Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 29 de noviembre de 2021

25 De Novembro



    
Este ano para conmemorar o Día Internacional da Eliminación Contra a Violencia de Xénero, fixemos moitas actividades nas escolas.
 Lectura de varios contos, co fin de derrubar estereotipos de xénero e resolución de conflictos, a proposta do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Así coma outras propostas que xurdiron nas propias escolas e mesmo dos Concellos de Vedra e Boqueixón. No que ao concello de Vedra se refire, repartiron nas escolas de Vedra, unhas bonitas mochilas con material informativo para concienciar sobre a lacra da violencia de  xénero. Por parte do concello de Boqueixón, achegáronnos a todas as escolas unhas chapas e calendarios do 2022 conmemorativos co lema "As mans para loitar non para ferir, a fala para acariñar, non para anular", así como unha unidade didáctica do conto Alén Loita e acariña.


                                                                                      









jueves, 25 de noviembre de 2021

FÚTBOL SALA

 Deixámosvos aquí información por se estiverades interesad@s en apuntar ás vosas fillas e fillos á actividade extraescolar de fútbol sala ofertada polo concello de Boqueixón. Animádevos a participar!


domingo, 21 de noviembre de 2021

XORNADAS MICOLÓXICAS NA ESCOLA DE CAMPORRAPADO

 Este venres desfrutamos da compaña de Rubén da asociación Amabul, fixemos un roteiro pola contorna e aprendimos un montón sobre cogomelos.

 
 
                                                                 Preme sobre a imaxe para obter máis información

 


viernes, 19 de noviembre de 2021

UNHA ANDAINA POR SARANDÓN

UNHA ANDAINA POR SARANDÓN ENTRE NABIZAS, HERBA E OLIVEIRAS, APAÑANDO OLIVAS.

O RUKUTRÚ DEIXOUNOS UNHA MESA CON AGASALLOS!!!!

O PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO CRA AXÚDANOS A SER MÁIS SAUDABLES E AQUÍ ESTAMOS...APRENDENDO.



 

miércoles, 17 de noviembre de 2021

OS NOSOS CADROS DO OUTONO


Hoxe rematamos os nosos cadros do outono. Esta actividade comenzámola presentando o retrato do pintor Archimboldo, observamos a súa obra e comprobamos que para facela empregaba elementos naturais, así que propuxémonos imitar a súa forma de pintar. Eleximos unha das súas obras que está relacionada co "outono".

Con debuxos de cabazas, uvas, castañas... e outros froitos propios do outono elaboramos o noso propio cadro imitando a Archimboldo.




MAGOSTO

    O pasado venres 12 celebramos o Magosto nas escolas do CRA  e para iso fixemos moitos xogos con carozos de millo; construimos casiñas de diferentes alturas, carreiras de relevos, encestamos carozos, carreiras de enrolado.... Pasámolo en grande!!

    Sen esquecer a rica merenda que degustamos ese día... Castañas!!!!




martes, 16 de noviembre de 2021

OUTUBRO NA HORTA DE CAMPORRAPADO

Nova colleita e limpeza da horta

      Preme sobre a imaxe


 
 
Observación das setas do noso patio
 
 
 
  




Reparación do hotel de insectos

 

Melloras na horta

                                                Preme sobre a imaxe



Segunda colleita do mes de outubro


                                Preme sobre a imaxe

 

domingo, 14 de noviembre de 2021

SAÍDA PRETO DA NOSA CARBALLEIRA

 AS NOSAS PRIMEIRAS SAÍDAS

A nosa primeira saída a contorna foi a finca dunha veciña. Alí atopámonos cunha chea de castiñeiros, recollimos castañas que logo a nosa veciña Maricarmen asou na Carballeira. Desfrutamos dunha rica merenda!!!!






AS NOSAS OBRAS DE ARTE

 

A través do arte os nen@s aprenden a ver as cousas de diferentes maneiras e a interpretar a realidade con múltiples miradas e a expresala a través de diferentes linguaxes, desenvolvendo a curiosidade, a creatividade e o espíritu crítico.

Disfrutaremos o arte a través de contos, libros, diferentes artistas e as súas obras. Elixiremos os espacios e materiais que mais nos interesen en cada momento.

Comezamos o curso facendo cada un o noso retrato, saimos o patio e pintamos libremente... 




MESA SENSORIAL

 

A mesa sensorial é un espacio para que os nen@s xoguen, interactúen, potencien os seus sentidos, desarrollen a imaxinación, creatividade, practiquen a psicomotricidade fina, traballen as matemáticas...

Ao longo do curso irá variando según as necesidades dos nen@s e o que estemos traballando dacordo cos contidos que queremos acadar.

Os materiais empregados poden ser moi diferentes: area, auga, follas, pasta, legumbres, todo tipo de materiais da natureza con diferentes texturas... cuencos, pinzas para facer as clasificacións.

No que levamos de curso preparamos a mesa do outono e samaín.














TALLER DE GRAFISMO

 

Decidín empezar este taller de grafismo por un blog que sigo moito o: blog de Miren, onde hai propostas dun grafismo creativo. Hai un montón de ideas, recursos, libros en diferentes blogs, pinterest.... así que espero que lles guste aos nen@s.

Como temos diferentes idades os materiais van variando:

- En 3 anos comezamos o taller con pinturas, pincel, combinando con rotuladores de punta grosa, estampando, pegando gomets....

- En 4 anos añadimos rotuladores de punta fina, acuarelas...

- En 5 anos intentaremos facer trazos cada vez mais precisos.

A primeira actividade neste taller foi grafismo relacionado co outono: pegamos gomets, traballamos líneas verticais, horizontais, oblicuas.. adaptando por suposto a idade do nen@.