionadas con esta temática e poder celebrar esta festa que tanto nos gusta.

Non faltaron os burros que tanto nos gustan e un ano máis demostrouse que, a orixinalidade e a creatividade son dúas das ferramentas fortes que posúen as nosas familias.

Chegamos ao xoves totalmente equipados e xa o venres rematamos a semana con festa rachada, na que non faltaron xogos, con búsqueda do tesouro incluída, talleres, merenda e sobre todo, moita festa!!

Agardamos que toda a comunidade educativa disfrutase desta época do ano tan festeira, ainda que este ano non puido ser como tanto nos gusta, o importante é seguir coidándonos para pronto xuntarnos  e celebrar os eventos da mellor maneira!!!.



domingo, 21 de febrero de 2021

A PIRATA GARRAPATA

         Comezamos ano novo e fixémolo recibindo unha mensaxe moi especial. Unha pirata algo triste púxose en contacto con nós. Chamábase a Pirata Garrapata e estaba preocupada porque estábase a facer maior e non tiña relevo para a súa tripulación. Pediunos axuda. Debiamos adestrar moito para desenvolver todas as habilidades que ten que posuír unha boa pirata e así o fixemos: aprendemos a nadar, a identificar animais mariños e a escapar dos seus perigos, melloramos a nosa forza e equilibrio para poder movernos polo barco con seguridade sen caer ao mar, relaxámonos sobre a area da praia co son das ondas e as gaivotas,... Como poderedes ver nestas imaxes, vivimos un sen fin de aventuras e por fin estivemos preparadas e preparados para formar parte da súa tripulación. LONGA VIDA PIRATAS!!!




jueves, 11 de febrero de 2021

A Paz comeza con un sorriso.


 Hoxe en día, para poder celebrar a Paz, temos que empezar a celebrala con nós  e para nós mesmos. Temos que coidarrnos para protexer aos nosos seres queridos en particular e á sociedade en xeral. Se non nos protexemos a nós, tampouco o facemos cos nosos maiores e que mellor que empezar a celebrar a paz, protexendo e coidando aos que nos importan.

Deste xeito, aínda poñendo a mascarilla durante toda a xornada e levando a cabo do mellor xeito posible,  todas as medidas de hixiene e de seguridade, estes queridos campeóns e campeonas, non perden o sorriso, as gañas de traballar nin de estar con nós.

Este ano, sen dúbida que as conmemoracións celébranse dun xeito especial. Pero cada día, estes pequenos e pequenas demóstrannos o grandes que son e do que son capaces. Para iso, queremos compartir con todos vós, o traballo levado a cabo nas nosas escolas, nas que celebramos o dia da Paz e a non Violencia, primeiro de todo, coidándonos e amosando deste xeito o respecto aos demáis, elaborando bonitos e vistosos traballos que van dende murais, como o semáforo da paz ou o muro no que abrimos portas, tamén fixemos contratos de paz, deseño de figuras e mesmo invención de historias relacionadas coa temática. Como non podía ser doutro xeito, cantamos, bailamos canción emblemáticas como "Imagine", "Que canten los niños"... e outras novas como "Contágiame tu Paz" de Unai Quirós. Descubrimos moitos libros e poesías relacionadas coa paz. Tamén gozamos de vídeos sobre a historia da paz e os diferentes símbolos e ata nos convertemos en sementadores de valores, de onde sairon sementes de abrazos de unión, de amor, axuda... para que medren nas nosas escolas e mesmo se espallen para acadar un mundo mellor.  

Pero non vos contamos máis, podedes ver todos os nosos traballos no seguinte vídeo resumo coa música de "Contágiame tu Paz", agardamos que vos guste...Coidádevos e querédevos moito!!!!