Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 31 de marzo de 2012

SAÍDA Á PANADERÍA

Os nenos e nenas de Camporrapado visitamos a panadería da nosa vila. Alí o primeiro que vimos foi como se facía a masa. Os ingredientes: AUGA, SAL, LEVADURA e FARIÑA. Non se mezcla cas mans!!!!! Unhas máquinas enormes fan ese traballo tan laborioso. Mirade:



Todos estivemos moi atentos, pero o mellor non era ver como facía a masa a máquina, senón poder amasala nós mesmos. E como non, na panadería deixáronnos amasar.

O seguinte paso era meter os bolos no forno, e aquí nos podedes ver deixando cada un de nós o noso bolo na bandexa, listos para cocer.


Finalmente, un tempo despois de meter os bolos no forno, retirámolos e vimos o resultado. Como saíron un pouco crus porque non tiñamos tempo suficiente para esperar a súa cocción total, os panadeiros que nos atenderon, que foron moi amables, déronnos un boliño de pan ben cocidiño a cada un. Non nos puidemos resistir a comelo, pois recendían que daba gusto!!!!!!!!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario