Hoxe en día, para poder celebrar a Paz, temos que empezar a celebrala con nós e para nós mesmos. Temos que coidarrnos para protexer aos nosos seres queridos en particular e á sociedade en xeral. Se non nos protexemos a nós, tampouco o facemos cos nosos maiores e que mellor que empezar a celebrar a paz, protexendo e coidando aos que nos importan.
Deste xeito, aínda poñendo a mascarilla durante toda a xornada e levando a cabo do mellor xeito posible, todas as medidas de hixiene e de seguridade, estes queridos campeóns e campeonas, non perden o sorriso, as gañas de traballar nin de estar con nós.
Este ano, sen dúbida que as conmemoracións celébranse dun xeito especial. Pero cada día, estes pequenos e pequenas demóstrannos o grandes que son e do que son capaces. Para iso, queremos compartir con todos vós, o traballo levado a cabo nas nosas escolas, nas que celebramos o dia da Paz e a non Violencia, primeiro de todo, coidándonos e amosando deste xeito o respecto aos demáis, elaborando bonitos e vistosos traballos que van dende murais, como o semáforo da paz ou o muro no que abrimos portas, tamén fixemos contratos de paz, deseño de figuras e mesmo invención de historias relacionadas coa temática. Como non podía ser doutro xeito, cantamos, bailamos canción emblemáticas como "Imagine", "Que canten los niños"... e outras novas como "Contágiame tu Paz" de Unai Quirós. Descubrimos moitos libros e poesías relacionadas coa paz. Tamén gozamos de vídeos sobre a historia da paz e os diferentes símbolos e ata nos convertemos en sementadores de valores, de onde sairon sementes de abrazos de unión, de amor, axuda... para que medren nas nosas escolas e mesmo se espallen para acadar un mundo mellor.
Pero non vos contamos máis, podedes ver todos os nosos traballos no seguinte vídeo resumo coa música de "Contágiame tu Paz", agardamos que vos guste...Coidádevos e querédevos moito!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario