Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 31 de marzo de 2012

SAÍDA Á PANADERÍA

Os nenos e nenas de Camporrapado visitamos a panadería da nosa vila. Alí o primeiro que vimos foi como se facía a masa. Os ingredientes: AUGA, SAL, LEVADURA e FARIÑA. Non se mezcla cas mans!!!!! Unhas máquinas enormes fan ese traballo tan laborioso. Mirade:



Todos estivemos moi atentos, pero o mellor non era ver como facía a masa a máquina, senón poder amasala nós mesmos. E como non, na panadería deixáronnos amasar.

O seguinte paso era meter os bolos no forno, e aquí nos podedes ver deixando cada un de nós o noso bolo na bandexa, listos para cocer.


Finalmente, un tempo despois de meter os bolos no forno, retirámolos e vimos o resultado. Como saíron un pouco crus porque non tiñamos tempo suficiente para esperar a súa cocción total, os panadeiros que nos atenderon, que foron moi amables, déronnos un boliño de pan ben cocidiño a cada un. Non nos puidemos resistir a comelo, pois recendían que daba gusto!!!!!!!!!!!







lunes, 12 de marzo de 2012

TEATROFILIA 2012

Aqui estamos de volta na casa, despois dunha xornada teatreira. Na foto non estamos todos, xa que eramos 15. Onte participamos na IX Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2012. Levamos na man o agasallo e no corazón as emocións e os aplausos do público. Representamos a obra "Un superheroe na fraga", unha obra con árbores, fadas, dragón, madeireiros, policias, médicos, pilotos e Super Pinomanso. Pasámolo moi ben. Queremos seguir participando mais anos, pois o teatro é divertido.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Día da Muller Traballadora

Para todas nós, con moito cariño,

Nunca te deteñas

Sempre ten presente que a pel se engurra, o pelo vólvese branco,
Os días convértense en anos...
Pero o importante non cambia;  a túa forza e a túa convicción non teñen idade.
O teu espírito é o plumeiro de calquer tela de araña.
Detrás de cada liña de chegada, hai unha de partida.
Detrás de cada logro, hai outro desafío.
Mentres esteas viva, séntete viva.
Si botas de menos o que facías, volve a facelo.
Non vivas de fotos amarelas...
Sigue aínda que todos esperen que abandones.
Non deixes que se oxide o ferro que hai en ti.
Fai que en vez de mágoa, che teñan respecto.
Cando polos anos non poidas correr, trota.
Cando non poidas trotar, camiña.
Cando non poidas camiñar, usa o bastón.
¡Pero nunca te deteñas!

Madre Teresa de Calcuta


SAIDA LESTEDO MARZO